THE CALL OF THE WOLVES - Dark Embrace Official Website · NOVO ALBUM 2017 – THE CALL OF THE...
Transcript of THE CALL OF THE WOLVES - Dark Embrace Official Website · NOVO ALBUM 2017 – THE CALL OF THE...
Dark Embrace é unha banda galega influenciada polos subxéneros máis oscuros
do Heavy Metal. O ser orixinaria de Galicia pode explicar a sua obsesión artística
con todo o relacionado coa oscuridade.
Fundada en Xuño de 2000, a banda grabou tres demos entre 2000 e 2004. Estos
traballos mostraron o espíritu e o potencial da banda, obtendo boas críticas da
prensa especializada.
En 2005 grabaron o seu primeiro disco nos xermanos Stage One Studio (Tankard,
Rotting Christ, etc..) con Andy Classen (ex-Holy Moses) como productor.
Tras asinar un acordo co selo alemán Armageddon Music (máis tarde Wacken
Records), Dark Embrace viu o seu primeiro album, The Rebirth Of Darkness,
editado a través de Internet con distribución dixital.
De 2006 a 2008 a banda incrementou o seu éxito cunha gran cantidade de
concertos e xiras con bandas tales como Sepultura, Amon Amarth, Destruction,
Watain, etc..
Tras unha paréntese de 6 anos, Dark Embrace comezou a traballar no novo disco,
The Call Of The Wolves, co carismático Snowy Shaw á batería (ex-compoñente de
bandas tales como King Diamond, Sabaton, Therion ou Dimmu Borgir). As
gravacións realizáronse entre Suecia e Galicia nos Sound Industry Studios e nos
Estudios Mafia do Carballiño. A masterización do album foi feita polo coñecido
productor sueco Jens Bogren (Kreator, Opeth, Paradise Lost, Moonspell,
Amorphis ou Dark Tranquillity entre outros) nos Fascination Street Studios.
The Call Of The Wolves é editado en 2017 por 7 Hard Records e posúe un
incríble traballo artístico creado por Gustavo Sazes que xa realizou traballos para
Arch Enemy, Morbid Angel ou Kamelot.
Dark Embrace e o novo album, The Call Of The Wolves, traen poder e frescura á
música metal.
NOVO ALBUM 2017 – THE CALL OF THE WOLVES
#Producido por Oscar Rilo
#Gravado nos Estudios Mafia e Sound Industry Studios
#Misturado nos Estudios Mafia por Raúl Muradás e Oscar Fernández
#Masterizado nos Fascination Street Studios por Jens Bogren
01.Memories / 02.Time will tell / 03.The call of the wolves / 04.Proud of you /
05.Let the blind to see / 06.Dark embrace / 07.Love is not lost / 08.Angels from
hell / 09.Metalhead till I die
CONTACTO 2017
Para contactar coa banda
Discográfica / Prensa – [email protected]
Contratación – [email protected]
Website – www.darkembrace.net
Facebook - facebook.com/DarkEmbraceOfficial
Twitter - twitter.com/DarkEmbraceBand
Instagram - instagram.com/darkembrace
YouTube - Dark Embrace YouTube Channel