Manual do usuario · 2018-12-04 · utilizalo como “Usuario” Coidado de como encha o cadro de...
Transcript of Manual do usuario · 2018-12-04 · utilizalo como “Usuario” Coidado de como encha o cadro de...
Manual do usuario
Para poder acceder á formación marítimo-pesqueira da Consellería do Mar o primeiro é enlazar coa área de formación na seguinteURL:
http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/
Pode chegar ata aquínavegando polas páxinas daXunta de Galicia eposteriormente polas daConsellería do Mar (en adiante“Consellería”) ou escribindodirectamente na barra dedireccións
Agora PREMA Información do alumnado
Abrirase unha nova ventá. Neste manual abriranse as ventás de maneira secuencial para que vostede vexa todo o procedemento.
Agora PREMA Teleformación
Agora PREMAAcceso a prematrícula
Está entrando nun sistema de xestión, control, seguimento ...de cursos
Nesta ventá terá que introduciro seu usuario/a e a súa clavede acceso
Se o alumno/a non é aíndausuario terá que darse de alta
AQUÍ
Encha o formulario
Aínda que o sistema acepta maiúsculas e minúsculas es mais fácil que recorde o DNI con letra maiúscula xa que despois ha deutilizalo como “Usuario”
Coidado de como encha o cadro de “Correo electrónico” xa que utilizarase como medio de comunicación entre o sistema dexestión de cursos e mais vostede
Non se esqueza de marcar o cadriño de aceptación de ”Datos verídicos” antes de aceptar.
Se encheu ben o formulario recibirá unha mensaxe parecida a esta:
Alta de usuario
De: Conselleria do Mar <[email protected]>
Benvido/a á plataforma web de xestión de cursos da Consellería do Mar. Os seus datos para acceder son usuario/a: XXXXXXXXX e contrasinal: WPRXXX. Poderá cambiar a súa contrasinal en calquera momento desde a súa ficha de usuario/a. Saúdos. Servizo de Ensino e Titulación Náutico Pesqueiras.
Agora ten que volver a abrir esta páxina para acceder
O DNI será o seu “usuario/a”
Non esqueza estes contrasinais. Serviranlle sempre que a Consellería convoque cursos desta maneira. Incluso se o sistemapermítelle cambialas mais adiante, recorde a antiga e mais a nova
Abrirase esta nova pantalla.Parecese moito a unhaanterior pero fíxese que estestítulos cambiaron
Sempre poderá modificar osseus datos AQUÍ
Agora, se o que quere esprematricularse nun cursoconvocado pola ConselleríaPREMA no curso de interese
O nome de usuario activoaparecerá sempre aquí abaixo
Pode ver os requisitos premendo directamente no curso
Esta nova páxina lle permite prematricularse nos cursos convocados
Se cumpre con eles verifique nos OK
E preinscríbase
Recibirá un mail parecido a este
De: Consellería do Mar <[email protected]>
A súa preinscrición para o curso XXXXX foi admitida na data e hora 18-10-2016 10:25:08. Feitas as correspondentes comprobacións publicarase no portal deformación unha lista PROVISIONAL de admitidos/as. Saúdos. Servizo de Ensino e Titulación Náutico Pesqueiras.
Así mesmo o sistema permitiralle imprimir un formulario onde se indica o curso no que se preinscribiu así como a súa orde de prelación (posto que ocupa nalista)
Os/as responsables do sistema de xestión de cursos analizarán as listaxes e confirmarán a súa inscrición (segundo o nº de prazas ofertadas naconvocatoria) e recibirá unha nova mensaxe semellante a este
De: Conselleria do mar [[email protected]]
XXXXXX a súa solicitude de inscrición en XXXXXX foi cursada. Publicarase na web de formación da Consellería a lista PROVISIONAL de alumnos/as admitidos/as na convocatoria XXXXX. Na norma que regulamenta a convocatoria ten vostede máis información.O listado DEFINITIVO de persoas admitidas publicarase na mesma web e nos taboleiros dos centros de ensino e das xefaturas territorias e comarcais da Consellería Saúdos. Servizo de Ensino e Titulación Náutico Pesqueiras.
Os/as alumnos/as recibiran de novo no seu enderezo electrónico o aviso de publicación DEFINITIVA das listas
De: Conselleria do mar [[email protected]]
Publicarase na web da Consellería a lista DEFINITIVA de alumnos/as admitidos/as na convocatoria XXXXX e que cumpren cos requisitos de documentación.Axiña chegaralle un correo electrónico á súa conta con datos do mesmo. Saúdos. Servizo de Ensino e Titulación Náutico Pesqueiras.
Co inicio das clases os/as alumnos/as recibiran no mail as datas de comezo das clases
De: Conselleria do mar [[email protected]]
Iniciaranse as clases do curso XXXXXXX dende dd-mm-aaa ata ó dd-mm-aaa segundo a norma da súa convocatoria.Saúdos. Servizo de Ensino e Titulación Náutico Pesqueiras.
Co inicio das clases poderá acceder á Aula virtual
Terá que identificarse e entrar