Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía...

143
Contos do Xapón Lafcadio Hearn Tradución de Alejandro Tobar

Transcript of Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía...

Page 1: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Contos do Xapón Lafcadio Hearn

Tradución de Alejandro Tobar

Page 2: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Lafcadio Hearn

Contos do Xapón

Traducidos do orixinal inglés porAlejandro Tobar

Page 3: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 4: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Índice e fontes

De Out of the East (1895)«O soño dun día de verán»

De Japanese Fairy Tales (1898)«O petís que debuxaba gatos»

De In Ghostly Japan (1899)«Fragmento»

De Shadowings (1900)«Unha lenda de Fugen-Bosatsu»

De A Japanese Miscellany (1901)«Perante a Corte Suprema»

De Kotto (1902)«O comedor de soños»«Historia dunha mosca»«Ikyriô»«A historia de Chugoro»

De Kwaidan (1904)«Yuki-Onna»«Rokuro-Kubi»«Mujina»

De The Romance of the Milky Way (1905)«A historia de Ito Norisuk黫O romance da Vía Láctea»

Page 5: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 6: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O soño dun día de verán

I

O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, serescelestiais. Isto debíase a que eu acababa de fuxir dundos portos abertos, a onde me aventurara á procura dascomodidades dun hotel europeo, provisto de toda clasede «modernas melloras». Así pois, encontrarme de no-vo a gusto vestido cun yukata1, sentado sobre un frío eacolchado tatami, ser atendido por mozas de melodiosasvoces, rodeado de cousas fermosas... era coma unha re-dención de todas as laias do século XIX. Para almorzarservíronme brotes de bambú e bulbos de loto, e agasa-lláronme cun abanador celestial como recordo. O deseñopintado sobre ese abanador representaba o momento noque unha gran vaga rompía nunha praia e un grupo deaves mariñas asucaban os ceos azuis no medio dun grandealgareo. Sexa como for, o mero feito de quedar con aquelartigo compensou todas as complicacións da viaxe. Polasúa gloria de luz, polo seu tronido de movemento, polotriunfo do vento mareiro..., todo nun. Entroume gana depegar un grito non ben o vin.

1N. do T. Peza de vestir tradicional nipoa, similar ao kimono peromáis lixeira, polo que é máis apropiada para as estacións cálidas.

5

Page 7: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Por entre as columnas de cedro da galería, divisaba afermosa vila gris que abeira a liña de costa... e os pregui-zosos xuncos amarelos co arpeu botado... e como a bocada baía se abría entre enormes cantís verdes... e, tras iso,o resplandor do verán no horizonte. Un horizonte no quese perfilaban as siluetas das montañas, imprecisas comavedrañas lembranzas. E todo, bardante a vila gris e osxuncos amarelos e os acantilados verdes, era azul.

Entón, unha lene e tenra voz coma unha campaíñade vento deu en tinguilear palabras de cortesía no meusono até interrompelo; decateime de que a señora do pa-lacio viñera darme as grazas polo chadai2, e prostreimeperante ela. Era moi nova, e como mínimo agradable ávista, coma as rapazas couza, coma as mulleres chorumade Kunisada. Nese intre deume por pensar na morte, poisen ocasións a beleza anticipa a pena vindeira.

Preguntou respectuosa onde tiña eu intención de diri-xirme para así poder pedirme un kuruma3. E respondín:

—A Kunamoto. Pero agradaríame moito coñecer onome da súa casa, que sempre lembrarei.

—Os meus cuartos de convidados —dixo— son au-gustamente4 insignificantes, e as miñas serventas, hono-rablemente bastas. De calquera maneira, a casa chámaseCasa de Urashima. E agora irei pedirlle un kuruma.

A música da súa voz apagouse. E sentín que o aglaiose apoderaba de min... como a emoción dunha rede es-pectral, pois o nome era o da historia dunha canción queenmeiga os homes.

2N. do A: Unha modesta adealla que o hóspede sempre lle entregaao hotel ao pouco tempo de chegar.

3N. do T. Carruaxe, coche. Cabe sinalar así mesmo que kurumaya éo termo que designa o condutor dun kuruma.

4N. do T. Termos como augusto, respectable, honorable... son fórmu-las de cortesía en lingua xaponesa.

6

Page 8: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

II

Unha vez que escoite a historia, non poderá esquece-la. Cada verán, cando me atopo na costa –sobre todo endías tranquilos e pracenteiros–, perségueme con gran te-són. Existen innúmeras versións que inspiraron infinidadede obras de arte, pero a máis impresionante e a máis an-tiga atópase no «Manyefushifu», unha recompilación depoemas datados entre os séculos V e IX. Tomando comopunto de partida esa vella versión, o grande erudito As-ton traduciuna a prosa, en tanto que o grande eruditoChamberlain o fixo á súa vez tanto a prosa como a verso.En calquera caso, para os lectores en lingua inglesa opinoque a versión máis deliciosa que existe é a que escribiuChamberlain para o público infantil, en Japanese Fairy-Tale Series, en vista das súas sobranceiras ilustracións acor de artistas locais. Con este libriño ante min, tratareide relatar de novo a lenda coas miñas propias palabras.

«Hai mil catrocentos dezaseis anos, o mozo pescadorUrashima Taro partiu no seu barco da costa de Suminoyé.

»Os días estivais eran daquela como son agora: so-poríferos e azulados, con apenas unhas poucas nubes depuro branco suspendidas sobre o espello do mar. Taménpor aquela época eran iguais as montañas: formas arre-dondadas e dondas, perfiladas ao lonxe e mesturadas coanil do ceo. E había ventos nugalláns.

»Aconteceu que o mozo, lacazán tamén, deixou sengoberno o bote mentres se consagraba á pesca. Era unnavío estraño, sen calafateado nin leme, dunha forma inu-sitada. Mil catrocentos anos despois aínda se ven barcosasí no litoral das antigas vilas mariñeiras ciscalladas nomar do Xapón.

7

Page 9: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

»Tras unha longa espera, Urashima pescou algo e tu-rrou. Pero resultou non ser máis ca unha tartaruga.

»A tartaruga é un animal sagrado para o deus Dragóndo Mar, e a súa vida natural chega aos mil anos –hai quena cifra en dez mil–. De modo que matala sería un crasoerro. Así pois, o mozo retirou con delicadeza a tanza coamocelo do corpo da criatura e liberouna, ao tempo quedeclamaba unha pregaria para os deuses.

»Pero non pescou máis nada. Ese día ía unha calorabafante, e o mar e o aire e todo estaba en absolutosilencio. Un gran letargo apoderouse del, adormeceu esoneou no seu bote deixado ao leilán.

»Entón, do seu soño mariño xurdiu unha belida moza–a mesma que se ve na imaxe do “Urashima” do profesorChamberlain–, vestida con cores carmesí e azul, coa súalonga cabeleira negra a caerlle polo lombo até os pés, con-sonte a tendencia de moda fixada pola filla dun príncipemil catrocentos anos antes.

»Ela sobrevoou a tona da auga para aproximarse, coasuavidade do aire, e detívose enriba do mozo dormente,ao cal espertou cun lixeiro toque. Díxolle:

»—Non te sorprendas. O meu pai, o rei Dragón doMar, envíame a ti en virtude do teu bo corazón, pois hoxeliberaches unha tartaruga. E agora iremos ao palacio domeu pai, na illa onde o verán nunca morre e, se o desexas,serei a túa muller flor. Alí viviremos felices por semprexamais.

»Urashima non deixaba de asombrarse mentres a mi-raba, xa que era máis fermosa ca calquera outro ser hu-mano, e así é que non puido facer outra cousa que amala.Ela asiu un remo e el o outro; ambos singraron xuntos.Aínda hoxe é posible ver, alá na afastada costa occiden-tal, os esposos a remaren de par, cando os pesqueiros se

8

Page 10: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

desprazan a un lado e ao outro sobre os tons ocres doluscofusco.

»Navegaron con paso calmo e medido sobre a silentemasa azul de auga, rumbo sur... até alcanzar a illa onde overán nunca morre, e unha vez alí dirixíronse ao palaciodo rei Dragón do Mar.

»[Aquí a fonte de letra do libriño mingua de pronto amedida que un avanza na lectura, e unhas débiles ondasazuis inundan a páxina. Tras elas, nun horizonte de fanta-sía, é posible albiscar a longa, baixa e suave liña de costainsular, así como os bicudos tellados que se elevan porentre a follaxe perennemente verde: os tellados do pala-cio do deus do mar, coma o palacio do mikado5 Yuriakuhai mil catrocentos dezaseis anos].

»Á súa chegada, foron recibidos por estraños serven-tes vestidos con roupaxes cerimoniais: criaturas do marque lle deron a benvida a Urashima como xenro do reiDragón.

»De modo que a filla do deus do mar se converteuna prometida de Urashima, e na consumación dos seusesponsais oficiouse un banquete esplendoroso, e houbounha pándega memorable no palacio do Dragón.

»E a cada novo día que Urashima pasaba alí, coñe-cía novas marabillas e praceres: marabillas abisais traídaspolos serventes do deus do océano; praceres da terra en-cantada na que o verán nunca morre. E así decorrerontres anos.

»Pero, a pesar de todos estes prodixios, sempre que omozo pescador pensaba en que os seus pais estarían sós aagardar por el, o seu corazón resentíase. De maneira que,ao final, pregoulle á súa parella que o deixase ir para acasa só durante un tempo, unicamente para intercambiar

5N. do T. Antigo termo que designaba o emperador xaponés.

9

Page 11: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

unhas palabras co pai e mais coa nai..., tras o cal regre-saría axiña cabo dela.

»Ante tales súplicas, a moza rompeu a chorar, e asícontinuou durante longo tempo, cun pranto silencioso.Despois díxolle:

»—Posto que desexas irte, sen dúbida debes irte. Te-mo a túa partida, témoa moito. Temo que nunca máisvolvamos vernos. Pero entregareiche unha caixiña paraque a leves canda ti. Axudareiche a regresar ao meu ca-rón se fas o que che digo. Non a abras. Sobre todo, nona abras, en ningún caso, pase o que pase! Se a abres,endexamais poderás volver, e xa non me verás máis.

»Acto seguido fíxolle entrega dunha pequena caixalacada e atada cun fío de seda. [E esta caixa aínda ho-xe pode verse no templo de Kanagawa, xunto á costa;os sacerdotes que alí residen atesouran así mesmo a ca-na de pescar de Urashima Taro, amais dunha presadade estraños abelorios que trouxo consigo procedentes dosdominios do rei Dragón].

»Urashima consolou a súa parella e prometeulle quenunca nunca nunca abriría a caixa..., que nin sequera de-sataría en ningún caso o fío de seda. A seguir cruzou polafísgoa de luz estival sobre o sempiterno mar dormente...e a forma da illa onde o verán nunca morre diluíuse trasel coma nun soño..., e outra volta viu ante si as montañasazuis do Xapón, perfiladas ao norte, no brillo abrancaza-do do horizonte.

»De novo sucou as augas até a súa baía local, de novopisou a súa praia. Pero namentres observaba o panora-ma, invadiuno unha sensación de enorme desconcerto, deestraña vacilación.

»Porque aquel lugar era asemade o mesmo e outro.A cabana dos seus pais xa non estaba. Había unha vila,

10

Page 12: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

si, pero as formas das cousas eran raras, como tamén oscampos e as caras das xentes. Case todas as marcas dis-tintivas locais desapareceran; o templo Shinto semellabareconstruído nunha nova localización; as fragas xa nonmedraban vizosas nas costas próximas. Tan só o rumordo regato que atravesaba o asentamento e os contornosdas montañas seguían igual. O demais deixara de resul-tarlle familiar, era novo. En baluto tratou de encontrara casa dos pais; e a comunidade mariñeira, marabillada,non arredaba os ollos del, entrementres o mozo se mos-traba incapaz de recoñecer nin o primeiro rostro.

»Pasou a rentes dun home de idade provecta, apoiadono seu caxato, e Urashima preguntoulle polo camiño aseguir até a casa da familia Urashima. O ancián parecíaperplexo, e obrigouno a repetir moitas veces a mesmapregunta, para logo exclamar:

»—Urashima Taro! De onde vés que non coñeces a his-toria? Urashima Taro! Van aló máis de catrocentos anosdes que naufragou, e no cemiterio erixiuse un monumen-to á súa memoria. As tumbas de todos os seus parentesestán nese lugar: no vello camposanto ao que xa non selle dá uso. Urashima Taro! En que cabeza cabe pregun-tar onde se acha a súa casa? —E o ancián afastouse ran-queando, ríndose da mente simple do seu interrogador.

»Urashima dirixiuse ao cemiterio da vila (o que xa es-taba en desuso) e alí atopou a súa propia lápida e mais asdo seu pai, nai e demais parentes, así como as de multitu-de doutros coñecidos. Tan vellas eran e tan invadidas decarrizo estaban que os nomes esculpidos na pedra apenasresultaban lexibles.

»Logo creu que era vítima dalgunha estraña miraxe,e desandou os seus pasos até a praia; sempre coa caixa,o galano da filla do deus do mar, ben asida. Pero que era

11

Page 13: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

aquela ilusión? E que podía haber dentro daquela caixa?Acaso non sería o seu contido o causante de semellanteespellismo? A dúbida impúxose á fe. Actuou entón deforma temeraria ao romper a promesa feita á súa amada:afrouxou o fío de seda, destapou a caixa!

»Ao instante, sen emitir son ningún, xurdiu veloz dointerior da caixa un frío e branco vapor espectral que seelevou no ar coma unha nube de verán, e pouco e poucofoi afastándose, en dirección sur, por riba do silenciosomar. Non había máis nada na caixa.

»E Urashima soubo que acababa de estragar a súapropia felicidade..., que nunca máis podería regresar ondaa amada, a filla do Rei do Océano. De modo que choroue bradou con amargura e desespero.

»Aínda que só por un momento. Instantes despois,el mesmo mudara. Conxeláranselle as veas, caéranlle osdentes, engurráraselle o rostro, caneáralle o pelo, agorabranco coma a neve, agretáranselle os labios, abandoná-rano as forzas e derrubouse inerte sobre a area, esmagadopolo peso de catrocentas invernías.

»Agora, nas crónicas oficiais do imperio está escri-to que “no vixésimo primeiro ano do mikado Yuriaku,o neno Urashima de Midzunoyé, no distrito de Yosa, naprovincia de Tango, descendente da divindade Shimane-mi, foi ao Elisio [Horai] nun bote pesqueiro”. Tras eseapuntamento non hai máis noticias de Urashima duranteos reinados de trinta e un emperadores e emperatrices, édicir, entre os séculos V e IX. E logo as crónicas anun-cian que “no segundo ano de Tenchiyo, baixo o reinado demikado Gojunwa, o mozo Urashima regresou e eventual-mente volveu marchar, sen saber ninguén o motivo”6».

6N. do A. Véxase The Classical Poetry of the Japanese, do pro-fesor Chamberlain, nas «Oriental Series» de Trübner. De acordo coa

12

Page 14: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

III

A fantástica señora volveu para dicir que todo estaba lis-to e tratou de levantar a miña maleta coas súas enxoitasmans, o cal evitei que fixese, pois pesaba arreo. Despoisbotouse a rir, pero non se amosou disposta a que eu mes-mo cargase coa miña equipaxe, de maneira que convocouunha criatura mariña con caracteres chineses no lombo.Obedecina. Pregoume que non esquecese a súa indignacasa pese á brutalidade das súas criadas.

—E non lle pagará ao kurumaya senón setenta e cincosens7 —dixo.

Axiña montei no vehículo e en cuestión duns pou-cos minutos a pequena vila gris desapareceu tras unharevolta. Avanzaba por unha estrada branca mentres con-templaba o litoral. Á man dereita, os cantís de marrónpálido; á esquerda, só mar.

Milla tras milla avanzamos por esa costa, admirandoa luz infinda. Todo estaba impregnado de azul, dun azulespléndido, coma o que vai e vén no corazón dunha grancuncha. O azul vivo do mar fundíase co azul simuladodo ceo nunha brillantez de electrizante fusión. E vastasmanifestacións de azul –as montañas de Higo– agudizá-banse no medio do escintileo, coma masas de ametista.Que azulada transparencia! A cor universal só era inter-rompida polo branco corusco dunhas poucas nubes altasde verán, detidas e enrodeladas sobre un pico fantasmal.Proxectaban sobre a auga a súa luz trémula e alba. Aolonxe, barcos coma mosquitos parecían tirar dos longosfíos dos ronseis, as únicas liñas nidias entre tanta gloria

cronoloxía occidental, Urashima sairía a pescar no ano 477 e regresaríano 825.

7N. do T. Un sen equivale á centésima parte dun ien.

13

Page 15: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

vaga. Pero que nubes tan divinas! Serían talvez os es-píritos brancos e puros das nubes que descansaban decamiño á beatitude do Nirvana? Ou podería ser quizaisque as brumas escapasen da caixa de Urashima mil anosantes?

