Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

17
CLÁSICOS DA ACADEMIA obra completa prosa

description

Primeras páginas del libro

Transcript of Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

Page 1: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

C LÁS I C O S DA ACAD E M IA

o b r a c o m p l e t a

p r o s a

Page 2: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 2 29/02/12 12:29

Page 3: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

Manuel AntonioObra completa

Volume 1: Prosa

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 3 29/02/12 12:29

Page 4: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 4 29/02/12 12:29

Page 5: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

C LÁS I C O S DA ACAD E M IA

o b r a c o m p l e t a

p r o s a

Edición e notas de

Xosé Luís Axeitos Agrelo

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 5 29/02/12 12:29

Page 6: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

© dos textos inéditos:

fundación barrié

© da introdución, notas aclaratorias e aparato crítico:

Xosé Luís Axeitos Agrelo

© da presente edición:

fundación barrié | real academia galega

Quedan prohibidos, dentro dos límites establecidos pola lei e baixo os apercibimentos legalmente

previstos, a reproducción total ou parcial desta obra por calquera medio ou procedemento, xa

sexa electrónico ou mecánico, o tratamento informático, o aluguer ou calquera outro xeito de

cesión da obra sen a autorización previa e por escrito dos titulares do copyright.

Deseño: David Carballal

Impresión: La Ibérica

isbn da colección: 978-84-9752-062-1isbn do volume i: 978-84-9752-063-8

Depósito legal: c 412-2012

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 6 29/02/12 12:29

Page 7: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

ÍNDICE

Introdución xeral 11 Cronobiobibliografía 19

prosa liter aria

Introdución 31

Xornadario 37[A cidade d’os homes que non tiñan alma] 43O que o sol-por calaba 45As irremediabes merancorías 47Novela vulgar 49[“Terras d’afora”] 53[Conto d’o afogado] 59[O neno e o vello] 63[A novela de Rodolfo Cruceiro] 65[A novela de Ramón Cruceiro] 71O romeiro de Sant-Iago 103[Prólogo d’o Maruxo] 107Diario romántico 111[A novela de Iván] 117[Singraduras] 123

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 7 29/02/12 12:29

Page 8: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

prosa ensaíst ica

Introdución 131

De tema literario e culturalMais alá! 135Os epígonos valleinclánicos 145[A Euxenio Montes ] 147Ateneísmo 149Gabanza d’o cantar 153Gabanza do piano mal tocado 161 O sentimento d’o tráxico n-os romances d’os cego 165Encol d’a metáfora. Lerias 167[Notas sobre arte popular] 171Un poeta d’a nosa terra 173Prólogo d’un libro de poemas que ninguén escrebeu 177“Pepina Tayoya” 181Cousas de Padrón 183Fatiguemo-nos 189

De natureza políticaDe otro sector 193Notas de un inadaptado 197Desde Rianjo 199Terra ceibe! 203“Honni soit...” 207O Estado 209Leución d’Hestoria 211Patriotismo 213O remorso d’as estátoas e a dinidade d’o silenzo 215

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 8 29/02/12 12:29

Page 9: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

tr aducións

Introdución 221

ProsaJean Epstein. La poésie d’aujourd’hui 235Albert Gleizes e Jean Metzinger. Du cubisme 269Edgar Allan Poe. O retrato oval 287Henri Rambaud. Poética de Mallarmé 291Eugène Melchior. La maite de la mer 293

PoesíaGuillaume Apollinaire. Outono 299Paul Éluard. Boxeador 300Jack Judge. It’s a Long Way to Tipperary 301René Kerdik. Bar 302Phileas Lebesgue. Vigo 305Hrand Nazariantz. Mare, triste mare 307Benjamin Péret. A morte d’o cisne 309Adrien Rambaud. Criolla morta n-o leito d’os sonos 311Arthur Rimbaud. Cabeza de fauno 318 É ela almea? 319 Mariña 320 Sono pra o inverno 321 O corazón roubado 322 Sensación 324 Oración d’o serán 327 Coarteta 328 Vocaes 329 [Felicidade] 331

