Tema 5: Anatomía y fisiología del aparato circulatorio · O músculo que o forma recibe o nome de...

21
Aparato circulatorio Miguel Servet (1511- 1553) Médico e teólogo español. Foi o primeiro en describir a circulación do sangue e morreu por elo en Xenebra.

Transcript of Tema 5: Anatomía y fisiología del aparato circulatorio · O músculo que o forma recibe o nome de...

Aparato circulatorio

Miguel Servet (1511-1553) Médico e teólogo

español. Foi o primeiro en describir a circulación do sangue e

morreu por elo en Xenebra.

O APARATO CIRCULATORIO conecta todos os aparatos involucrados na función de nutrición có plasma intersticial que rodea as células do corpo. Contribúe a manter o equilibio do medio interno ou HOMEOSTASE.

MEDIO INTERNO

Plasma intersticial

(fluído que se atopa rodeando as células)

Linfa

Sistema linfático

Sangue

Sistema circulatorio

APARATO CIRCULATORIO

Circula

polo

Circula

polo

O SISTEMA CIRCULATORIO REALIZA

FUNCIÓNS DE TRANSPORTE:

Distribúe os nutrientes e o osíxeno por

todo o organismo.

• Recolle os produtos de refugo do

metabolismo celular e lévaos ata os

órganos excretores.

Función de transporte

Anatomía del sistema circulatorio

Corazón

Vasos sanguíneos

◦Arterias

◦Veas

◦Capilares

CORAZÓN O corazón é un órgano

musculoso do tamaño

dun puño aloxado na

cavidade torácica.

O músculo que o

forma recibe o

nome de

MIOCARDIO.

Externamente está

protexido polo

PERICARDIO

As arterias

coronarias nutren

o corazón.

Internamente presenta catro cavidades: Dúas aurículas, de paredes finas.

Dous ventrículos, de paredes grosas.

Á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares.

Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas.

Do ventrículo dereito sae a arteria pulmonar.

Do ventrículo esquerdo sae a arteria aorta.

Entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito está a válvula tricúspide

Entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo está a válvula mitral .

Non hai conexión entre o lado esquerdo e o dereito do corazón.

Entre os ventrículos e as arterias están as válvulas sigmoideas.

Fisioloxía do corazón:

MOVEMENTOS DO CORAZÓN:

Sístole: contración do músculo cardíaco

Diástole: Relaxación do músculo cardíaco

Frecuencia cardíaca:

número de latidos por minuto. Depende da idade, sexo, estado físico…

En repouso: 60-100 por minuto.

Exercicio físico: 150-200

VASOS SANGUÍNEOS

P P

A circulación sanguínea:

Temos unha circulación dobre: O sangue pasa dúas veces polo corazón.

Completa: O sangue rico en osíxeno nunca se mestura có rico en CO2.

◦ A parte dereita do corazón sólo bombea sangue rica en CO2,

◦ A esquerda bombea só sangue rica en O2.

CIRCULACIÓN MENOR OU PULMONAR:

O sangue cargado de dióxido de carbono sae do ventrículo dereito, polas arterias pulmonares, osixénase nos pulmóns e regresa polas veas pulmonares ata a aurícula esquerda.

CIRCULACIÓN MAIOR OU SISTÉMICA:

O sangue cargado de osíxeno sae do ventrículo esquerdo pola arteria aorta, leva aos órganos osíxeno e nutrientes e recolle refugos e dióxido de carbono, volve a aurícula dereita do corazón polas veas cavas.

O SANGUE

O sangue é un tecido formado por varios tipos de células e unha

substancia intercelular chamada plasma.

Función de defensa

Coagulación

sanguínea

Transporte de

nutrientes,

hormonas e

refugos

Transporte de gases respiratorios

FU

NC

NS

DO

SA

NG

UE

Regula a

temperatura

corporal

Presión sanguínea

É a presión que exerce o

sangue sobre as paredes

das arterias.

Mídese có

esfingomanómetro. A presión máxima

coincide coa sístole

ventricular.

A mínima coincide coa

diástole.

COLESTEROL

Colesterol unido a lipoproteínas de alta densidade (HDL) - colesterol "bo",

Colesterol unido a lipoproteínas de baixa densidade (LDL) - colesterol "malo”

O COLESTEROL é un compoñente natural das

membranas celulares. En exceso pódese depositar

nas arterías causando ENFERMIDADES

CARDIOVASCULARES.

ARTERIOSCLEROSIS

•Depósito de graxas e colesterol nas paredes das arterias

•Pódense producir coágulos (trombos)

LEUCEMIA

•Cancro que afecta á medula ósea vermella

•Os glóbulos brancos non poden loitar contra as infeccións

ANEMIA

•Fatiga, por un aporte deficiente de osíxeno

•Baixa cantidade de hemoglobina

HEMOFILIA

•Problemas na coagulación sanguínea

•Enfermidade hereditaria

ENFERMIDADES

.Controla o consumo

de graxas saturadas (de orixe animal) xa que favorecen a formación de colesterol LDL.

.Realiza exercicio.

.Non fumes

.Non abuses do sal

.Controla o estrés

“Familia” de Botero.

HÁBITOS SAUDABLES