Esta minúscula alma de mosquito miña saíu voandodaquel soño de azul, entre o mar e o sol, zoando até aourela de Suminoyé a través das pantasmas luminosas demil catrocentos veráns. Nun sentido difuso, notei por bai-xo o abaneo dun bote. Era a época do mikado Yuriaku.E a filla do rei Dragón dixo cun tintinar:

—Agora iremos ao palacio do meu pai, onde sempreimpera o azul.

—Por que sempre é azul? —preguntei.—Porque —contestou— metín todas as nubes na

caixa.—Pero debo irme á casa —respondín con firme deter-

minación.—Nese caso —dixo—, pagaraslle ao kurumaya tan só

setenta e cinco sens.E nesas espertei en Doyo ou a época da Gran Calor,

no vixésimo sexto ano de Meiji, e a proba de que se trata-ba desa época atopeina nun cable de telégrafos que, postetras poste, discorría paralelo ao camiño até se perder nohorizonte, terra dentro. O kuruma seguía bordeando acosta, coa mesma visión azul de ceo, pico e mar. Peroas nubes brancas esfumáranse...! E xa non había máisacantilados ao pé da estrada, senón arrozais e campos decebada en ascenso até a distante cordilleira. Por un mo-mento, as liñas de telégrafos acapararon a miña atención,pois no cable máis alto, e só nese, pousara unha bandadade paxaros, todos de cara á estrada, aos que en ningún

14

Page 16: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

caso molestaba o noso tránsito. Permaneceron bastantequedos, observándonos coma se non fósemos outra cou-sa ca un fenómeno pasaxeiro. Contábanse por centos,e cubrían moitas millas do percorrido. Non vin nin unsó cuxa cola estivese orientada cara a nós. Por que se co-locaran daquel modo e que miraban ou que agardaban,iso é algo que non sabería dicir. A cada canto dábamepor axitar o sombreiro e por gritar, para desconcertalos,tras o cal algúns alzaban animadamente o voo para de-seguida volver pousar no tendido en idéntica posición caantes. Emporiso, a gran maioría fixo caso omiso dos meusespaventos.

O triquetraque das rodas quedou enmudecido por ungrande estrondo, pois, mentres cruzabamos unha aldea,alcancei a ver un inmenso tambor baixo un alboio aberto,aporreado por homes espidos.

—Oh, kurumaya! —exclamei—. Iso de aí... que é?El, sen deter a marcha, berroume:—En todas as partes é o mesmo. Onde vai que non

chove, razón pola que se lles suplica aos deuses e se tocanos tambores.

Cruzamos coma faíscas outras poboacións, e vin e oínmáis tambores de diversos tamaños, aos que outros novosdaban a réplica dende aldeas invisibles a través de moitasmillas parcheadas de campos de arroz, nunha sorte dexogo de resonancias.

IV

Logo volvín pensar en Urashima. Pensei nas imaxes epoemas e proverbios que rememoraban a influencia da

15

Page 17: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

lenda sobre a imaxinación dun pobo. Pensei nunha bai-larina nova de Izumo que vira nun banquete namentresrepresentaba o papel de Urashima, cunha caixiña laca-da da que sairía no momento tráxico unha brétema deincenso de Kyoto. Pola miña mente pasou tamén a an-tigüidade da bela danza, e por conseguinte a xeraciónde bailarinas desaparecidas, e de aí pensei no po, así, enabstracto, o cal de novo me levou a pensar no po nunsentido máis concreto, coma o que levantaban as san-dalias do kurumaya ao que debía aboar setenta e cincosens. E pregunteime que parte daquel po sería vello pohumano, e se na orde eterna das cousas o movemento doscorazóns tería un efecto meirande ca o do po. Máis tardealertoume a miña moralidade, e tratei de convencerme deque unha historia que resistira mil anos, gañando frescurae engado co correr dos séculos, só podía sobrevivir grazasa conter algunha verdade. Pero, cal? Polo momento, nonachaba resposta para esa pregunta.

A calor redobrárase, e berrei:—Oh, kurumaya! A gorxa do Egoísmo estaba seca.

Que degoxo de auga!El, sen interromper a marcha, respondeu:—Na aldea da Gran Praia, non lonxe de aquí, hai un

manancial, con auga augusta e pura.Volvín esgorxarme:—Oh, kurumaya! Que hai deses paxariños? Por que

sempre miran nesta dirección?El, avivando a marcha, respondeu:—Todos os paxaros se colocan sempre de cara ao

vento.A miña primeira reacción foi rirme do meu simplismo,

logo do meu carácter esquecedizo, pois veume ao acordo

16

Page 18: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

que me dixeran iso mesmo, onde queira que fose, en sendoeu un petís. Se callar tamén o misterio de Urashima eraproduto da desmemoria.

Volvín pensar en Urashima. Vin a filla do rei Dra-gón esperar en van no palacio enfeitado con prolixo pararecibilo, e o cruel regreso da nube, que anunciaba o acon-tecido, e as zouponas e encantadoras criaturas mariñasengalanadas cos seus traxes cerimoniais tratando de con-solala. Pero na verdadeira historia non había nada detodo isto, e a compaixón do pobo parecía focalizarse enUrashima. Elaborei as seguintes reflexións:

É sequera xusto compadecer a Urashima? Natural-mente, os deuses abafárano. Pero, a quen non? Que é avida senón desconcerto? E Urashisma, abafado, descon-certado, dubidou do propósito divino e destapou a caixa.E daquela morreu sen complicacións, e o pobo erixiu unsantuario no seu honor, Urashima Mio-jin. A que vén, xaque logo, tanta conmiseración?

As cousas xestiónanse dun modo bastante distinto enOccidente. Tras desobedecer os deuses occidentais, debe-mos seguir con vida e coñecer o largo e o longo e o profun-do do superlativo sufrimento humano. Non se nos permi-te morrer en paz xusto cando toca, e menos aínda se nosconcede a posibilidade de convertérmonos, tras perecer,en pequenos deuses por dereito propio. Como podemoscompadecernos, pois, da estupidez cometida por Urashi-ma, quen viviu tanto tempo entre deuses visibles?

Se cadra incluso podemos dar resposta ao dito enig-ma. Esa compaixón tería que ser autocompaixón, en vis-ta de que a lenda debe ser non só a súa senón a dunharea de almas. Ese pensamento regresa á miña mente nunmomento moi concreto: coa luz azul e a brisa, e sempre

17

Page 19: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

a modo de vello reproche. Ten un vencello demasiado es-treito cunha estación –e coa sensación dunha estación–como para non estar relacionado así mesmo con algo davida real dun, ou coas vidas dos devanceiros dun. Peroque era ese algo real? Quen era a filla do rei Dragón?Onde estaba a illa do verán interminable? E que era anube dentro da caixa?

Non podo dar resposta a todas estas preguntas.O único que sei é isto (o cal para nada é novo):

Teño a lembranza dun lugar e dun tempo máxico noque o sol e a lúa eran máis grandes e máis brillantes cana actualidade. Non sabería dicir se foi nesta vida oununha vida anterior. Pero si sei que o ceo era dun azulmoito máis intenso, máis próximo ao mundo, case comosemella converterse sobre os mastros dun vapor no es-tío ecuatorial. O mar estaba vivo, e falaba, e o vento, sóco rozamento, dábame gana de clamar de alegría. Unhaou dúas veces a partir daqueles anos, nos días divinosque vivín entre cumios, soñei por un instante que sopra-ba o mesmo vento, pero non era máis ca unha simplelembranza.

Tamén naquel lugar as nubes eran asombrosas, pin-tadas de cores para as que non existen nomes, cores queadoitaban darme fame e sede. Fago mentes de que osdías eran sempre moito máis longos ca os actuais, e quea cada día que pasaba coñecía novos praceres e marabi-llas. E todo aquel país e aquel tempo estaban baixo osdesignios e a dócil rexencia de Alguén que só pensabaen maneiras de me facer feliz. Algunhas veces negábamea que me fartasen de dita, e iso a ela sempre a aflixía,por máis que fose divina..., e lembro que tomei a firmedeterminación de mostrar arrepentimento. Ao termo da

18

Page 20: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

xornada, ao caer a gran quietude luminosa que precede asaída da lúa, ela relatábame historias capaces de estreme-cerme de gozo dos pés á cabeza. Xamais volvín escoitarhistorias nin a metade de fermosas ca aquelas. E cando opracer resultaba excesivo, ela cantaba unha curiosa toadaque indefectiblemente me inducía ao sono.

Chegou por fin o día da miña partida, e ela esbagoou,e indicoume que nunca nunca debía perder o amuletoque me entregaba, pois manteríame mozo e daríame opoder de regresar. Pero non regresei. E pasaron os anos,e un día souben que perdera o amuleto e que me fixeraridiculamente vello.

V

A aldea da Gran Praia cadra ao pé dun acantiladoverde nas inmediacións da estrada, e consiste nunha duciade cabanas co teito de palla ao redor dunha poza rochosa,á sombra duns pinos. A bacía está chea até rebordar dasfrías augas dun regato que cae directamente do corazóndo cantil, igual que cabe imaxinar que un poema salta docorazón do poeta. A xulgar pola cantidade de kurumas eviaxeiros alí presentes, era obvio que se trataba dun doslugares preferidos para facer un alto no camiño. Habíabancos baixo as árbores e, unha vez aliviada a sede, senteia fumar mentres asalaba as mulleres que lavaban a roupana poza, en tanto o meu kurumaya se desvestía e procedíaa verter baldes de auga fría sobre o corpo. A continuación,un home novo cun bebé ao lombo tróuxome o té; trateide xogar co naipelo, que balbuciu:

—Ah, ba.

19

Page 21: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Velaí os primeiros sons que emite un bebé xaponés.Son puramente orientais, e en romaji8 deberían escribir-se como «Aba». E, na súa condición de fala non apren-dida, «Aba» resulta interesante. É, no barallete infantilxaponés, o termo para dicir «Adeus», xustamente o últi-mo que un esperaría que pronunciase un meniño ao en-trar neste mundo de ilusión. De quen ou de que se estádespedindo esa pequena alma? Das amizades cultivadasnunha existencia previa cuxo recordo segue aínda fresco?Dos compañeiros da súa sombriza viaxe dende ninguén-sabe-onde? Estas elucubracións son tolerablemente segu-ras dende un punto de vista pío, posto que o neno nuncapode decidir por nosoutros. Sexan os que foren os pen-samentos nese misterioso lance da fala primeira, prontocaerán no esquecemento, e será antes de que o meniñoadquira a capacidade de responder preguntas.

De xeito inesperado, unha estraña acordanza veu ámiña mente..., resucitada, quizais, pola visión do mozoco bebé..., ou tal vez pola canción da auga no acantilado.Esta é:

«Hai moito moito tempo vivía un lugar entre as mon-tañas un humilde leñador coa súa dona. Eran xa moianciáns, e non tiñan fillos. O marido acudía decotío aobosque a cortar leña, mentres a muller ficaba a tecer nacasa.

»Certo día, o home internouse máis do habitual nocorazón da fraga, coa intención de encontrar un deter-minado tipo de madeira. Así foi que de súpeto se viuao bordo dun pequeno manancial que nunca antes vira.

8N. do T. Romaji é a escritura da lingua xaponesa co alfabeto roma-no. Para isto, é posible empregar distintos sistemas, coma o Hepburn ouo Monbusho, entre outros.

20

Page 22: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

A auga era estrañamente clara e fría, e el tiña sede, poisa xornada era calorosa e a xeira fora de duro labor. Demodo que quitou o chapeu de palla, se axeonllou e enviouun bo gulapo. A auga pareceu refrescalo extraordinaria-mente. A seguir contemplou o seu propio rostro reflectidona poza, e abraiou. Aquela era sen dúbida a súa face, pe-ro en absoluto se asemellaba ao reflexo que lle devolvíao vello espello que tiña no fogar. Era o rostro dun homenovo! Non daba creto ao que vían os seus ollos. Botou asmans á cabeza, calva até había apenas un momento; so-bre o cranio viu que lle nacía abundante pelo negro. E asúa faciana volvérase suave ao tacto, coma a dun petís.Non lle quedou nin unha soa engurra no rostro. Asemade,notou que posuía un vigor renovado. Sen saír do seu pas-mo, observou os beizos, tanto tempo agretados por efectoda velleira e agora perfectamente perfilados, tersos e car-nosos. Sen sabelo, bebera da Fonte da Xuventude, e esetrago transformárao.

»O primeiro que fixo foi dar un brinco e gritar de en-tusiasmo. Logo correu até a casa máis rápido ca nuncaantes. Ao entrar no fogar, a esposa asustouse, ao confun-dilo cun forasteiro, e cando el lle revelou aquel prodixio,ela ao primeiro non o creu. Pero pasado un anaco lo-grou convencela de que o mozo que tiña diante non eraoutro ca o seu marido. E contoulle onde se localizaba omanancial, e pediulle que o acompañase.

»Entón, ela dixo:»—Volvícheste tan novo e guapo que xa non podes

seguir amando unha vella, polo que debo beber esa au-ga canto antes. Pero non hai que desatender a casa, undos dous debe quedar. Agarda aquí mentres vou á fonte.—E correu soa ao corazón do bosque.

21

Page 23: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

»Encontrou o manancial, axeonllouse e bebeu. Oh,que fresca e doce era aquela auga! Bebeu e bebeu e bebeu,e só se detivo para coller folgos e volver empezar.

»O seu home agardaba impaciente por ela. Contabacon vela convertida nunha esvelta e atractiva rapariga.Pero a muller non regresou. El, angustiado, saíu da casa,pechou con chave e correu a procurala.

»Ao que chegou ao manancial, por máis que buscabanon a vía por ningures. A punto estaba de se render eemprender o regreso cando escoitou un leve pranto naherba crecida á beira da poza. Rebuscou até atopar aroupa da esposa e mais un bebé..., un bebé de moi curtaidade, talvez de seis meses!

»Sucedeu que a anciá bebera demasiada auga da fontemáxica e se transportara a moito antes da súa propia mo-cidade, até a primeira infancia, onde aínda se descoñecea fala.

»Abrigou entre os seus brazos o bebé, quen ollabapara el con tristeza e vacilación, e levouno canda si aofogar, entre arrolos, mentres na súa mente se mesturabanestrañas e melancólicas cavilacións».

Nese momento, seguindo co meu soño sobre Urashima,a moral desta historia semellaba menos satisfactoria caantes. Pois por beber a vida con excesiva avidez, nonremocicamos.

Espido e fresco regresou o meu kurumaya, e dixo que,debido á calor, non podería completar o traxecto pro-metido de vinte e cinco millas, pero que atopara outrocondutor que me guiaría o resto do camiño. Polo traba-llo realizado, quería unha retribución de cincuenta e cincosens.

22

Page 24: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Ía realmente moita calor —máis tarde souben quemáis de 100 ° F9—. Ao lonxe resoaban aínda, como unhapulsación dese sufoco, os grandes tambores na súa cha-mada á choiva. E pensei na filla do rei Dragón.

—A señora insistiume en que fosen setenta e cincosens —apuntei—. E esa promesa aínda non se materia-lizou. De modo que recibirás setenta e cinco sens..., poistemo os deuses.

E, transportado por un condutor no que aínda nondeixara pegada o cansazo, puxen rumbo ao enorme res-plandor..., en dirección aos grandes tambores.

9N. do T. 38 graos Celsius.

23

Page 25: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 26: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O petís que debuxaba gatos

Hai moito moito tempo, nunha pequena aldea do Xapónrural, vivía un humilde granxeiro canda a súa esposa,ambos os dous moi boas persoas. Tiñan numerosos fillos,e non lles resultaba nada sinxelo alimentalos. O maior,de tan só catorce anos, xa era bastante forte como paratraballar co pai, entrementres que as pequenas encome-zaron a axudar a nai pouco menos que cando aprenderona andar.

Non obstante, o menor de todos os fillos, un píca-ro, non parecía estar feito para o traballo duro. Era moialbelo, máis ca calquera dos seus irmáns e irmás, peromiúdo e de constitución débil, e a xente adoitaba dicirque endexamais pegaría o estirón. De modo que os paiscreron que sería mellor para el consagrarse ao sacerdocioque gañar a vida como granxeiro.

Certo día os seus proxenitores levárono ao templo davila e preguntáronlle ao bo do ancián sacerdote que alímoraba se sería tan xentil de tomalo como acólito ao seucargo e aprenderlle todo canto un sacerdote debe saber.

O vello dirixiuse con ton amable ao pequeno e fíxollealgunhas preguntas nada doadas. Tan ben elaboradas fo-ron as respostas que o relixioso aceptou tomalo baixo asúa tutela e que se convertese nun servo do templo, asícomo educalo para que chegase a ser sacerdote.