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 9 29/02/12 12:29

Page 10: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

Philippe Soupault. Escalade 332 [Papel] 333Tristan Tzara. Prealable (Previo) 334Émile Verhaeren. Os errantes 335Paul Marie Verlaine. Canción d’outono 337 Sagesse (Sabencia) 338

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 10 29/02/12 12:29

Page 11: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

11

INTRODUCIÓN XER AL

Este volume, que recolle a obra en prosa de Manuel Antonio, forma parte dun proxecto conxunto entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié e permitirá, por fin, a publicación da obra com-pleta do escritor rianxeiro. O devandito proxecto inaugura tamén unha nova colección, con vocación de futuro, que se denominará Clásicos da Academia. O plan da publicación da obra completa de Manuel Antonio contempla a posibilidade de cinco volumes: o primeiro para a prosa, o segundo e o terceiro para o riquísimo epistolario, inédito en gran parte, o cuarto para a poesía e un derradeiro volume destinado á biografía do escritor rianxeiro.

A inclusión dun quinto tomo coa biografía como parte da obra completa do poeta permitiranos incluír unha serie de escritos, notas, documentos e iconografía diversa que se conservan, inédi-tos, entre os papeis do autor. Contrariamente ao que puideramos pensar, pola súa curta vida, Manuel Antonio foi un verdadeiro gardador de papeis: non faltan os cromos da infancia, os xogos anotados, a lousa escolar, as caricaturas académicas, os apunta-mentos secretos, os cadernos anotados, as axendas cos enderezos dos amigos e das editoriais, contas das pensións polas que pasou, as necrolóxicas de familiares e veciños, as cartas amorosas da adolescencia, os boletos de viaxes en tren ou en barco, os recortes de xornais e revistas, as facturas de diversos pedidos, listaxes de amigos aos que debe carta, etc. E, o que é máis importante, nu-merosas anotacións e apuntamentos que ben puideran ser esbozos

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 11 29/02/12 12:29

Page 12: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

12

doutras posibles creacións non escritas. En definitiva, se a todos estes papeis e esbozos —riquísima marginalia, imprescindible para unha biografía intelectual do autor— engadimos o catálogo da súa biblioteca persoal, o conxunto daranos ocasión de comprobar o alto grao de porosidade lectora de Manuel Antonio e de afondar na xénese intertextual da súa produción.

A realización do proxecto que se inicia con este volume sentí-mola como a culminación dun proceso sempre agardado e unha e outra vez frustrado polas circunstancias estrañas que concorreron na custodia dos papeis do escritor. O primeiro plan de publicación da obra de Manuel Antonio debémosllo a Roxelio Pérez, o seu curmán e amigo que, xa no ano 1943, estaba decidido a facelo, tal como lle propón a Ben-Cho-Sey en carta datada en Rianxo o 15-7-1943:

Eiquí, e gracias á boa vountade d’a miña tía, topei unhas cuartelas

de Manoel Antonio, inéditas, con poemas que nada desmerecen dos

que figuran en De catro a catro. Isto fixo que eu pensase en pubrigar

un libro no que recolla tod’a produzón d’o meu curmán que non está

no libro referido, engandindo algúns traballos de crítica que a il se

refiren, precedido todo de unha ampria biografía e cecais, d’unha

exéxesis literaria. Polo de agora estou recollendo o maior número de

datos, e estimaríache que si tiveses algún traballo seu, ou sobor d’il,

mo remitises pra que a cousa fose mais compreta. Farei unha edizón

limitada, costeada por suscripciós entre amigos e ademiradores pol’o

importe que sinifique. Tereiche ó corrente.

