Xuño

40
xuño junio june juin junho

Transcript of Xuño

Xuño é o sexto mes do ano e ten 30 días.O nome ven do latín Iunius, mes de Juno.

A pedra de xuño é a perla e a flor a rosa.

Florecen os castiñeiros, as silveiras, os cabrinfollos, as roseiras silvestres, os amorodos silvestres, os breixos, as bugambillas...

bugambilla

estalotes

flor de liquidambar

flor de avea silvestre

trigo encanado

As uvas comezan a medrar

-Nas pozas saen das crisálidas os cabalos do demo e os cínifes, e vense os cabezolos de rans, sapos e lagartiños de auga.

cría de estroza

-Saen os escarabellos de San Xoan e moitos tipos de bolboretas.

-Nacen os polos do paspallás, as bubelas, as rulas... voan os das pegas, os merlos ...

cría de pega

-É a mellor época para a sardiña e comeza a costeira do bonito e o atún

Sulfátanse as vides, cávase e raréase o millo, apáñanse as patacas temperáns, cóllense os primeiros tomates, pementos de Padrón e xudías; recóllense os últimos chícharos, apáñase o centeo e o trebo; recóllense as cereixas, as primeiras mazáns, claudias, ameixas e pexegos.

millo

Polo San Xoan rapa ao carneiro a lan

Polo San Xoan a sardiña pinga no pan

-A auga polo San Xoan tolle o viño e non da pan -En San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa

Mariña da meda fai fariña -En San Xoan seca a raíz do pan -Ata o corenta de maio, non te quites o saio.

21 de xuño: comeza o verán

O día 21 de xuño é o solsticio de verán no hemisferio norte (o día máis longo do ano) e o solsticio de inverno no hemisferio sur.

13 de xuño: san Antón de Lisboa, abogoso das mozas casadeiras e dos obxectos perdidos.

-Meu san Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro.

-San Antoniño bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole.

TRADICIÓNS

Na noite de San Xoán fanse fogueiras e festas.

Prepárase a auga de San Xoán

5 de xuñoDía mundial

do Medio Ambiente

6 de xuñoDía mundial

dos trasplantado

s

6 de xuño de 1948Morre Louis Lumière , inventor do cinematógrafo

7 de xuño de 1991 Explosión do volcán Monte Pinatubo , en Filipinas.Unha das explosións máis violentas do século XX. Os gases e conzas afectaron gravemente á atmosfera.

8 de xuño de 1783 O volcán Laki , en Islandia, comeza unha erupción de 8 meses que matará ao 20% dos islandeses e nos dous anos seguintes causará unha gran fame, que deixará un saldo de 6 millones de mortes en todo o mundo. Considerado unha das maiores catástrofes medioambientais na Historia Europea.

11 de xuño de 1910: nace Jacques Yves Cousteau , explorador e naturalista francés. Morre o 25 de xuño de 1997.

13 de xuño de 1585Morre Juanelo Turriano , matemático e inventor.

Aparello para subir auga do Texo

14 de xuño

Día mundial do doante de sangue

14 de xuño de 1699Thomas Savery presenta a primeira máquina de vapor na Real Sociedade de Londres

15 de xuñoDía mundial de toma de conciencia do abuso e maltrato na vellez .

15 de xuño de 1752Benjamin Franklin realiza un experimento para demostrar que os raios son electricidade, elevando un papaventos durante unha tormenta.

17 de xuñoDía mundial da loita contra a desertificación e a seca

18 de xuño de 1928Morre Roald Amundsen, explorador noruego, primeiro en chegar ao Polo Sur.

19 de xuño de 1623Nace Blaise Pascal , científico e matemático francés.

26 de xuñoDía internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas

27 de xuño de 1905Frederick Wells descobre o diamante Cullinan , o máis grande do mundo (3.000 quilates=600 gramos).

30 de xuño de 1908

En Tunguska (Siberia-Rusia) rexístrase unha xigantesca explosión que se cree causada por un cometa.

FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta, InternetXANEIRO 2011

D e partam e nto

d e C ie ncias

1 E S O