25

Page 27: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O petís asimilaba axiña o que o relixioso lle aprendía,e mostraba unha obediencia exemplar na maior parte dascuestións. Con todo, tiña un defecto pronunciado: gustá-balle moikto debuxar gatos durante as horas de estudo,ademais de debuxar gatos alí onde baixo ningún conceptodebían debuxarse gatos.

Sempre que se encontraba só, debuxaba gatos. Debu-xábaos nas marxes dos libros do sacerdote, e en todosos biombos e anteparos do templo, e nas paredes, e nascolumnas. Máis dunha vez lle advertiu o cura que o seucomportamento non era o correcto, pero non por iso dei-xou o pequeno de debuxar gatos. Debuxábaos, sinxela-mente, porque non podía deixar de facelo. Tiña o queadoito se denomina «o xenio do artista», e aínda que sófose por iso, xa non cumpría os requirimentos para seracólito.

Un día, despois de debuxar algunhas imaxes de gatosdo máis enxeñosas na pantalla de papel do biombo, ovello sacerdote reprendeuno:

—Meu fillo, debes abandonar este templo canto antes.Nunca serás un bo sacerdote, pero talvez si un grandeartista. E agora permíteme un último consello, e procuraque non che esqueza: evita os espazos grandes pola noite,confórmate cos pequenos!

O petís non sabía a que se estaba referindo o sacerdo-te. «Evita os espazos grandes pola noite, confórmate cospequenos!». Deulle voltas e máis voltas mentres ataba omacuto coa roupa a fin de marchar do templo, pero pormáis que o facía non alcanzaba a comprender o sentidodas súas palabras, e temía volver dirixirse ao relixioso, anon ser para se despedir.

Abandonou o lugar ensumido nun fondo pesadume.Non deixaba de reflexionar sobre a onde encamiñar os

26

Page 28: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

seus pasos. Se decidía regresar dereito para a casa, es-taba seguro de que o pai o castigaría por desobedecer osacerdote, así que esa opción tiña o seu lado negativo.De pronto recordou que na seguinte aldea, a unhas do-ce millas de distancia, había un gran templo. Oíra dicirque nel moraban varios sacerdotes, de tal maneira queresolveu acudir a eles e rogarlles que o acollesen comoacólito.

O que o neno ignoraba era que aquel templo estabacerrado. A razón da clausura era que un trasno atemori-zara os sacerdotes até o punto de provocar a súa fuxidae, de paso, apoderarse do lugar. Tras iso, ao caer a noi-te, un fato de guerreiros presentáronse no templo paralle dar morte ao trasno, pero nunca máis volveron veloscon vida. Ninguén lle contara endexamais nada diso aocativo..., de modo que percorreu o treito de camiño queo separaba da aldea coa esperanza de recibir un tratoafable por parte dos sacerdotes.

Cando chegou ao destino, xa empardecera, e todo omundo marchara para a cama. Enxergou o gran templodende o alto do castrelo, no extremo oposto da rúa princi-pal, e reparou en que dentro había luz. A xente que contaa historia, afirma que o trasno acostumaba prender esaluz coa finalidade de tentar os viaxeiros a que pedisenacubillo. O petís non o pensou dúas veces e encamiñou-se ao templo. Petou na porta. Nada, ningún ruído dooutro lado. Petou outra vez, e outra. Ao cabo, decidiuempurrala e a porta abriuse con suavidade; levou unhaboa alegría ao comprobar que estaba despechada. Entroue viu unha lámpada que se consumía..., pero nin rastrodos sacerdotes.

Coidou que seguramente algún deles non tardaría enpresentarse, así que sentou e esperou. Decatouse logo de

27

Page 29: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

que absolutamente todo no interior do templo se vía gris,poeirento e atacado de arañeiras. Díxose que sen dúbidaos sacerdotes aceptarían de bo grado a asistencia dunacólito, mesmo se só era para axeitar e manter limpo olugar. Preguntouse como era posible que permitisen quea voaxa se acumulase á envorca. De calquera maneira, oque máis lle gustou foron uns grandes biombos brancos,magníficos como superficie sobre a que debuxar gatos.A pesar da canseira, deu en buscar un estoxo; atopouno,e tamén tinta, coa que comezou a debuxar gatos.

Pintou infinidade de gatos sobre as pantallas dosbiombos, até que lle entrou un sono insoportable.A piques estaba de se deitar ao pé dunha das pantallascando de súpeto lembrou: «Evita os espazos grandespola noite, confórmate cos pequenos!».

O templo era inmenso. Estaba só. E en tanto refle-xionaba sobre aquelas palabras —pese a non acabar deentendelas—, por primeira vez sentiu un arreguizo de me-do, de modo que decidiu buscar un «espazo pequeno»no que durmir. Atopou un reducido armario cunha por-ta corredía; meteuse e pechouna. A seguir recostouse edurmiu a sono solto.

Ben avanzada a noite, acordou cun ruído estarrecedor:un boureo de golpes e gritos. Soaba tan terrible que inclu-so lle puña medo mirar pola regaña do pequeno armario,así que permaneceu inmóbil e, espavorecido, contivo arespiración.

A luz que alumaba o interior do templo extinguiu-se, pero os horribles sons continuaron e fixéronse se aca-so máis horribles. O lugar enteiro retumbou. Despois delongo tempo, reinou o silencio. Pero non por iso o pe-tís perdeu o medo a se mover. Non o fixo até que a luzmatinal do sol iluminou o armario e se coou pola regaña.

28

Page 30: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Foi daquela cando o pequecho abandonou o agochocon suma cautela e mirou a torto e a dereito. O primeiroque notou foi que o chan do templo estaba bañado desangue. E a continuación advertiu, xacente no medio daestancia, unha rata enorme e monstruosa —unha rata-trasno—, meirande ca unha vaca!

Pero quen ou que a matara? Non había nin homesnin outras criaturas á vista. De pronto, o meniño caeuna conta de que as bocas de todos os gatos que debuxaraa noite anterior estaban arroxadas e molladas de sangue.Comprendeu pois que o trasno morrera vítima dos felinosque el mesmo esborranchara. E tamén, por vez primeira,comprendeu por que o vello e sabio sacerdote lle dixe-ra: «Evita os espazos grandes pola noite, confórmate cospequenos!».

Pasado o tempo, ese petís deviría nun artista moi fa-moso. Algúns dos gatos que debuxou aínda se lles mos-tran aos viaxeiros no Xapón.

29

Page 31: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 32: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Fragmento

Languidecía a tarde cando chegaron á aba da montaña.Non había naquel lugar o menor rastro de vida: nin uncurso de auga, nin o máis leve indicio de plantas, nin som-bras ou aves que asucasen o ar. Nada senón a desolaciónque se eleva cara a máis desolación. E o cumio perdíaseno alto do ceo.

O bodhisattva10 dirixiuse daquela ao seu acompañan-te mozo:

—O que pediches ver, serache mostrado. Pero o lugarda Visión queda lonxe, e o camiño é arduo. Sígueme, enon temas: háseche conceder a forza necesaria.

A medida que ascendían, a luz crepuscular proxectá-base sobre eles. Non existía un camiño trazado, tampoucomarcas do tránsito previo de seres humanos; a senda dis-corría sobre un interminable montón de restroballo, defragmentos que rodaban ou viraban con cada nova pisa-dura. Unhas veces un despoxo caía pola ladeira abaixo,entre ecos xordos; outras, ao trepar neles, os restos gre-tábanse coma unha cuncha baleira. As estrelas brillaban,estremecidas, e a escuridade cinguíaos.

10N. do T. Termo procedente do sánscrito co que, no budismo, se lleaplica a aquel que procura a suprema iluminación (bodhi), isto é, queestá no camiño da budeidade.

31

Page 33: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

—Non temas, meu fillo —dixo o bodhisattva, ca-chazudo—. Por sombrío que o camiño sexa, non entrañaperigo.

Ascenderon baixo o ceo estrelado –rápido, cada vezmáis rápido–, remontando a pendente como socorridospor unha forza sobrenatural. Atrás foron deixando ban-cos de néboa; ás súas costas contemplaron, máis extensocanto máis escalaban, un silente e desbordado manto denubes semellante á superficie dun mar leitoso.

Escalaron hora tras hora, e as formas, cun renxer lene,tornaban invisibles a cada paso que daban. Fríos e tenueslumes acendíanse e apagábanse con cada esgazadura.

Nun momento dado, o mozo peregrino tocou algo sua-ve que non era unha rocha, alzouno e albiscou o descar-nado ceno da morte.

—Non quedes aí, fillo! —apremouno a voz domestre—. A cima que debemos coroar atópase aíndamoi lonxe.

Ascenderon entre as tebras, sen deixar de oír tras elesas leves e estrañas crebas. Viron os fogos xeados manar eextinguirse até que a linde da noite lle deu paso ao gris,as estrelas encomezaron a se disipar e a aurora despuntoupolo leste.

Mesmo así, continuaron a ascensión –rápido, cada vezmáis rápido–; socorridos por unha forza sobrenatural, re-montaban o reborondo terreo. Fronte a eles, agora, a frial-dade da morte, o silencio imperturbable... Unha chamadourada rutilou polo leste.

Entón, por vez primeira, o peregrino decatouse da nu-dez das escarpadas pendentes. Apoderouse del un tremor,un pánico terrible, pois non había chan baixo os seus pés;nin arriba, nin abaixo, nin aos lados. Tan só unha pía

32

Page 34: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

monstruosa e desmesurada de caveiras, de fragmentos decaveira e po de osamentas... Coruscaba unha sucesiónde dentes ciscallados ao chou, coma triscos brillantes decunchas que a marea arrastra.

—Non temas, meu fillo! —exclamou o bodhisattva—.Só aquel que posúa un corazón aguerrido poderá alcanzaro lugar da Visión!

Tras eles, o mundo esvaecera. Nada quedaba xa bar-dante o manto de nubes embaixo dos seus pés e o ceosobre as súas cabezas, así como o montón de caveiras enpirámide ascendente até onde alcanzaba a vista e alén.

Nese instante, o sol remontou xunto a quen remonta-ba; a súa luz non desprendía calor ningunha, senón unfrío tan cortante coma o gume dunha espada. E o horrorque infunde unha altura colosal e o pesadelo dun abismoe o terror do silencio non cesaron de aumentar, e amea-zaron o peregrino, e paralizárono... Así foi que de socatoquedou sen forzas e xemeu como un dormente xeme men-tres soña.

—Rápido, rápido, fillo! —exclamou o bodhisattva—.O día é curto e a cima está moi lonxe.

O peregrino proferiu un alarido.—Teño medo! Un medo atroz! Abandonáronme as

forzas!—Volverán, fillo —respondeu o bodhisattva—. Mira

para abaixo e para arriba e derredor, e dime que ves.—Non podo —esgorxouse o peregrino, trémulo e

atenazado—. Non me atrevo a mirar abaixo! Ante min,e arrodeándome, non vexo máis ca cranios humanos.

—E a pesar diso, meu fillo —dixo o bodhisattva,cunha leve risada—, ignoras de que está feita estamontaña.

33

Page 35: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O outro, conturbado, repetiu:—Teño medo! Un medo estarrecedor! Non hai outra

cousa máis ca caveiras de homes.—Unha montaña de caveiras, iso é —contestou o

bodhisattva—. Pero debes saber, meu fillo, que todaselas son a túa! Cada unha delas foi, nalgún momento,o refuxio dos teus soños, das túas arelas e ilusións. Ninunha soa é a caveira doutro ser. Todas, sen excepción,foron a túa, nos teus milleiros de millóns de vidaspasadas.

34

Page 36: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Unha lenda de Fugen-Bosatsu11

Era unha vez un sacerdote moi devoto e ilustrado cha-mado Shoku Shonin que vivía na provincia de Harima.Levaba unha chea de anos meditando acotío sobre o epi-sodio de Fugen-Bosatsu [o bodishattva Samantabhadra],contido no Sutra do loto da lei prodixiosa. Así, cada ma-ñá e cada noite, o home rezaba para que se lle permitisenalgún momento contemplar a viva presenza de Fugen-Bosatsu, coa mesma forma que se lle atribúe na descriciónrecollida no texto sagrado12.

Unha noite, mentres recitaba o sutra, amodorrouseaté quedar durmido sobre o seu kyosoku13. Soñou pois,

11N. do A. Do antigo libro de contos Jikkun-sho.12N. do A. O desexo do sacerdote probablemente estivese inspirado

nas promesas que se recollen no capítulo intitulado «The Encouragementof Samantabhadra» (véxase a tradución de H. Kern do Saddharma Pun-darika en Sacred Books of the East, pp. 433-434): «Entón o bodhisattvaMahâsattva díxolle ao Señor: “... cando un predicador que se entrega aeste Dharmaparyâya saia a dar un paseo, daquela, oh, señor, montarei aolombo dun elefante branco con seis cabeiros e dirixireime ao lugar ondese atope o predicador, a fin de protexer este Dharmaparyâya. E cando odito predicador, entregándose a este Dharmaparyâya, esqueza, xa unhapalabra xa unha sílaba, montarei ao lombo do elefante branco con seiscabeiros e mostrareille o meu rostro ao predicador, e repetirei enteiro es-te Dharmaparyâya». Pero estas promesas refírense á «fin dos tempos».

13N. do A. O kyosoku é unha especie de repousabrazos acolchado, ouunha banqueta, sobre o cal o sacerdote descansa un brazo mentres le.Non obstante, o emprego deste obxecto non é exclusivo do clero budista.

35

Page 37: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

e no seu soño oíu que unha voz lle dicía que, para vera Fugen-Bosatsu, debía acudir á casa de certa cortesácoñecida como a «Yujo-no-Choja»,14 habitante da aldeade Kanzaki. Tan pronto como espertou, puxo rumbo aKanzaki. Emprendeu a viaxe coa máxima celeridade echegou á aldea á tardiña do día seguinte.

Cando entrou na casa da yujo, bateu con que alí xaestaban congregadas unhas cantas persoas, sobre todohomes novos provenientes da capital, que se presentaranen Kanzaki atraídos pola celebre beleza da muller. Be-bían e festexaban ao tempo que, con grande habelencia,a yujo repenicaba un pequeno tambor de man (tsuzumi)en tanto entoaba unha canción: unha vella toada xapo-nesa acerca dun antigo santuario na vila de Murozumi.Dicía así:

Na pía15 sagrada de Murozumi, en Suwo,mesmo cando non sopra o vento

a súa tona está sempre sucada por ondas.

A dozura daquela voz encheu de asombro e de gozoos presentes. Ao que o sacerdote, nun aparte, escoita-ba e se marabillaba, a moza cravou a súa mirada nel; enese preciso instante o home viuna adoptar a forma deFugen-Botsasu; da súa fronte manou un feixe de luz que,ao lombo dun elefante branco con seis cabeiros, parecíatraspasar os confíns do universo. E malia todo non deixou

14N. do A. Unha yujo era, outrora, tanto unha cantante coma unhacortesá. Neste caso, o termo «Yujo-no-Choja» significaría sinxelamente«a primeira (ou a mellor) entre as yujo».

15N. do A. Mitarai ou mitarashi é o nome que reciben as pías deauga, ou fontes, ben sexan de pedra ou been de bronce, colocadas anteos santuarios xintoístas co fin de que os fieis purifiquen beizos e mansiñantes da oración. Non é este o nome para designar as pías budistas.

36

Page 38: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

de cantar, aínda que a canción para entón xa era outra;velaquí as palabras que chegaron a oídos do sacerdote:

No Vasto Mar da Cesación,o feito de que endexamais sopre o Vento dos Seis

Desexos e das Cinco Corrupcións,non impide que na superficie da súa profundidade

se arrolenas Ondas da Consecución da Realidade mesma.

Cegado polo raio divino, o sacerdote pechou os ollos,feito que non evitou que a Visión se filtrase a través dassúas pálpebras. Cando de novo abriu os ollos, a Visión es-fumárase: non vía senón o mozo co seu tambor de man, ea única toada que oíu foi a que remitía a auga de Murozu-mi. No entanto, decatouse de que cada vez que baixaba ascapelas dos ollos regresaba a el a imaxe de Fugen-Bosatsumontado ao lombo do elefante con seis cabeiros, e de quenos seus oídos soaba a Canción do Mar da Cesación. Osdemais alí presentes só vían a yujo, é dicir, a Visión nonse manifestaba perante eles.

Daquela, de socato, a cantante desapareceu da sala dobanquete sen que ninguén puidese dicir nin cando nin co-mo. O bulicio interrompeuse e a pena tomou o relevo dadita. Despois de buscar e agardar en baluto pola moza, aconcorrencia abandonou a peza con gran pesar. O derra-deiro en irse foi o sacerdote, conturbado polas emociónsque lle deparara o serán. Pero tan pronto como cruzou olimiar da porta, a yujo presentouse ante el, e díxolle:

—Amigo, non fales con ninguén sobre o que vichesesta noite.

37

Page 39: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Non ben acabou de pronunciar estas palabras, eva-porouse... e o ar quedou impregnado dunha deliciosafragrancia.