Con seguridade que os textos narrativos que publicou Roxe-rius poucos anos despois co título de Prosa de Manuel Antonio. Fragmento de novela galega(1) respondían ao proxecto exposto a Ben-Cho-Sey. Tivo necesariamente Roxerius que manexar toda a documentación hoxe coñecida para poder afirmar que atopou poemas descoñecidos e tivo que atopar tamén os textos en prosa,

(1) En Sonata Gallega, Pontevedra, 1946.

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 12 29/02/12 12:29

Page 13: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

13

tal como testemuña o que teña publicado o extenso fragmento dunha novela máis ampla.

Un sombrío esquecemento enterra este proxecto ata que no ano 1972 aparece o primeiro tomo da súa obra en edición de Domingo García-Sabell. Resulta curioso observar que tanto Roxerius como García-Sabell aluden á xenerosidade da nai do poeta, que lle dá a coñecer a obra inédita —no caso do sobriño— e que lla entrega en doazón no caso do médico compostelán.

Adiviñamos as causas polas que o curmán do poeta non levou ao prelo as obras de Manuel Antonio inéditas: en 1943 acababa de ser readmitido no Maxisterio despois do expediente de depu-ración, con resultado de expulsión, a que foi sometido a finais de 1936. Non estaba, logo, en condicións de significarse editando textos certamente nacionalistas e revolucionarios no contexto da represión franquista dos primeiros anos corenta.

Foi mágoa porque a nosa cultura pasou toda a longa posguerra necesitada do maxisterio do rianxeiro, que tiña capacidade e pres-tixio dabondo para certificar a compatibilidade entre modernidade e nacionalismo, lección que aínda hoxe non temos aprendida de todo. De calquera xeito, fracasados tamén outros intentos de todos coñecidos, retomamos a obra de Manuel Antonio como promesa de fecundo futuro.

Dividimos os textos deste primeiro volume en dous apartados: no primeiro —Prosa literaria— agrúpanse textos con horizonte artístico-literario, estético; no segundo —Prosa ensaística— re-collemos, encabezados polo manifesto Mais alá!, aqueles escritos teóricos, de natureza doutrinal, que expoñen as ideas e funda-mentos teóricos en materia literaria, musical e artística en xeral. Pareceunos axeitado dividir este apartado segundo, atendendo á súa temática, en textos literarios e textos de natureza política.

Malia esta ordenación, os textos están solidamente anoados polo compromiso firme de Manuel Antonio con Galicia. Neste senso os textos revelan un inusual equilibrio entre o raciocinio

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 13 29/02/12 12:29

Page 14: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

14

do teórico e a paixón coa que defende os seus ideais políticos. O seu ideal de conquistar un espazo de liberdade política e autono-mía literaria para Galicia, máis alá do seguimento de consignas políticas e partidistas, levouno á defensa irrenunciable da nosa lingua, da nosa bandeira, da nosa música, dos nosos mariñeiros e da nosa paisaxe.

Calquera que sexa a valoración estética da obra de Manuel Antonio ningún lector lle poderá negar a fecunda ambición coa que abordou todas as súas empresas literarias, sempre ao servizo de Galicia.

A nosa edición

Non se caracteriza a nosa cultura literaria por unha rica tradición editora. Temos a proba coa obra de Cunqueiro que cando estamos a celebrar o centenario do seu nacemento, non dispoñemos dunha edición crítica acorde coa categoría do escritor de Mondoñedo. Son demasiadas as edicións perpetradas a granel e sen denomi-nación de orixe.

A aparición dos manuscritos do rianxeiro vainos permitir ofre-cer uns textos dignos e responsables á altura da paixón construtiva coa que os creou o seu autor. Este, xustamente este, é o reto da nosa edición: ofrecer a obra de Manuel Antonio nuns textos fiables, con denominación de orixe coma os bos viños.

Por este motivo optamos, seguindo os criterios ecdóticos que xa utilizamos con ocasión da edición da poesía do rianxeiro, por unha edición filolóxica que reproduce con absoluta fidelidade os manuscritos autógrafos do autor, respectando os seus hábitos gráficos. Eliximos esta opción porque é a que mostra mellor a posibilidade de contemplar o texto como sagrado, inalterable e con absoluta fidelidade á realidade gráfica.