*

* *

O monxe, responsable da versión escrita desta lenda,traslada a seguinte observación:

... unha yujo é de baixa e miserable condición, pois vi-ve condenada a satisfacer a luxuria dos homes. Quen, porconseguinte, consideraría que semellante muller puideseser a nirmanakaya ou encarnación dunha bodhisattva?Non obstante, debemos lembrar que budas e bodhisattvasteñen a capacidade de presentarse neste mundo baixomúltiples e moi diversas formas; así é que elixen, paraservir o propósito da súa divina compaixón, incluso asaparencias máis humildes ou desprezables, sempre queestas vallan para conducir os homes ao camiño da verda-de, así como a salvalos dos perigos da irrealidade.

38

Page 40: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Perante a Corte Suprema

O gran monxe budista Mongaku Shonin16 di no seu libroKyo-gyo Shin-sho: «Moitos de entre os deuses que a xen-te reverencia son inxustos [jajin]: polo tanto, esa clase dedivindades non é loada por persoas que veneran as TresCousas Preciosas17. E mesmo aqueles que obteñen favo-res deses deuses en resposta ás súas pregarias, adoitantopar con que, máis adiante, tales favores non lles traensenón desgrazas». Esta máxima está ben ilustrada nunhahistoria recompilada no libro Nihon-Rei-Iki18.

Na época do emperador Shomu19, vivía no distrito co-ñecido como Yamadagori, localizado na provincia de Sa-nuki, un home chamado Fushiki no Shin. Tiña un únicodescendente, unha filla chamada Kinumé20. Kinumé eraunha moza ben xeitosa e moi forte; pero non ben cumpriuos dezaoito anos, unha perigosa enfermidade empezou a

16N. do T. Mongaku Shonin, monxe xaponés que viviu entre os séculosXII e XIII, é dicir, durante a derradeira etapa do período Heian e acomezos do Kamakura.

17N. do A. Sambo (Ratnatraya): o Buda, a Doutrina e o Sacerdocio.18N. do T. Compilación setsuwa (unha sorte de anecdotario) de temá-

tica budista, a máis antiga no seu xénero. Foi escrita por Kyokai entre787 e 824 e glosada en tres volumes.

19N. do A. Reinou entre os anos 724 e 749.20N. do A. Dourada flor da ameixeira.

39

Page 41: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

estenderse por esa rexión do país, e afectouna. Os seuspais e amizades fixeron ofrendas no seu nome ante o deusda peste, así como grandes sacrificios en prol da súa cu-ración.

Despois de xacer aletargada durante días, a rapazavolveu en si un serán, e ao facelo relatoulles aos pais osoño que tivera. Soñara que o deus da peste se lle aparecíae lle dicía:

—A túa xente rogoume con tanta entrega que te am-parase, e profesoume tal devoción, que realmente desexosalvarte. No entanto, non podo facelo a non ser que cheoutorgue a vida doutra persoa. Coñeces talvez outra mo-za que se chame igual ca ti?

—Lembro —respondeu Kinumé— que en Utarigori vi-ve unha rapariga co meu mesmo nome.

—Sinálama —dixo o deus ao que tocaba a dormente,e ao facelo, ela alzouse con el polos aires.

En menos dun segundo, ambos se encontraron dianteda casa da outra Kinumé, en Utarigori. Era noite, pero afamilia aínda non se retirara a descansar, e a moza estabaa lavar algo na cociña.

—É ela —apuntou a Kinumé de Yamadagori.O deus da peste quitou dunha bolsa escarlata colgada

da súa faixa un instrumento longo e afiado, con forma decicel. Entrou na casa e fendeu co afiado instrumento afronte da Kinumé de Utarigori, que caeu ao chan, agoni-zante. E a Kinumé de Yamadagori espertou, e relatou oseu soño.

Porén, xusto despois de narralo volveu ensumirse nunletargo. Permaneceu nese estado durante os tres días se-guintes, inconsciente. Os seus pais deron en temer o peor.E daquela, outra volta, ela abriu os ollos, e falou. Ergueu-se da cama case decontado, mirou axitada a un e outro

40

Page 42: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

lado do cuarto e saíu a lume de biqueira da vivenda, aogrito de:

—Esta non é a miña casa! Vós non sodes os meuspais...!

Acontecera algo estraño.Kinumé de Utarigori falecera tras recibir a estocada

do deus da peste. Os seus pais chorárana con amargor e omonxe do seu templo realizou un ritual budista pola súaalma; o seu corpo foi soterrado nun campo nos arrabaldesda localidade. A continuación, o seu espírito descendeuao Meido, o mundo dos mortos, e foi convocado ante otribunal de Emma-Dai-O, rei e xuíz das Almas. Pero nointre exacto no que o maxistrado pousou a mirada ribadela, exclamou:

—Esta rapaza é a Kinumé de Utarigori: non debeu virparar aquí tan pronto! Devolvédea ao mundo de Shaba21e traédeme a outra Kinumé, a de Yamadagori!

A seguir, o espírito da Kinumé de Utarigori xemeuante o rei Emma, e lanzou a súa queixa:

—Gran Señor, hai máis de tres días que morrín.A estas alturas, onde vai que o meu corpo foi incinerado;xa que logo, se me mandades de regreso ao mundo deShaba, que farei? As miñas carnes non son xa senóncinzas e fume... Non terei un corpo!

—Acouga —respondeu o terrible rei—. Concedereichea figura da Kinumé de Yamadagori, pois hanme traer oseu espírito en calquera momento. Non debes preocupar-te pola cremación do teu corpo: verás que o da outraKinumé é moito mellor. —Apenas acabara de expresarse

21N. do A. Nunha linguaxe coloquial, o mundo de Shaba (Sahaloka)designa o mundo dos homes, a rexión da existencia humana.

41

Page 43: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

cando o espírito da Kinumé de Utarigori reviviu no corpoda Kinumé de Yamadagori.

Sucedeu que, cando os pais da Kinumé de Yamadagoriviron que a súa filla doente fuxía entre berros de «Estanon é a miña casa!», supuxeron que perdera o sentido ecorreron tras ela, chamándoa:

—Kinumé, onde vas? Agarda un anaco, filla! Estásdemasiado débil para correr dese modo!

Pero a moza logrou deixalos atrás; apurara a carreirae non se detivo até chegar a Utarigori, á casa familiarda defunta Kinumé. Unha vez alí, entrou e atopouse cospais; saudounos, exaltada:

—Oh, que marabilloso é estar de volta na casa! Sodesde verdade vós, benqueridos pais?

Eles non a recoñeceron e tomárona por tola. Así atodo, a nai preguntoulle con tento:

—De onde vés, nena?—Veño do Meido —contestou—. Son a vosa filla, Ki-

numé, pois regresei de entre os mortos. Pero con outrocorpo, mi madre. —E relatou o acontecido.

Os seus proxenitores quedaron perplexos, sen saberque pensar.

Ao pouco, os pais da Kinumé de Yamadagori presen-táronse no lugar, á busca da filla. E entón ambos os paise ambas as nais departiron entre si e pedíronlle á mozaque repetise a súa historia, sen deixar de lle formular se-guido unha pregunta tras outra. Ela respondeunas todasde maneira franca e satisfactoria, para eliminar calqueraasomo de dúbida. Ao cabo, a nai da Kinumé de Yama-dagori, unha vez relatado o estraño soño que tivera asúa filla enferma, comunicoulles aos pais da Kinumé deUtarigori:

42

Page 44: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

—Asumimos que o espírito desta rapaza é o da vosafilla. Ao mesmo tempo, vós sabedes que o seu corpo é o danosa; cremos, por tanto, que ambas familias deberiamosmanter un vínculo con ela. De modo que vos pediriamosque en diante a consideremos filla das dúas familias.

Os pais de Utarigori aceptaron con gusto a proposta; eestá documentado que, co tempo, Kinumé habería herdaro patrimonio de ambas as dúas familias.

«Esta historia —di o autor xaponés da BukkyoHyakkwa Zensho— pode atoparse na parte esquerda daduodécima folla do primeiro volume do libro Nihon-Rei-Iki».

43

Page 45: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 46: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O comedor de soños

Mijika-yo ya!Baku no yumé kuHima mo nashi!

[Vaites, si que é curta esta noite nosa!Ao Baku non lle ha dar nin tempo a comer os nosos

soños!]

Antiga balada xaponesa

O nome da criatura é Baku, ou Shirokinakatsukami, ea súa particular encomenda consiste en comer os soños.Aparece representado e descrito das formas máis diver-sas. Atesouro un antigo libro que afirma que o Baku ma-cho ten o corpo dun cabalo, a face dun león, o tronco eos cabeiros dun elefante, o corno dun rinoceronte, a coladunha vaca e as gadoupas dun tigre. Pola súa banda, afemia Baku difire de xeito ostensible no tocante á súaconstitución; emporiso, tales diverxencias non se descri-biron todo o ben que sería desexable.

Na época do vello método chinés de aprendizaxe, erahabitual que houbese imaxes do Baku penduradas nas

45

Page 47: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

paredes das casas xaponesas, pois supúñase que estas re-presentacións exercían o mesmo efecto beneficioso ca acriatura en si. O meu vello libro contén a lenda acercadese costume:

«Cóntase no Shosei-Roku que Kotei, mentres cazabana costa oriental, tivo ocasión de coñecer a un Baku baixoa aparencia dun animal, pero coa facultade de falar dunhumano. Kotei dixo: “Posto que o mundo está tranquiloe en paz, por que aínda vemos trasgos? Se fai falla unBaku para terminar cos espíritos malignos, daquela máisvale colgar unha imaxe do Baku na parede da casa decadaquén. A partir dese instante, por máis que poidapresentarse algún prodixio malvado, este non causaríadano ningún”».

Pasa logo a enumerar unha longa listaxe de prodixiosmalvados, así como os signos da súa presenza:

«Cando a galiña pon un ovo brando, o nome do demoé Taifu.

»Cando as serpes aparecen enroscadas, o nome do de-mo é Jinzu.

»Cando os cans avanzan coas orellas avoltas, o nomedo demo é Taiyo.

»Cando o raposo fala con voz de home, o nome dodemo é Gwaishu.

»Cando aparece sangue na indumentaria dos homes,o nome do demo é Yuki.

»Cando o cunco do arroz fala con voz humana, o nomedo demo é Kanjo.

»Cando o soño nocturno é un soño maligno, o nomedo demo é Ringetsu».

46

Page 48: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

E non acaban aí as observacións do vello libro:

«Sempre que se produza un fenómeno maligno destaíndole, cumprirá invocar o Baku, e o espectro malvadoafundirase decontado un metro baixo terra.»

Sexa como for, non me vexo capaz de elaborar un dis-curso acerca dos prodixios malvados: pertence ao inex-plorado e perturbador mundo da demonoloxía chinesa, ea dicir verdade ten moi pouco que ver co tema do Bakuno Xapón. O Baku nipón coñécese comunmente como oComedor de Soños; e, no referente ao culto que se lle ren-de á criatura, o feito máis sobranceiro é que o carácterchinés que representa o seu nome acostumaba inscribirseen tons dourados sobre os almofadóns de madeira lacadade nobres e príncipes. En virtude deste carácter gravadona almofada, críase que o dormente quedaba protexidofronte a soños malignos. A día de hoxe, resulta enorme-mente complicado dar cunha almofada destas caracterís-ticas; incluso as imaxes do Baku (ou «Hakutaku», comoás veces se lle denomina) son xa difíciles de ver. No en-tanto, a antiga invocación do Baku sobrevive na linguaxepopular: Baku kuraë! Baku kuraë! [Devora, oh, Baku! De-vora o meu soño maligno!]. Cando un esperta ou ben dunpesadelo ou ben dun desafortunado soño, debe repetir esainvocación tres veces, e daquela o Baku comerá o soño, ocal propiciará que a desgraza ou o medo se transformenen boa sorte e ledicia.

*

47

Page 49: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Ía unha noite sufocante —era a época da GranCalor— cando vin o Baku por última vez. Acababa deespertar dun agónico transo, á Hora do Boi22, cando oBaku entrou pola xanela e me preguntou:

—Tes algo que poida comer?Respondinlle agradecido:—A fe que si! Escoita, bo Baku, este meu soño...»Encontrábame de pé no medio e medio dunha gran-

de estancia de brancas paredes, onde ardían as lámpadas,e, non obstante, a miña sombra non se proxectaba sobreo piso nu do cuarto. Alí, enriba dunha cama de ferro,contemplei o meu propio cadáver. Como morrera ou can-do morrera, iso é algo que non daba traído ao acordo.Había mulleres sentadas cabo do leito —unhas seis ousete—, pero non coñecía a ningunha. Non eran nin novasnin vellas, e ían vestidas de negro; tomeinas por carpidei-ras. Estaban sentadas en silencio, inmóbiles: non se oíao máis mínimo ruído, e por algún motivo considerei quedebía ser tarde.

»Nese preciso instante advertín algo na atmosfera daestancia que non sabería nomear..., un gran peso sobrea vontade, unha sorte de efecto invisible de atordamentoque aumentaba pouco e pouco. Entón as choradeiras co-mezaron a intercambiar furtivas miradas, e caín na contade que tiñan medo. Sen facer ruído, unha púxose de pé eabandonou o cuarto. Outra foi detrás, e axiña outra máis.Así, coa levidade dunha sombra, foron saíndo unha trasoutra. Quedei ao cabo a soas con meu cadáver.

22N. do A. Na antiga forma de medir o tempo no Xapón, a Hora do Boiera a das pantasmas. Principiaba ás dúas da madrugada e remataba áscatro, pois unha antiga hora xaponesa equivale a dúas horas modernas.Á súa vez, a Hora do Tigre encomeza ás catro da madrugada.

N. do T. Esta nota do autor foi rescatada doutro relato, «Ingwa-Banashi», recollido en In Ghostly Japan (1899).

48

Page 50: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

»As lámpadas seguían a consumirse, entrementres queo terror que impregnaba o ar se facía cada vez máis denso.As carpideiras marcharan asemade o percibiran. Maliatodo, tiña para min que aínda había tempo para escapar.Crin que podería demorarme unha miga sen que entraña-se risco. Unha curiosidade monstruosa fixo que quedase:quería contemplar o meu corpo inerte, examinalo de cer-ca... Chegueime. Mireino. E abraiei... de tan longo comome parecía..., anormalmente longo...

»Pareceume despois ver que unha das pálpebras tre-mía. Non obstante, cabe presumir que a aparencia dunmovemento fose produto de da chama trémula da lám-pada. Inclineime para observar... con cachaza, con sumocoidado, pois temía que os ollos se abrisen.

»“Son eu —pensei ao que me reclinaba—, e con todoresulta cada vez máis estraño!”. O rostro pareceu alon-garse... “Non son eu —pensei en segunda instancia, aotempo que me agachaba aínda un pouco máis—, perotampouco non pode ser ningún outro”. E o medo trans-formouse en pánico, un pánico terrible a que os ollos seabrisen...

»Abríronse! Abríronse dun modo arrepiante. E aquelacousa incorporouse; incorporouse da cama, cara a min, eabalanzóuseme. Xemía, rosmaba, esfolaba a pel! Oh, calnon sería a horrible demencia coa que lle plantei cara!Pero os seus ollos e os seus xemidos e o seu tacto eranrepulsivos; e todo o meu corpo semellaba estar a piquesde esbourar nun frenesí de ira cando —non sei como— vinque portaba na man un machado. E golpeei con el; fendín,esmaguei, encarniceime co Laión, até que fronte a min sóquedou unha masa informe, espantosa e pestilente..., osabominables vestixios de min mesmo.

49

Page 51: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

—Baku kuraë! Baku kuraë! Baku kuraë! Devora, oh,Baku! Devora o soño!».

—Non! —respondeu o Baku—. Endexamais como so-ños afortunados. E ese é un soño moi afortunado, tantocoma o que máis... O machado, si! O machado da Ex-celente Lei, segundo a cal o monstro do Ego queda porfin destruído! Non hai soño mellor ca ese! Meu amigo, eucreo nas ensinanzas de Buda.

E o Baku saíu pola fiestra. Procureino coa mirada...e seguino na súa escapada pola sucesión de tellados quebañaba o luar; chimpaba dun a outro en perfecto silencio,como o faría un maxestoso gato...

50

Page 52: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Historia dunha mosca

Haberá uns douscentos anos, vivía en Kioto un mercadorchamado Kazariya Kyubei. A súa tenda estaba situadana rúa Teramachidori, lixeiramente ao sur da estrada deShimabara. Dispuña para o seu servizo dunha serventachamada Tama, oriúnda da provincia de Wakasa.

O trato que Kyubei e a súa esposa lle dispensabana Tama era cordial, ao tempo que esta parecía profesarpor eles unha querenza sincera. Non obstante, a mozanunca se preocupou por vestir ben, cousa que si facíanas demais; de maneira que, non ben tiña un día libre,Tama saía á rúa vestida coa roupa de labor, a pesar deque lle regalaran máis dun fermoso vestido. Tras pretode cinco anos ao servizo de Kyubei, en certa ocasión estepreguntoulle por que a tiña sen coidado lucir un aspectoagradable a ollos do resto.

Tama, ante o reproche implícito naquela pregunta,arroibou, e respondeu dende o respecto:

—Eu era tan só unha pícara cando faleceron os meuspais. E, dado que era a súa única filla, houben de me ocu-par eu mesma da xestión dos oficios fúnebres budistas nasúa honra. Naquela época, non dispuña dos medios paralle facer fronte ao pago, polo que resolvín que, en can-to aforrase o capital necesario, mandaría colocar as súasihai [táboas funerarias] no templo que recibe o nome de

51

Page 53: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Jorakuji e contrataría a realización dos ritos. A fin deque isto sucedese, decidín aforrar os cartos que puidesee limitar o gasto en roupa. Talvez me excedese no meuafán por economizar, habida conta de que vostede con-sidera que desatendín o meu aspecto. Porén, nese tempodei xuntado a tal propósito uns cen mommé23 de pra-ta. De calquera maneira, de agora en diante esforzareimepor presentarme ante vostede cun porte pulcro. De modoque lle rogo que escuse a miña falta de coidado e a miñaaparencia basta do pasado.

Kyubei conmoveuse perante esta humilde confesióne dirixiuse á rapaza en ton afable; aseguroulle que, nosucesivo, debía sentirse libre para vestir como máis lleapracese, e loou de paso a súa filial devoción.

Ao pouco tempo de se producir esta conversa, a criadaTama puido mandar que colocasen as táboas dos pais notemplo Jorakuji, así como contratar os servizos. Do diñei-ro que aforrara, gastou 70 mommé, e os trinta restantespúxoos a recado coa súa señora.

Con todo e iso, a principios do inverno seguinte, Tamasufriu un repentino padecemento e, tras unha enfermida-de fulminante, encontrou a morte cando corría o undéci-mo día do primeiro mes do décimo quinto ano de Genroku[1702]. Kyubei e a súa dona chorárona con fondo pesar.

Decorridos xa dez anos dende aquilo, certo día unhagran mosca entrou na casa e comezou a voar en círcu-los sobre a cabeza de Kyubei. Este non puido por menos

23N. do T. Unidade de peso xaponesa equivalente a 3,75 gramos aunidade. Era a divisa corrente no Xapón medieval para o comercio daprata e do ouro; na actualidade, goza de recoñecemento internacional naindustria da perla e é así mesmo a unidade de peso habitual no comercioda seda.

52

Page 54: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

que sorprenderse, pois, por norma, nunca unha mosca,fose do tipo que for, aparecía durante a época do GranFrío, e menos se cabe as moscas de tamaño meirande,que rara vez se deixaban ver a non ser na estación cáli-da. A mosca era tan insistente e molesta que Kyubei aatrapou para sacala da casa, iso si, poñendo bo tino denon lle inflixir dano ningún, pois era un budista piadoso.A mosca non tardou en regresar, de modo que outra veztivo que atrapala e levala fóra. Pero entrou unha terceiravez, algo que á esposa de Kyubei lle pareceu raro.

—Pregúntome se non será Tama —dixo.Cómpre sinalar que os mortos, en particular aqueles

que pasan polo estado de Gaki24, por veces tornan enforma de insectos.

Kyubei botouse a rir e respondeu:—Se cadra conviña marcala para esclarecelo.Cazou a mosca e recortoulle a punta das ás cunhas te-

soiras, tras o cal se afastou a unha distancia considerableda vivenda e alí a ceibou.

Ao día seguinte, a mosca regresou. Kyubei seguía al-bergando dúbidas respecto a se a volta do insecto tiña ounon unha significación espiritual. Volveu collela, pintou-lle as ás e mais o tronco con béni (carmín), conduciunaao exterior, a unha distancia ben maior ca antes, e sol-touna. Mais ao cabo dun par de días o insecto regresou,pintado de vermello, e a Kyubei non lle quedou xa dúbidaningunha.

24N. do T. Elemento del folclore xaponés similar a un espírito ator-mentado –literalmente, «espectro famento»–. O seu alivio chega a travésdo ritual do ségaki, rito budista cuxo nome significa «alimentar os es-pectros esfameados» no que, entre outras cousas, se realizan ofrendasde viño ou arroz. Como personaxe, entronca non só cos seus iguais daChina, Tailandia ou Sri Lanka, senón tamén, aínda que dun modo máistanxencial, con outros europeos, como por exemplo as ánimas en penada Santa Compaña da mitoloxía galega.

53

Page 55: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

—Coido que é Tama —apuntou—. Algo quere... pero,que será?

A súa muller respondeu:—Aínda gardo os trinta mommé que aforrou. Talvez

queira que lle paguemos ese diñeiro ao templo en trocodos servizos budistas para co seu espírito. Tama mostrou-se sempre moi aprehensiva con respecto ao seu próximonacemento.

Mentres falaba, a mosca caeu da ventá de papel na quese pousara. Kyubei recolleuna e comprobou que morrera.

Así pois, marido e muller decidiron acudir dunha vezao templo e pagarlles aos monxes o diñeiro da rapari-ga. Meteron o cadáver da mosca nun estoxo e leváronocanda si.

Jiku Shonin, o sumo sacerdote do templo, ao escoitara historia da mosca, concluíu que Kyubei e a súa esposaprocederan da maneira correcta. A seguir, Jiku Shoninlevou a cabo un servizo ségaki polo espírito de Tama,e sobre o corpo da mosca recitou os oito pergameos dosutra Myoten. E o estoxo que contiña o seu cadáver foi en-terrado no camposanto do templo, e sobre este colocouseunha sotoba25, coa súa correspondente inscrición.

25N. do T. A sotoba, do sánscrito stupa, é unha fita de madeira –un piarde pedra durante o período Heian– sobre a que se esculpen elaboradasinscricións con fins funerarios.

54

Page 56: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Ikyrio26

Outrora, no barrio de Reiganjima, en Edo, había unhamagnífica tenda de porcelana chamada Setomonodana,rexentada por un potentado señor que respondía ao no-me de Kihei. Dende había moitos anos, este Kihei tiñaao seu cargo un capataz, Rokubei, baixo cuxa dirección onegocio prosperara, até que chegou un momento no quese fixo tan grande que Rokubei se sentiu incapaz de se-guir xestionándoo se non era coa axuda de alguén. Asífoi que pediu e obtivo permiso para contratar un asis-tente con experiencia, que non foi outro ca un dos seuspropios sobriños: un home novo de vinte e dous anos quedeprendera os fundamentos do comercio da porcelana enOsaka.

O sobriño demostrou ser un asistente moi avezado,mesmo máis vivo para os negocios ca o seu experimen-tado tío. Grazas ao seu labor, o negocio expandiuse caraa novas vías de comercio, o cal satisfixo abondo a Kihei.Emporiso, uns sete meses despois da súa chegada, o mozoenfermou, até o punto de que semellaba esmorecer. Con-vocaron os mellores médicos de Edo para que o tratasen,pero ningún logrou dilucidar a natureza da súa malura.

26N. do A. Literalmente, «espírito vivente», é dicir, a pantasma dunhapersoa que aínda vive. Un ikyrio pode separarse do corpo por efecto daira, para deseguida acosar e atormentar o individuo causante da dita ira.

55

Page 57: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Non lle pautaron tratamento, pois na súa opinión unhadoenza coas características daquela só podía estar causa-da por algún secreto pesar.

Rokubei supuxo que podía tratarse dun caso de malde amores. Así foi que lle dixo ao seu sobriño:

—Estiven a lle dar voltas a que, en vista de que aíndaes moi novo, é posible que forxases algún tipo de víncu-lo secreto que te fai infeliz, e que a iso responda a túamaltreita saúde. De ser isto certo, por suposto debes co-municarme todo o que te perturba. Aquí me tes ante ti,considérame o teu pai, a teor de que te atopas moi lonxedo fogar familiar; e se te agonías ou se te invade o des-consolo, debes saber que faría por ti o que se esperaríadun pai. Se o problema radica nos cartos, non temas enpedirmos, por grande que sexa a contía. Creo que estareien condicións de axudarche. E estou certo de que Kiheise mostra disposto a facer o que sexa necesario para con-tentarte e que te recuperes.

O mozo enfermo pareceu ruborizarse ante tan amablesofrecementos, e gardou silencio durante uns intres. Á finrespondeu:

—Xamais na vida esquecerei tan xenerosas palabras.Pero o certo é que non forxei vencellos secretos de nin-gunha caste, nin devezo por muller ningunha. Esta doen-za que prendeu en min non é a clase de mal que osmédicos poidan curar, e en ningún caso se trata dunhacuestión monetaria. En honor á verdade, hei de dicir quenesta casa me sentín tan perseguido que apenas me quedagana de seguir vivindo. En todas as partes, día e noite,xa na tenda, xa no meu cuarto, a soas ou en compañía,sentinme perseguido e martirizado decontino pola som-bra dunha dama. E nin se sabe a de tempo que vai quenon concilio o sono ao chegar a noite, pois tan pronto

56

Page 58: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

como pecho os ollos a sombra da muller agárrame polopescozo e trata de esganarme. De modo que non son quende quedar durmido...

—E por que non mo dixeras antes? —preguntouRokubei.

—Porque pensaba —contestou o sobriño— que nonserviría de nada. A sombra non é a pantasma dunha per-soa morta. Xorde do odio dunha persoa viva, unha persoaa quen ti coñeces moi ben.

—De quen se trata? —preguntou Rokubei con estu-por.27

—Da señora desta casa —borboriñou o mozo—. Daesposa de Kihei Sama... que desexa matarme.

Rokubei quedou desconcertado por esta confesión.Non cuestionou nada do relatado polo sobriño; con todo,non alcanzaba a comprender que podía motivar aquelmeigallo. Un ikyrio pode ter a súa orixe nunha decepciónsentimental ou xurdir a raíz dun amor vehemente... seno coñecemento da persoa da cal este emanou. Suporcalquera tipo de amor para este caso concreto non eraunha posibilidade: a dona de Kihei excedía con moitoa cincuentena. Porén, por outro lado, que puidera facero mozo empregado para espertar a xenreira dela, capazincluso de xerar un ikyrio? A súa conduta fora impoluta,cortés en todo momento e circunstancia, e desempeñaraas súas angueiras con honestidade. O misterio tiña enascuas a Rokubei. Pero... tras unha profunda reflexión,decidiu contarllo a Kihei e pregarlle que puxese enmarcha unha investigación.

27N. do A. Só a persoa enfeitizada ve un ikyrio. Para coñecer ou-tra mostra desta curiosa crenza, véxase o texto intitulado «The StoneBuddha» no meu Out of the East (páxina 171 da versión orixinal).

57

Page 59: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Kihei non daba creto, pero ben é certo que en corentaanos endexamais tivera motivos para dubidar da palabrade Rokubei. Xa que logo, convocou a súa esposa á maiorbrevidade e interrogouna con tacto, informándoa asema-de do que dixera o mozo doente. Ao primeiro, a mullerpalideceu e choricou, pero tras certa vacilación respondeucon franqueza:

—Supoño que o que contou o empregado novo acercado ikyrio é verdade. Aínda que debo confesar que tratei,como boamente puiden, de non revelar nin con palabrasnin con miradas o desagrado que esperta en min a súapersoa. Xa sabes que se lle dan moi ben os negocios, queé moi vivo en toda empresa que afronta. E décheslle ungrao moi alto de autoridade nesta casa... Concedíches-lle poder sobre os aprendices e a servidume. Por outrabanda, o noso único fillo, que debería estar chamado aherdar o negocio, carece de malicia e é moi fácil de em-belecar; así é que hai un tempo que veño pensando queo teu novo empregado podería aproveitarse das circuns-tancias para enganar o noso pequeno e riparlle todo opatrimonio. De feito, estou convencida de que podería,en calquera momento, sen a menor dificultade e sen asu-mir o máis mínimo risco, levar á ruína o noso negocio e onoso fillo. E con este convencemento en mente, non podoevitar temelo e odialo. Unha e outra vez desexei que fine.Mesmo desexei que estivese na miña man darlle morte...Si, sei que está mal odiar a alguén con esta saña, pero éun sentimento que me supera. Día e noite, téñolle dese-xado o mal a ese empregado. De maneira que non dubidoque puidese ver esa cousa da que lle falou a Rokubei.

—Que ridículo pola túa parte que te atormentase desemodo! —exclamou Kihei—. Até a data, ese empregadonon fixo nin unha soa cousa que se lle poida censurar. E ti

58

Page 60: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

provocácheslle un grave sufrimento... Vexamos, se o man-dase lonxe, co tío, a outra localidade, cres que melloraríaa túa consideración del?

—Con tal de non verlle o rostro nin oírlle a voz —res-pondeu a muller—, se o despides desta casa, creo queconseguirei aplacar o odio que fai agromar en min.

—Pon da túa parte —dixo Kihei—, pois se o seguesa odiar coa mesma intensidade, morrerá, e ti terás quecargar coa morte dun home que non nos fixo senón ben.Foi, en todos os sentidos, un servente excelente.

Acto seguido, Kihei realizou as xestións para a crea-ción dunha filial noutra cidade, e alí mandou a Rokubeie o seu asistente, para que ambos se fixesen cargo donegocio. A partir de entón, nunca máis o ikyrio volveuatribular o mozo, quen axiña recobrou a saúde.

59

Page 61: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 62: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

A historia de Chugoro

Hai moito tempo vivía no barrio de Koishikawa, en Edo,un hatamoto28 chamado Suzuki, cuxo yashiki29 estabasituado na marxe do Edogawa, non lonxe da ponte deNaka-no-hashi. E entre os servos de Suzuki había un as-higaru30 chamado Chugoro: un mozo lanzal, afable e in-telixente, a quen os seus compañeiros tiñan en moi altaestima.

Durante anos, Chugoro estivera ao servizo de Suzu-ki, e demostrara sempre un comportamento sen mácula,sen posible reproche. Pero aconteceu que o outro ashiga-ru descubriu que Chugoro tiña por costume abandonarcada noite o yashiki polo xardín, e non tornar até pou-co antes do abrente. Ao principio, ninguén lle comentounada respecto a tan estraño proceder, pois as súas ausen-cias non interferían cos seus quefaceres cotiáns, e sobre-entendíase que detrás habería algunha sorte de amorío.Mais, decorrido un tempo, Chugoro comezou a adoptar

28N. do T. Samurais do máis alto rango ao servizo do shogunato To-kugawa, a máxima figura militar e política do clan homónimo entre 1603e 1868, mentres que o poder relixioso e espiritual do país descansaba enmans do emperador.

29N. do T. Propiedade dun daymio –literalmente, «gran nome»–,membro da aristocracia xaponesa.

30N. do A. Os ashigaru eran os servos de menor rango dentro doestamento militar.

61

Page 63: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

unha aparencia deslucida e débil. Foi entón cando os seuscompañeiros, coa sospeita de que estaría involucrado nal-gunha embrolla de peso, decidiron intervir. Xa que logo,unha noite, xusto cando se preparaba para marchar, unservo de idade avanzada chamouno a un aparte e díxolle:

—Chugoro, meu amigo, sabemos que te escapules ca-da noite e que non volves até que esponta o día, e per-cibimos que non tes bo aspecto. Tememos que esteas afrecuentar malas compañías e que isto repercuta na túasaúde. E, a menos que estea na túa man ofrecer unhaexplicación convincente para a túa conduta, verémonosna obriga de informar o primeiro oficial. De calquera ma-neira, posto que somos os teus compañeiros e amigos,convirás en que estamos no noso dereito de coñecer asrazóns que te levan a saír noite tras noite, o que supónun claro quebranto das normas desta casa.

Chugoro parecía sentirse avergoñado e alarmado porestas palabras. Emporiso, tras un breve silencio, enca-miñouse ao xardín, co seu compañeiro ao rabo. Candoambos os dous se achaban lonxe dabondo do resto dogrupo, Chugoro detívose, e dixo:

—Contareicho todo, pero debes prometer que me gar-darás o segredo. Se revelas o que che vou dicir, caerá sobremin unha gran desgraza.

»Foi a inicios da pasada primavera –haberá uns cincomeses–, cando comecei a saír polas noites; a causa: unharelación amorosa. Unha tarde, cando volvía ao yashikitras lles facer unha visita aos meus pais, vin unha mullerá orela do río, a pouca distancia do acceso principal. Íaataviada como alguén de avoengo, e coidei que era raroque unha muller tan elegantemente vestida parase soanun lugar así, e desas horas. Porén, non considerei quetivese dereito a lle preguntar ren. Proseguín, e a piques

62

Page 64: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

estaba de deixala atrás sen dirixirme a ela cando deu unpaso adiante e me tirou pola manga. Comprobei daquelaque se trataba dunha muller nova e fermosa.