Non renunciamos tampouco, como complemento, a mostrar a realidade icónica do orixinal manuscrito reproducindo algunha

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 14 29/02/12 12:29

Page 15: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

15

páxina facsimilar de cada un dos textos orixinais. A reprodu-ción fotográfica do texto ten un indubidable valor semiolóxico ao facilitar detalles coma a cor da tinta, as dimensións do papel utilizado, etc.

O noso traballo vese simplificado porque dispoñemos para cada texto do correspondente manuscrito autógrafo. Nalgúns casos este, sen correccións e con coidada grafía, semella estar prepara-do para o prelo. Noutros casos, os menos, o manuscrito, menos elaborado, está cheo de riscados e anotacións que denotan unha segunda ou, por veces, terceira reescritura. Nestes casos anotamos a pé de páxina todo o que se mostra lexible. E cando dalgún texto aparecen redaccións que responden a un estado de elaboración anterior, transcribímolas ao final como borradores.

Naqueles poucos casos nos que non dispoñemos do manuscri-to autógrafo, transcribimos o texto impreso corrixindo aqueles aspectos que se apartan, con evidencia, dos hábitos do escritor. Cando temos o texto orixinal e o impreso, nos menos dos casos, optamos pola edición crítica, facendo constar a pé de páxina as correspondentes eleccións e variantes.

A fidelidade da nosa edición aos hábitos gráficos do autor queda reforzada polo argumento que nos proporciona o contexto polé-mico no que se estaba a desenvolver a ortografía galega nos anos vinte que, falta dunha normativa académica aceptada, mostraba múltiples tendencias e solucións.

Por outra parte, e con relación á ortografía, Manuel Anto-nio segue coherentemente unhas pautas persoais que responden a criterios moi reflexivos. Por este motivo é moi evidente a falta de respecto ás súas meditadas grafías que observan determinados xornais que deron acubillo aos poucos textos que chegaron a ser editados. Esta circunstancia permítenos ver a man de Villar Ponte no impreso do manifesto Mais alá! que reflicte os hábitos gráficos do de Viveiro antes que o manuscrito do rianxeiro. Por este motivo seguimos sempre os orixinais manuscritos aínda naqueles poucos

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 15 29/02/12 12:29

Page 16: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

16

casos en que dispoñemos do texto impreso, pouco respectuoso cos hábitos gráficos do rianxeiro

A regularidade gráfica de Manuel Antonio é moi visible nas formas contractas d’o / d’a; d’un / d’unha; n’un / n’unha; n-o / n-a malia apareceren d’este / de este ou esta tripla opción de ao / ó / a o.

Non emprega o til en mais (adverbio de cantidade) nin en lua /rua / tua e son numerosísimas as duplicidades e variantes léxi-cas propias dunha etapa de busca e de expansión. Os exemplos son diversos: esquecer / esquencer; escrever / escreber; inteleitual / inteleutual; difrenza / diferenza; humanidade / humandade; idea / ideia; verba / verva; infinito / infindo; coma / como; efecto / efeuto; despois / dispois; decir / dicir.

De calquera xeito, a nosa edición filolóxica reafírmase na pre-misa idealizadora de que o autor non se equivoca nin de sentido nin de forma.

Por outra parte, seguindo as normas habituais, aparecen entre corchetes as palabras que se restablecen.

Cando falta unha palabra sinálase con puntos suspensivos entre corchetes e as transcricións dubidosas van seguidas por un signo de interrogación entre corchetes.

Respectamos a puntuación de Manuel Antonio, sempre moi precisa e significativa.

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 16 29/02/12 12:29

Page 17: Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

clásicos da academia 1Manuel AntonioObra completa: Vol. i. Prosaisbn: 978-84-9752-063-8