»—Quererás camiñar canda min até a ponte? —pre-guntoume—. Teño algo que dicirche. —A súa voz erasuave e melodiosa, e falaba sen parar de sorrir. Ese seusorriso era irresistible.

»De modo que a acompañei deica a ponte. De cami-ño comentoume que me vira decontino entrar e saír doyashiki, e que se encaprichara de min.

»—Gustaríame que foses o meu esposo —dixo—. Seche gusto, farémonos moi felices un a outro.

»Quedei sen palabras, pero debo dicir que me resul-taba encantadora. A medida que nos iamos aproximandoá ponte, volveu tirarme da manga e arrastroume até abeira mesma do río.

»—Metámonos —borboriñou, e turrou de min cara áauga.

»É bastante fondo, como sabes, de modo que axiñapasei a temela e tratei de opor resistencia.

»—Oh, non debes terme medo nunca! —E dalgún xei-to, ao sentir a súa man, quedei máis desvalido ca un petís.Sentinme coma aquel que, en soños, tenta fuxir á carreirae non é quen de mover nin brazos nin pernas.

»Mergullouse nas profundidades do leito do río, e amin con ela. Nin vin ni oín nin fun consciente de nadamáis até que me atopei camiñando ao seu carón a travésdo que semellaba un gran palacio cheo de luz.

»Non me mollara nin tiña frío. Todo ao meu redorestaba seco, era cálido e fermoso. Non comprendía ondeestaba, nin como chegara até alí. A muller levoume daman: atravesamos unha estancia tras outra –infinidadede salas, todas baleiras pero de grande elegancia– até

63

Page 65: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

que chegamos a un cuarto de invitados de mil tatamis31.Nun cubículo no extremo oposto, consumíanse as lám-padas, e os coxíns diríanse dispostos para un banquete;non obstante, non vin a ningún convidado. Instaloumeno lugar de honra, xunta o cubículo, tomou asento frontea min e dixo:

»—Velaquí o meu fogar. Cres que poderás ser feliznel? —preguntou, cun sorriso que a min me pareceu omáis fermoso do mundo.

»—Si —respondín conmovido.»E deseguida lembrei a historia de Urashima, e crin

que talvez ela fose a filla dun deus, aínda que non ouseipreguntarlle nada... Ao cabo dun momento entraron asserventas. Portaban viño de arroz e unha morea de pratosque colocaron diante nosa.

»Logo ela, sentada fronte a min, díxome:»—Esta noite será a nosa noite de vodas, pois gústo-

che; e isto que ves agora é o noso banquete.»Xuramos lealdade por espazo de sete existencias, e

tras a comida fomos conducidos a un dormitorio nupcial,que dispuxeran para nosoutros.

»Aínda era de mañá cedo cando espertou e me dixo:»—Meu amado, xa es a todas luces o meu esposo. Así

a todo, por razóns que non podo revelarche e polas quenon me debes preguntar, cómpre que gardemos o nosomatrimonio en segredo. Se seguises aquí até o amencer,custaríanos a vida a ambos. Polo tanto, prégoche que nonte amoles se che pido que regreses cas do teu señor. Estanoite poderás vir verme outra vez, e cada noite de agoraen diante, e á mesma hora que nos coñecemos. Agarda

31N. do A. Medida de superficie das casas xaponesas que equivale ámetade dun ken cadrado, o que á súa vez é algo menos de dous metroscadrados.

64

Page 66: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

por min sempre ao pé da ponte. A espera non ha ser lon-ga. Pero recorda, ante todo, que o noso matrimonio debepermanecer en segredo, e que, se o amentas, é probableque debamos separarnos para sempre.

»Prometín obedecela en todo –ao lembrar o destinode Urashima– e guioume por entre un montón de estan-cias, aínda baleiras e fermosas, até a entrada. A seguir,unha vez máis, tomoume polo pulso, e de repente todofoi escuridade; non gardo ningún outro recordo até vermesó á beira do río, nas proximidades de Naka-no-hashi. Ascampás aínda non tangueran á miña volta ao yashiki.

»Ao declinar a tarde retornei á ponte, á hora convidapor ela, e alí a atopei, esperándome. Conduciume, comaa vez anterior, cara ás profundidades, ao lugar de fantasíaonde pasaramos a noite de vodas. E dende aquela cadanoite volvín encontrarme con ela e volvín abandonala deidéntico modo.

»Sen dúbida, esta noite agardará por min, e antesmorrería que decepcionala; así pois, debo partir... Perodéixame que che rogue, meu amigo, que nunca lle men-ciones a ninguén o que che contei.

Esta historia colleu desprevido e alarmado o ashigaru demáis idade. Deulle a impresión de que Chugoro lle conta-ra a verdade. E a verdade abría unha serie de posibilida-des moi pouco prometedoras. Seguramente a experienciaao completo fose unha ilusión; unha ilusión produto dunmalvado poder cun fin maligno. Sexa como for, se enefecto Chugoro era preso dun meigallo, en tal caso eramáis digno de compaixón ca obxecto de reprimenda, eera por tanto probable que calquera intrusión acabaseen desgraza. De tal modo que o ashigaru respondeu conamabilidade:

65

Page 67: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

—Endexamais revelarei o que me relataches. Non, po-lo menos, mentres vivas e te atopes ben. Acude ao teuencontro coa muller, pero con todas as cautelas! Temoque algún espírito maligno estea tratando de engargue-larte.

Por toda resposta, Chugoro limitouse a sorrir ante aadvertencia do vello, e marchou a fume de carozo.

Unhas poucas horas máis tarde entrou no yashiki, untanto abatido.

—Víchela? —preguntoulle o seu compañeiro.—Non —contestou Chugoro—. Non estaba alí. Por

primeira vez, non estaba alí. Creo que nunca máis a vol-verei ver. Equivoqueime ao che revelar nada. Fun un pai-lán ao romper a miña promesa...

O outro tratou en van de consolalo. Chugoro recos-touse e non pronunciou unha soa palabra máis. Tremíados pés á cabeza, coma se collese un arrefriado.

Cando os sinos do templo anunciaron a alborada,Chugoro tentou incorporarse, pero caeu cara a atráse perdeu a conciencia. Era obvio que estaba enfermo,mortalmente enfermo. Mandaron chamar por un médicochinés.

—Pero como! Este home non ten sangue! —exclamouo doutor tras un exame minucioso—. Nestas veas non haisenón auga! Figúraseme moi difícil poder salvalo... Queclase de maleficio é este?

Fíxose o humanamente posible por salvar a vida deChugoro..., mais todo intento caeu en saco roto. Morreuao solpor. E entón o seu compañeiro revelou a súa historiade corde a corde.

66

Page 68: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

—Ah! Xa me parecía a min! —exclamou o médico—.Non hai nada que puidese salvado! Non é o primeiro queela destrúe!

—Ela, quen? Ou que? —preguntou o ashigaru—.Unha muller raposa32?

—Frecuenta o río dende antano. Encántalle o sanguedos homes novos...

—Unha muller serpe? Unha muller dragón33?—Non, non! Se a vises á luz do día, pareceríache unha

criatura repugnante.—Pero unha criatura de que clase?—Simplemente unha ra... Unha enorme e horrible ra!

32N. do T. A raposa ou kitsune é na mitoloxía xaponesa un animal coacapacidade de transformarse nun humano, polo xeral nunha rapariga.Chega a ser venerado como unha divindade e acostuma destacar polasúa astucia, polo que deu lugar a numerosas lendas nipoas.

33N. do T. No folclore xaponés, un dos yokai máis coñecidos é a nure-onna –literalmente, «muller mollada»–, con corpo de serpe e cabezade muller. Adoita aparecer descrita como un ser maléfico que lava opelo á beira dun río e que en ocasións asfixia a súa presa co seu longocorpo de réptil, ora por malicia ora como reacción violenta ao sentirseintimidada. Pola súa banda, a alusión a unha muller dragón seguramenteestea relacionada con Kiyohime, a quen é frecuente describir como unhabela moza que, tras se lanzar ao río en persecución do seu esquivo amado,tanta era a súa cólera que se converteu en metade muller e metadedragón.

67

Page 69: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 70: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Yuki-Onna

Nunha aldea da provincia de Musashi vivían dous leña-dores: Mosaku e Minokichi. Na época á que me remito,Mosaku era un home xa maior, namentres que Minoki-chi, o seu aprendiz, non era máis ca un rapaz de dezaoito.Acudían xuntos decotío ao bosque situado a cinco millasda aldea. De camiño debían atravesar o leito dun cauda-loso río, para o cal existe un servizo de transbordador.Edificárase en varias ocasións unha ponte ao pé do em-barcadoiro, pero sempre acabara derrubada polas inun-dacións. Non existía ponte construída á maneira habitualque resistise as ametencias.

Mosaku e Minokichi regresaban á casa a última ho-ra dunha tarde especialmente xélida cando os sorprendeuunha ciobra. Chegaron ao peirao, pero toparon con que obarqueiro marchara tras amarrar a barca na outra beira.O tempo non acompañaba como para cruzar o río a nado,polo que os leñadores decidiron gorecerse na cabana dobarqueiro..., crendo que eran afortunados por achar re-fuxio, por máis que este carecese de lar ou tan sequeradun lugar onde prender o lume. O espazo era de apenasdous tatamis34, cunha única porta e sen fiestras. Mosaku

34N. do A. Isto é, duns seis pés cadrados de superficie.

69

Page 71: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

e Minokichi pecharon a porta e deitáronse para durmir,cos seus chuvasqueiros de palla estendidos por riba de si.Ao principio non sentían demasiado frío, e confiaron enque a tormenta pronto amainase.

O máis vello dos dous prendeu no sono deseguida,mentres que o mozo, Minokichi, permaneceu un pedazolongo esperto, oíndo o ouveo do intenso vento e o continuoredobre da neve contra a porta. O río ruxía e a cabanaabalábase e renxía coma un xunco no mar. O temporalera terrible, e o aire volvíase cada vez máis glacial. Mino-kichi tremía baixo o chuvasqueiro. Pero ao final, a pesardo frío, tamén el conciliou o sono.

Espertouno a ciobra, que cun refoleo meteu unha pou-ca neve no interior da vivenda. A porta da cabana abríra-se e, grazas á luz que emanaba da neve (yuki-akari), viuunha muller dentro do cuarto: ía toda vestida de bran-co, estaba reclinada sobre Mosaku e exhalaba o seu bafocara a el; un fumegante alento abrancazado e brillante.Case de inmediato, a muller xirouse e debruzouse sobreMinokichi. Este quixo berrar, pero encontrouse con quenon era capaz de emitir o máis mínimo son. A muller debranco foi inclinándose sobre el, máis e máis, até que asúa face casemente tocaba a do leñador. Minokichi com-probou que era moi fermosa, aínda que os seus ollos lleproducían pavor. Durante uns instantes máis, ela seguiucoa mirada fita nel, logo sorriulle e murmurou:

—Viña con mentes de darche o mesmo trato que lledei ao outro home. Pero non podo evitar apiadarme de ti,pois es tan novo... Es un rapaz aposto, Minokichi; agoranon che inflixirei dano ningún. Así a todo, se algunhavez lle contas a alguén (inclusive a túa propia nai) o queviches esta noite, sabereino e matareite... Que non cheesqueza!

70

Page 72: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Con estas palabras, deu a volta e saíu da cabana polaporta. Nese instante el recobrou a capacidade de se mo-ver; ergueuse e ollou o exterior. Pero para daquela a mu-ller non se vía por ningún sitio, e a neve penetraba confuria no abeiradoiro. Minokichi cerrou a porta e asegu-rouse de atrancala ben con varios tarugos apoiados nela.Preguntouse se se abriría por efecto da ventada... Pensouque se callar aquilo fora un mero soño, e que confundirao fulgor da neve á altura da porta coa silueta dunha mu-ller vestida de branco; sexa como for, non estaba seguro.Chamou por Mosaku e asustouse ao ver que o vello nonrespondía. Estarricou o brazo nas tebras e apalpoulle orostro. Tíñao conxelado! Mosaku estaba teso e morto...

Coa amencida, a tormenta desaparecera, e cando obarqueiro regresou ao seu posto de traballo, pouco des-pois de raiar o día, encontrouse con que Minokichi xacíainconsciente xunta o corpo conxelado de Mosaku. Mino-kichi foi atendido decontado, e non tardou en volver ensi. Non obstante, non lle quedou máis remedio que pasarunha longa tempada de convalecencia polos efectos dofrío desa espantosa noite. Amais, levara un bo susto copasamento do seu ancián compañeiro; en todo caso, nondixo ren respecto á visión da muller de branco. Tan pron-to como recobrou a saúde, volveu aos seus quefaceres: di-rixíase ao bosque cada mañá e regresaba ao empardecer,cargado de leña que a súa nai lle axudaba logo a vender.

Unha tarde, ao inverno seguinte, cando regresaba ácasa, pasou por diante dunha moza que daba a casuali-dade de que viaxaba polo mesmo vieiro. Era unha rapa-riga alta e esvelta, moi atractiva, e correspondeu o saúdode Minokichi cunha voz tan melodiosa coma o rechou-chío dun paxaro. Entón el abeirouse a ela e principiaron

71

Page 73: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

unha conversa. A moza dixo chamarse O-Yuki35, contouque era orfa e que ía camiño de Edo, onde vivían al-gúns humildes parentes de seu que poderían axudala aatopar un emprego como serventa. Minokichi non tardounada en namorarse da moza, e canto máis a miraba, máisfermosa a vía. Preguntoulle se acaso xa estaba compro-metida, ao que ela, entre risas, respondeu que non tiñacompromiso ningún. A seguir foi ela a que quixo saberse Minokichi estaba casado ou prometido en matrimonio,e este contoulle que se ben só tiña unha nai viúva da quecoidar, o asunto dunha «respectable nora» aínda non oabordara, por ser el aínda tan novo...

Tras estas confidencias, continuaron a marcha duranteun bo anaco sen intercambiaren ningunha palabra máis;pero, como reza o dito: Ki ga aréba, mé mo kuchi hodoni mono wo iu: «Cando o desexo está presente, os ollospoden dicir tanto coma a boca». Á súa chegada á aldea,ambos se seduciran mutuamente, e así foi que Minokichiconvidou a O-Yuki a tomar un breve descanso na súa ca-sa. Tras algunhas tímidas vacilacións, ela acompañouno.A nai de Minokichi fíxoa sentir coma na casa e preparou-lle un prato de comida quente. O-Yuki tivo un compor-tamento tan exquisito que á nai de Minokichi axiña llecaeu en graza, de modo que a convenceu para atrasar asúa viaxe a Edo. Ao final, como era de esperar, Yuki nonculminou aquela viaxe a Edo. Ficou na casa, en calidadede «respectable nora».

O-Yuki demostrou ser unha magnífica nora. Cando anai de Minokichi pereceu –uns cinco anos máis tarde–,

35N. do A. Este nome, cuxo significado é «neve» é bastante común.En canto á onomástica feminina no Xapón, véxase o meu texto contidono volume titulado Shadowings (1900).

72

Page 74: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

as súas derradeiras palabras foron de afecto e gabanzapara coa esposa do fillo. E O-Yuki tivo dez pequenos conMinokichi, tanto nenos coma nenas, todos feitos e de pelmoi pálida.

Os aldeáns consideraban a O-Yuki unha persoa mara-billosa, de natureza distinta á deles. As máis das mulleresdo lugar adoitaban avellar a unha idade moi temperá; entroques, O-Yuki, mesmo tras parir dez fillos, parecía tannova e fresca coma o primeiro día que pisara a aldea.

Unha noite, despois de que os nenos se fosen deitar,O-Yuki cosía á luz dun fanal de papel. Minokichi, que aobservaba, dixo:

—Verte coser aí, coa luz que ilumina a túa cara, tráe-me ao acordo un estraño incidente que vivín cando era sóun rapaz de dezaoito anos. Resulta que vin unha persoatan fermosa e branca e pálida coma ti agora... De feito,asemellábase moito a ti...

Sen alzar en ningún momento a mirada da súa tarefa,O-Yuki contestou:

—Fálame dela... Onde a viches?Daquela Minokichi contoulle o episodio da terrible

noite na cabana do barqueiro, narroulle o acontecido coaMuller de Branco que se inclinara sobre el e, cun sorriso,borboriñáballe..., e faloulle da silandeira morte do velloMosaku. E dixo:

—Durmido ou esperto, velaí a única vez que vin unser tan fermoso coma ti. Por suposto, aquela muller nonera un ser humano, e púñame medo, mesmo pavor, peroé que era tan branca, que eu... Con franqueza, nuncasouben se todo foi produto dun soño meu ou se a Mullerda Neve...

73

Page 75: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O-Yuki interrompeu de pronto o seu labor de costu-ra, púxose en pé e alombouse sobre o sitio onde estabasentado Minokichi, para lle espetar:

—Era eu, eu e eu! Yuki, esa era! E advertinche de quete mataría se algunha vez dicías unha soa palabra ao res-pecto! Se non fose por eses cativos que dormen aí ao lado,mataríate agora mesmo! Pola conta que che trae, máis va-le que coides moi moi ben deles, pois se algunha vez teñenqueixa túa, encargareime de darche o teu merecido!

Malia que non deixaba de berrar, a súa voz ía facéndo-se cada vez máis tenue, coma o laio que acompaña unhaventada; logo esvaeceu nunha calixe branca e coruscanteque ascendeu arremuiñada até as trabes e que se disipoua través do oco da cheminea... Nunca máis volveron vela.

74

Page 76: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Rokuro-Kubi

Hai case cincocentos anos había un samurai chamado Iso-gai Héïdazaëmon Takétsura ao servizo do señor Kikuji,en Kyushu. O tal Isogai herdara dos seus belixerantes de-vanceiros un don natural para a práctica militar, así comounha forza extraordinaria. En sendo aínda un neno, su-perara os seus mestres na arte da espada, o arco e a lanza,e demostrara posuír todas as virtudes dun afouto e hábilsoldado. Máis tarde, con ocasión da guerra de Eikyo36, fi-xo sobrados méritos para que lle concedesen os máis altoshonores. Pero cando a casa de Kikuji caeu en desgraza,Isogai atopouse sen señor ao que servir. É posible quenon lle resultase demasiado difícil encontrar un posto aoservizo doutro daimyo, mais como nunca antes cobizaraa súa gloria persoal e dado que o seu corazón seguía a llegardar fidelidade ao seu antigo señor, preferiu retirarsedo mundo. De modo que cortou o pelo e se converteunun monxe erradío, baixo o nome budista de Kwairyo.

Non obstante, sempre baixo o koromo37 de monxe,no corazón de Kwairyo seguiu habitando a ardentía dosamurai. De igual maneira que no pasado se rira das ad-versidades, agora desdeñaba o perigo, e, en condicións

36N. do A. A era de Eikyo durou de 1429 a 1441.37N. do A. A parte superior da indumentaria do monxe budista recibe

este nome.

75

Page 77: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

climáticas de toda índole e sen importar a estación, via-xou para reverenciar a boa Lei a lugares onde ningúnoutro monxe se aventurara xamais, pois naquela épocaimperaban a violencia e o caos, e os camiños non eranseguros para o viaxeiro solitario, por máis que se tratasedun monxe.

No transcurso da súa primeira viaxe longa, Kwairyotivo a oportunidade de visitar a provincia de Kai. Unhatarde, consonte se internaba nas montañas da dita pro-vincia, a escuridade cercouno nunha zona especialmentesolitaria, a moitas leguas da aldea máis próxima. Por con-seguinte, tivo que se resignar a facer noite baixo o estre-lado ceo raso. Xunto ao camiño, deu cun recullo de herbaapropiado para o seu descanso, e alí se deitou e se dispu-xo a durmir. Sempre se conformara con moi pouco; in-cluso, á falla de algo mellor, era quen de considerar queunha rocha núa podía ser unha boa cama, e a raiceiradun piñeiro, unha estupenda almofada. Era de constitu-ción ferreña e tíñanlle sen coidado o resío ou a choiva, ocarouxo ou a neve.

Acababa de tombarse cando un home apareceu polocamiño, machado en man e cun voluminoso atado de le-ña. Aquel home, un leñador, detívose ao ver a Kwairyodeitado e, tras un instante de muda contemplación, diri-xiuse a el con evidente ton de sorpresa:

—Que clase de home é vostede, bo señor, que ousadeitarse só nun lugar coma este? Estas terras están ha-bitadas por espíritos... en gran número. Acaso non temeas cousas peludas?

—Meu amigo —respondeu animadamente Kwairyo—.Non son máis ca un monxe errante..., un «Hóspede daNube e a Auga», como lle chama a xente: Un-sui-no-

76

Page 78: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

ryokaky, e non me producen o máis mínimo temor ascousas peludas, se ao que se refire é a raposos ou a teixu-gos maléficos, ou a calquera outra criatura similar. Cantoaos lugares solitarios, agrádanme: son bos para a medi-tación. Estou afeito a durmir á intemperie, e aprendín anon me angustiar na vida.

—Dende logo é vostede un home valente, señor mon-xe —contestou o leñador—, para se botar a durmir aquí.Este lugar ten mala fama, moi mala fama. Pero, comoben di o refrán: Kunshi ayayuki ni chikayorazu [O homesuperior non se expón ao perigo sen necesidade]; e podoasegurarlle, señor, que durmir aquí entraña un gran pe-rigo. Así pois, aínda que a miña casa non é máis ca unhamiserenta choupana co teito de palla, prégolle que veñacomigo. Comida non lle podo ofrecer; nada teño para dar.Pero, cando menos, teito si. E dese modo poderá durmirseguro.

O home falou con palabras honestas, e Kwairyo, sedu-cido por aquel ton amable, aceptou a súa modesta ofer-ta. O leñador guiouno a través dunha verea angosta quepartía do camiño principal, montaña arriba, por entre osbosques. A senda era accidentada e perigosa, bordeadanalgúns treitos por precipicios; a veces non había no chanmáis ca unha maravallada de esvaradías raíces onde pi-sar, e outras veces, en cambio, transcorría por encima ouentre abruptos penedos.

Con todo e iso, ao final Kwairyo arribou a un clareirono cumio, alumeado polo luar. Ante si descubriu unhapequena cabana cunha cálida luz no interior. O leñadorconduciuno a un alboio na parte de atrás da casa, atéonde chegaba a auga procedente dun regacho próximoa través dunhas canalizacións feitas con bambú. Ambosos homes procederon a lavar os pés. Tras o alboio había

77

Page 79: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

unha horta e un arboredo de cedros e bambús, e máisalá, o tenue fulgor dunha cachoeira, que caía dende unhaaltura considerable e se bambeaba á luz da lúa coma ungran vestido branco.

Cando Kwairyo entrou na choupana acompañado doseu guía, bateu con catro persoas –homes e mulleres– quequentaban as mans ao amor do cativo lume prendido noro38 do espazo principal. Saudaron o monxe cunha reve-rencia, con suma civilidade. Kwairyo asombrouse de quepersoas tan humildes, que moraban nun lugar tan soli-tario e apartado, tivesen presentes as formas de cortesía.«Estas persoas son boa xente —pensou— e deberon deaprender as normas de cortesía de alguén ben relaciona-do», e logo, dirixíndose ao seu anfitrión (o aruji ou amoda casa, como lle chamaba o resto), Kwairyo dixo:

—Da amabilidade das súas palabras, e da cordialidadeda benvida que me brindaron os aquí presentes, infiro quenon sempre foi leñador. É se cadra posible que pertencesenoutro tempo á clase alta?

O leñador respondeu cun sorriso:—Non se equivoca, señor. Pese a que agora me vexa

vivir así, noutro tempo fun alguén distinguido. A miñahistoria é a historia dunha vida arruinada... pola miñapropia culpa. Adoitaba estar ao servizo dun daimyo, cunrango nada desestimable, debo dicir. Pero gustábanmedemasiado as mulleres e o viño. Así é que, imbuído polapaixón, actuei dun modo rastreiro. O meu egoísmo le-vou a ruína á miña casa e causou a morte de moitas per-soas. Máis tarde recibín un castigo, e fuxín durante longo

38N. do A. Especie de pequeno lume que, como aquí se describe, seacende no chan dunha estancia. O ro é, por norma xeral, unha cavidadeoca con forma cadrada revestida de metal e chea de cinzas até a metadeda súa capacidade, na cal se queima o carbón.

78

Page 80: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

tempo. Agora rezo a miúdo para que me sexa concedidaa posibilidade de emendar todo o mal ocasionado e res-taurar o bo nome da miña ancestral estirpe. Malia quetemo que nunca darei coa forma de logralo. Sexa comofor, trato de sobrepoñerme ao karma dos meus erros pormedio dun arrepentimento sincero e mediante o auxilio,na medida das miñas capacidades, dos malandantes.

Este anuncio de loable determinación compraceu aKwairyo, que lle dixo ao aruji:

—Meu amigo, tiven ocasión de notar que os homescon propensión á loucura durante a mocidade poden, pa-sados os anos, vivir coa maior e máis franca rectitude.Nos sutras sagrados está escrito que aqueles que unha vezfixeron gala do comportamento máis condenable podendevir, a por de adoptar bos propósitos, nos máis sensa-tos. Non teño dúbida de que ten vostede bo corazón, eespero que ache mellor fortuna. Esta noite recitarei ossutras no seu honor e rezarei para que reúna a forza coaque superar o karma de calquera erro pasado.

Unha vez feitas estas declaracións, Kwairyo deulle aboa noite ao aruji, e o seu anfitrión conduciuno a uncuarto anexo moi pequeno, onde había unha cama pre-parada para el. Nese momento marcharon a durmir todosagás o monxe, que se puxo a ler os sutras á luz dunhalanterna de papel. Leu e orou por espazo dunha hora. Lo-go abriu un pequena xanela do seu minúsculo dormitoriopara contemplar a paisaxe por última vez iñantes de sedeitar. Ía unha noite fermosa: ceo límpido, nin traza devento, intenso luar que ao filtrarse entre a ramaxe e as fo-llas perfilaba as súas sombrías siluetas e facía esmuxicara rosada da horta. O canto dos grilos comúns e dos griloscampá creaba unha algazara musical, mentres que o ru-mor da cascada próxima se intensificaba en plena noite.

79

Page 81: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O gurgullar provocou que de repente Kwairyo sentise se-de, e como lembrou que había un conduto de canas debambú na parte traseira da vivenda, pensou en ir até alíe saciala sen molestar a quen xa durmise. Descorreu congran delicadeza as portas corredías que separaban o seucompartimento do resto da casa e, á luz da lanterna, viucinco corpos recostados... sen cabeza!

Por un momento quedou copado, ao imaxinar que seperpetrara un crime. Pero ao cabo duns intres decatou-se de que non había ningún regueiro de sangue, e quenos pescozos non se apreciaban signos de decapitación.Reflexionou: «Quer é un delirio creado polos trasgos ma-léficos, quer deixei que me enganasen e acabei na moradadun Rokuro-Kubi... No libro Soshinki39 está escrito que,no caso de que un se afociñe co corpo decapitado dunRokuro-Kubi e opte por movelo de sitio, entón a cabezanunca máis poderá aquelarse outra volta no seu pescozo,e explica tamén que cando a cabeza regresa e se decata deque o seu corpo xa non está aí, golpea o chan tres veces,coma os botes dunha pelota, ampea como amedrentadae deseguida fenece. Polo tanto, se estes corpos pertencena Rokuro-Kubi, non me espera nada bo..., de modo queestaría xustificado que proceda conforme ás instruciónsdo libro...».

Agarrou o corpo do aruji polos pés, arrastrounoaté a fiestra e guindouno por ela. Logo camiñou até aporta de atrás e viu que tiña o ferrollo botado, do quededuciu que as testas deberan saír polo oco do tiro dacheminea ao tellado, que estaba aberto. Desatrancou aporta e saíu, e coa máxima cautela dirixiu os seus pasos

39N. do T. Compilación de máis de catrocentas lendas de temáticasobrenatural que glosou o historiador chinés Gan Bao contra o séculoIV.

80

Page 82: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

ao pequeno bosque. Oíu voces e dirixiuse cara a elas;avantou con sixilo dunha sombra á outra até chegar a unbo acocho. Daquela, oculto tras un tronco, entreviu ascabezas –as cinco–, que voaban despreocupadas. Comíanos vermes e bechos que encontraban polo solo ou entre asárbores. Nun momento dado, a cabeza do aruji deixoude comer e dixo:

—Ah, o monxe viaxeiro que veu esta noite! Benia,canta carne ten o seu corpo! Unha vez que o inxiramostodo, os nosos estómagos quedarán saciados. Non estivennada avezado ao lle falar como o fixen; non provoquei se-nón que quixese recitar sutras pola miña alma! Acercarsea el mentres recitaba había ser complicado, e non pode-mos tocalo en canto estea recitando. Pero como a noitecase empeza a albear, é posible que xa durma... Que unde vosoutros vaia para a casa a comprobar que fai.

Outra cabeza –a dunha muller nova– alzouse axiña evoou presta cara á casa coa lixeireza dun morcego. Aocabo duns minutos, regresou e voceou alarmada:

—O monxe viaxeiro non se atopa na casa! Marchou!Pero o peor non é iso. Levou canda si o corpo do nosoaruji. Descoñezo onde o colocou.

Ante semellante anuncio, a cabeza do aruji –ben vi-sible á luz da lúa– adoptou unha expresión horrible: osseus ollos abríronse dun xeito monstruoso, os seus cabe-los encrecháronse coma se fosen sedas e os seus dentesrincharon. Proferiu un berro e, ao que rodaban bagullasde cólera polas súas faceiras, exclamou:

—Posto que o meu corpo foi movido, xa non me haser posible unirme a el! En consecuencia, debo morrer!E todo por culpa dese monxe! Pero antes enfrontareime ael! Esnaquizareino...! Devorareino...! Velaí o está! Detrásdesa árbore! Mirádeo! Será covarde ese pedazo de carne!

81

Page 83: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

E no mesmo instante a cabeza do aruji, seguida dasoutras catro, abalanzouse sobre Kwairyo. Pero para en-tón o varudo monxe xa estaba armado cunha rama quepartira dunha árbore nova. Aporreou con ela as cabezasque, unha tras outra, se botaban enriba del; as trompa-das eran dunha gran violencia. Catro cabezas fuxiron.Pero a do aruji, por máis golpes que lle propinaba, noncesaba no seu empeño de lle plantar cara ao monxe, easí foi que á fin logrou agarrarse á manga esquerda doseu hábito. Kwairyo, con todo, espeliuse e asiu a testapolo moño para golpeala de forma reiterada. A cabeza,non obstante, non quixo soltalo, aínda que logo emitiuun laio prolongado e a continuación morreu. Porén, osseus dentes seguían aferrados á súa manga. E, por máisforza que se lle supuña, Kwairyo non foi quen de forzara apertura da queixada.

Coa cabeza inerte aínda pendurada da manga do há-bito, o monxe tornou á casa, e alí viu os outros catroRokuro-Kubi encrequenados xuntos, coas cachamúas ma-goadas e ensanguentadas unidas aos seus corpos. Ao veloaparecer pola porta traseira, gritaron:

—O monxe! O monxe! —E liscaron pola porta prin-cipal, en dirección ao bosque.

Cara ao leste, o ceo comezaba a clarear; estaba a pun-to de amencer, e Kwairyo sabía que o poder dos tras-nos malignos se limitaba ás horas de escuridade. Miroua cabeza que lle colgaba da manga –toda manchada desangue e escuma e lama– e soltou unha gargallada men-tres cismaba: «Que miyagé40..., a cabeza dun espírito!».Acto seguido, recolleu as súas pertenzas e, con absoluta

40N. do A. Denomínase así o galano entregado a amizades ou familiaresá volta dunha viaxe. Naturalmente, polo xeral o miyagé consiste en algoprocedente da localidade que se visitou. Velaí a graza na observación deKwairyo.

82

Page 84: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

despreocupación, descendeu pola montaña para conti-nuar a viaxe.

Non se detivo até chegar a Suwa, en Shinano. E entroucon paso solemne na avenida principal, coa cabeza colga-da do ombreiro. As mulleres da localidade desfalecían e acativada berraba e corricaba; a xente apiñouse en mediodun clamor, até que os torité (así se lle chamaba entón ápolicía) arrestaron o monxe e levárono preso, pois figurá-ronse que a cabeza debía ser a dun home que asasinarae que, no momento de morrer, pegara unha dentada namanga do seu executor.

Pola súa parte, Kwairyo non fixo senón sorrir e gardarsilencio cando procederon a interrogalo. Deste xeito, traspasar unha noite en prisión, foi levado perante os maxis-trados do distrito. Pedíronlle daquela que explicase comoel, un monxe, acabara cunha cabeza humana agarrada amanga, e que razón o levara a pasear sen ningún reparo,xactancioso do seu crime, á vista de todos.

Kwairyo riu ás gargalladas, e despois dixo:—Señores, non fun eu quen atou a cabeza á miña

manga. Foi cousa dela, moi ao meu pesar. E non cometíncrime ningún, pois esta non é a cabeza dun home senón adun espírito maligno. E, se ben é verdade que lle provo-quei a morte, non houbo derramamento de sangue, senónque foi o resultado dunha necesaria acción de autodefen-sa —explicou, para despois pasar a relatar o incidente nasúa totalidade, sen lograr reprimir unha risada mentresdetallaba o seu encontro coas cinco cabezas.

Ende mal, os maxistrados non riron. Xulgaron que eraun frío criminal, e a súa historia, un insulto á intelixen-cia. Xa que logo, ao non haber máis preguntas, decidironordenar a súa inmediata execución... Así o determinarontodos catar un, un ancián. Este home de moi avanzada

83

Page 85: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

idade non abrira a boca ao longo do xuízo, pero despoisde escoitar as opinións dos seus colegas, ergueuse e dixo:

—Antes de nada, realicemos un exame minucioso dacabeza; algo que, ao meu entender, aínda non se fixo.A testa poderá confirmar se o monxe contou a verdade...Traédea aquí!

E a cabeza, que entre os dentes aínda tiña o retallodo koromo retirado dos ombreiros de Kwairyo, foi levadaante os xuíces. O ancián deulle unha e mil voltas, escu-driñouna e descubriu, na caluga, unha serie de estrañoscaracteres de cor vermella. Informou os seus colegas doachado, como tamén chamou a súa atención sobre o feitode que o pescozo non presentaba síntomas de mutilacióncon arma ningunha. Ao contrario: a liña de separaciónera limpa, coma a dunha folla que con naturalidade sedesvincula do talo.

Despois, o ancián dixo:—Non teño ningunha dúbida de que o monxe nos di-

xo a verdade. Esta cabeza pertence a un Rokuro-Kubi.Segundo o libro Nan-ho-ï-butsu-shi, sempre hai deter-minados caracteres vermellos na brouca dun auténticoRokuro-Kubi. Védeos aí: comprobade vós mesmos quenon están pintados. É máis, é sabido que os espíritos ma-lignos moran nas montañas da provincia de Kai dendetempos inmemoriais... Pero vostede, señor —exclamou,dirixíndose a Kwairyo—, que clase de monxe recho é?Xaora que amosou unha braveza reservada a moi poucoscenobitas, e ten un aire máis marcial ca monacal. Diga,foi xacando un samurai?

—Supón ben, señor: fun —respondeu Kwairyo—. An-tes de ordenarme monxe, manexei armas durante lon-go tempo, e naquela época non me puñan medo ningúnnin os homes nin o mal. O meu nome entón era Isogai

84

Page 86: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Héïdazaëmon Takétsura, natural de Kyushu; poida quealgún de vostedes o recorde.

Coa mención dese nome, percorreu a sala un murmu-rio de admiración, pois moitos dos presentes, en efecto,si o lembraban. E Kwairyo sentiu de inmediato que es-taba entre amigos en lugar de perante maxistrados, unsamigos desexosos de demostraren a súa admiración confraterna cordialidade. Escoltárono con honores até a re-sidencia do daimyo, quen lle deu a benvida, ofreceu unbanquete na súa honra e lle entregou un magnífico aga-sallo antes de deixalo partir. Cando Kwairyo se foi deSuwa, estaba todo o feliz que un monxe pode estar nes-te mundo no que se está de paso. No tocante á cabeza,levouna canda si... baixo a insistencia xocosa de que aconsideraba un miyagé.

E agora xa só resta por contar que foi da cabeza.

Un par de días despois da súa marcha de Suwa,Kwairyo bateu cun bandido que o asaltou nun solitariolugar e que o cominou a desprenderse da roupa. O monxequitou o koromo e ofreceullo ao asaltante, quen só entónse decatou do que colgaba da manga. Aínda sendo o ou-sado que era, o bandoleiro conturbouse: deixou caer ohábito ao chan e recuou dun chouto mentres berraba:

—Pero que clase de monxe é vostede? Se é peor homeca min! Non nego ter matado xente, pero nunca na vidafun por aí coa cabeza de ninguén atada á manga... Enfin, señor monxe, figúrome que estamos feitos da mesmapasta, e debo dicirlle que... o admiro! Podería atemorizara xente con iso que vostede leva. Hamo vender? Doulleroupa a cambio do seu koromo, amais de cinco ryo polacabeza.

85

Page 87: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Kwairyo respondeu:—Xa que insiste, deixarei que quede coa cabeza e mais

co hábito, pero debo advertilo de que non é a cabeza dunhome, senón a dun espírito maléfico. De maneira que, encaso de que ma merque e lle ocasione algún problema,por favor teña presente que eu non o enganei.

—Pero que monxe tan afable! —exclamou o asaltan-te—. Mata homes e chancéase coa fazaña. Eu, pola con-tra, fálolle con franqueza: velaí lle queda a miña roupae velaquí os cartos... Entrégueme pois a cabeza... Quesentido ten chancearse?

—Súa é —dixo Kwairyo—. Non me chanceaba. A úni-ca graza, se é que a hai, está en que vostede estea dispostoa pagarme pola cabeza dun espírito maléfico.

E Kwairyo, entre sonoras gargalladas, proseguiu o seucamiño.

Así foi como o atracador obtivo a cabeza e o koromo,e durante un tempo xogou a ser o monxe maléfico asal-tador de camiños. Pero, cando arribou a Suwa, coñeceua verdadeira historia da cabeza e, a partir dese instan-te, deu en temer que o espírito de Rokuro-Kubi puideseocasionarlle problemas. Chegou á conclusión de que de-volvería a cabeza ao lugar do que proviña; soterraríaaxunta o corpo.

Deu co camiño á apartada cabana nas montañas deKai, pero alí non había ninguén e non logrou saber oparadoiro do corpo. En consecuencia, enterrou a cabezasoa, no cativo bosque na parte de atrás da casa. Mandoucolocar unha lápida sobre a burata e oficiar un ségaki poloespírito do Rokuro-Kubi. E esa lápida –coñecida como aLápida de Rokuro-Kubi– pode verse (así o específica polomenos o narrador xaponés) incluso na actualidade.

86

Page 88: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Mujina

Na estrada de Akasaka, en Toquio, hai unha costa cha-mada Kii-no-kuni-zaka, é dicir, a costa da provincia deKii. Descoñezo por que se chama así. A un lado da cal-zada hai unha gabia ancha e fonda, tras a cal se elevanunha serie de támaras verdes que dan lugar a xardíns; e,no extremo contrario, esténdese o longo e alto muro dunpalacio imperial. Antes da época das lámpadas a pé derúa e dos jinrikishas41, ao caer a tarde esta zona carac-terizábase pola súa atmosfera solitaria, e os viandantestardíos preferían ter que se desviar moitas millas do ca-miño máis recto se con iso evitaban cruzar a soas porKii-no-kuni-zaka despois do ocaso.

E todo por unha Mujina que adoitaba vagar por alí.

O derradeiro home que viu a Mujina foi un vello co-merciante do barrio de Kyobashi, falecido haberá unstrinta anos. Velaquí a súa historia, tal e como el a relatou:

«Unha noite, a unha hora intempestiva, subía apre-surado a costa Kii-no-kuni-zaka, cando se decatou da

41N. do T. Jinrikisha (literalmente, vehículo de tracción humana) é otermo orixinal xaponés para a carruaxe de dúas rodas tirada por unhapersoa que adoita coñecerse polo anglicismo rickshaw.

87

Page 89: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

presenza dunha muller agachada no noiro, soa, queesbagoaba desconsolada. Ante o temor a que afogase,detívose para lle ofrecer o consolo que estaba na súa mandarlle. Parecía miúda e grácil, vestida con gusto e copelo arranxado como o tería unha moza de boa familia.

»—O-jochu42! —exclamou ao que se chegaba—.O-jochu, non chore así! Confíeme o seu problema. Seestá na miña man asistila, fareino de bo grado. —Falabacon franqueza, pois era un home moi afable, pero elanon cesaba de chorar mentres ocultaba a cara tras unhalonga manga para evitar que o home a vise—. O-jochu!—repetiu, con toda a amabilidade da que foi capaz—.Por favor, prégolle que me escoite! Pola noite este non élugar para unha dama! Non chore, polo que máis queira!Tan só dígame de que maneira podo axudala!

»Aínda que parsimoniosa, a muller ergueuse e viroucara a el para seguir xemendo e saloucando detrás damanga. El pousou con tento a súa man no ombro da ra-paza, e suplicoulle:

»—O-jochu! O-jochu!»Entón a O-jochu en cuestión deu a volta, deixou caer

a manga e refregou a faciana coa man. E así foi que ohome se deu de conta de que non tiña nin ollos nin nariznin boca..., de modo que pegou un grito e fuxiu dándollessebo ás canelas.

»Subiu Kii-no-kuni-zaka sen parar de correr. Ás súascostas, todo era tebras e baleiro. Correu e correu, sense atrever a botar a vista atrás nin unha soa vez. E áfin viu unha lanterna, tan lonxe que non semellaba máisca o fulgor que desprende un vagalume. E correu cara aela. Resultou que era a solitaria lanterna dun vendedor

42N. do A. O-jochu («honorable señorita»), forma de cortesía empre-gada para dirixirse a unha moza que un non coñece.

88

Page 90: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

ambulante de soba43 que despregara o seu posto a un la-do da calzada. Non importaba de quen se tratase, poiscalquera luz e calquera compañía humana eran boas des-pois de tan tremenda experiencia. E, veloz coma o raio,chegou á altura do vendedor de soba, entre gritos de «Ah!Ah! Ah!».

»—Koré! Koré! —exclamou bruscamente o vendedorde soba—. Aquí! Que lle sucede? Feriuno alguén?

»—Non, ninguén me feriu —fungou o outro—. Sóque... Ah! Ah!

»—Asustárono se cadra? —preguntou curioso e irri-tado o vendedor—. Algún asaltador?

»—Non, asaltadores non, asaltadores non... —respon-deu con voz entrecortada o aterrado home—. Vin... unhamuller... xunto á cuneta... e mostroume... Ah! Non llepodo dicir o que me mostrou!

»—Dodemo! Acaso non sería algo coma isto? —pre-guntou o vendedor de soba ao tempo que fregaba a ca-ra..., ceno que provocou que se transformase nun Ovo...E, de socate, apagouse a luz».

43N. do A. A soba é un preparado de trigo sarraceno que lembra encerto modo a pasta vermicelli.

89

Page 91: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa
Page 92: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

A historia de Ito Norisuké

Na vila de Uji, na provincia de Yamashiro, vivía, haberápor volta dos seiscentos anos, un samurai mozo chama-do Ito Norisuké, cuxos devanceiros pertencían ao clanHéïké. Ito era aposto e de temperamento afable, bo es-tudante e destro coas armas. Pero nacera no seo dunhafamilia pobre, e non tiña un patrón entre a nobreza mi-litar..., de modo que as súas perspectivas de futuro eranlimitadas. Vivía dun xeito bastante austero, consagradoao estudo da literatura, e tiña (a dicir do cronista xapo-nés) «a Lúa e o Sol por únicos amigos».

Un serán outonal, mentres daba un solitario paseo po-las inmediacións da cuíña, na veciñanza coñecida comoKotobikiyama, deu a casualidade de que se cruzou cunhameniña que transitaba polo seu mesmo sendeiro. Ía ves-tida con prestancia e parecía ter uns once ou doce anos.Ito saudouna e díxolle:

—Pronto se porá o sol, señorita, e este é un lugarbastante solitario. Permítesme que che pregunte se acasote extraviaches?

Ela ergueu o ollar cara e el, esbozou un relucente so-rriso e contestou desdeñosa:

—Non! Son miya-dzukai44 e sirvo nunha casa da zona;e o treito que hei de percorrer é moi breve.

44N. do A. Serventa dunha casa de renome.

91

Page 93: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Do uso que fixo do termo miya-dzukai, Ito inferiu quea nena debía de traballar ao servizo dalgún persoeiro dealto rango; e a súa aseveración sorprendeuno, xa que nun-ca antes oíra falar de ningunha familia de renome na lo-calidade. Pero limitouse a dicir:

—Vou de regreso a Uji, onde está o meu fogar. Talvezme permitas acompañarte no camiño, pois este é un lugarmoi solitario.

Ela agradeceullo con elegancia, dando a entender quea proposta era do seu agrado. E camiñaron xuntos men-tres conversaban. Ela falou do tempo, das flores, das bol-boretas e das aves; tamén dunha visita que unha vezfixera a Uji, así como das soadas visitas á capital, que avira nacer. E o tempo decorreu felizmente para Ito, namedida na que era unha cháchara distendida.

Nun momento dado, tras unha retorta, chegaron aunha aldea ensombrecida por unha fraga de árboresnovas.

[Chegados a este punto, debo interromper a historiapara apuntar que, sen velo cos propios ollos, non podeun imaxinar o sombrío dalgunhas vilas e aldeas do Xa-pón, incluso nos días de máis calor e luminosidade. Nasproximidades de Toquio existen vilas deste tipo. A poucadistancia destas poboacións non se ven casas: non se en-xerga outra cousa máis ca unha frondosa fraga de árboresde folla perenne. O arboredo, polo xeral composto de ce-dros novos e de bambús, protexe a aldea de inclemenciascomo as tormentas, e asemade prové a madeira para osmáis variados fins. Tan xuntas se plantan unhas árbo-res doutras que apenas resta espazo para pasar entre ostroncos, que se alzan rectos coma mastros e entretecen

92

Page 94: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

as copas como para formaren un teitume capaz de re-peler as raiolas. Cada cabana colmada ocupa un espazona plantación, e as árbores que a arrodean forman uncerrado co duplo de altura ca a vivenda en si. Baixo oarboredo, a luz é cadora crepuscular, incluso co sol do me-diodía; e as casas, tanto de mañá como de tarde, estánen penumbra. Non obstante, o que fai que a primeira im-presión dunha aldea deste tipo resulte case perturbadoranon é a súa transparente escuridade, que como tal posúeun certo engado, senón a súa quietude. Haberá unhascincuenta –ou poida que cen– casas, pero non se ve aninguén, e non se escoita nada senón o trilo de paxa-ros invisibles, o axirir ocasional dos corvos e o estridentecanto das cigarras. Estas últimas incluso encontran es-tas fragas demasiado sombrías e chegan a atenuar o seucanto; posto que lles encanta o sol, tenden a se pousarnas árbores que arro- dean a aldea polo exterior. Esque-ceume mencionar que ás veces pode un oír, sen velo, unnezcre –chaka-ton, chaka-ton–, mais ese son recoñecible,no gran silencio verde, parece de procedencia fantástica.A razón para o silencio é que a xente non se atopa nascasas. Todos os adultos, a excepción dun puñado de an-ciáns demasiado débiles, foron para os campos veciños;no caso das mulleres, cos bebés. E os máis dos pícaros en-cóntranse na escola máis próxima, poida que a non máisdunha milla de distancia. Con certeza, nestas aldeas si-lentes e avesedas, un cre contemplar a misteriosa perpe-tuación das condicións de vida detalladas nos textos deKwang-Tze:

«Os antigos, que tiñan os nutrientes do mundo, nondesexaban ren, e o mundo tiña abondo: eles non facíannada, e todo se ía transformando; a súa quietude erafatal, eran xentes de gran sosego.»]

93

Page 95: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

A aldea estaba moi escura cando chegou Ito. Atarde-cera, e o resplandor postremeiro do sol non chegaba a sefiltrar entre as sombras das árbores.

—Agora, amable señor —dixo a nena namentressinalaba unha estreita groba que partía da estradaprincipal—, debo irme por aí.

—Permíteme, pois, ver a túa casa —contestou Ito, edesviouse con ela, intuíndo máis que vendo o camiño.

Pero a cativa non tardou en se deter fronte a unha por-tela, apenas visible entre tanta negrura. Tratábase dunhaporta con celosía, por cuxos buracos se atusmaban as lu-ces no interior da vivenda.

—Esta é a honorable residencia na que sirvo —anun-ciou ela—. Xa que se desviou tanto do seu camiño, ama-ble señor, terá a ben entrar e repousar un anaco?

Ito asentiu, compracido con tan informal invitación.Ademais, desexaba saber que clase de xente de avoengodecidira morar nunha aldea tan solitaria. Era conscientede que en ocasións unha familia de alta estirpe optaba porretirarse dese modo da vida pública, xa por desencantoco goberno, xa por complicacións derivadas da política;figurouse que algo así podería ser o motivo que levara atéalí os moradores da casa que tiña diante.

Traspasou a porta, que a súa guía moza abriu para el,e atopouse no medio dun amplo e pintoresco xardín. Dis-tinguiu vagamente unha paisaxe en miniatura que atra-vesaba un regato sinuoso.

—Sexa tan amable de agardar aquí unha folga —apun-tou a nena—. Irei informar da súa honorable chegada.—E correu á casa.

Era unha vivenda grande, pero cun aire vetusto, eri-xida á moda de outrora. As portas corredías non estabanpechadas, pero o interior iluminado permanecía oculto

94

Page 96: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

tras unha fermosa e fina cortina de bambú, desprega-da ao longo da galería. Tras ela bulían unhas sombras–sombras de mulleres– e, de repente, a música dun ko-to45 a envolver na noite. A súa melodía era tan doce eliviá que Ito apenas daba crédito ao que lle trasladabanos sentidos. Un delicioso letargo invadiu o seu ser mentressoaban aquelas notas –un gozo estrañamente mesturadocoa pena–. Preguntábase como era posible que unha mu-ller aprenderse a tocar dese modo; preguntábase se enefecto o instrumentista sería unha muller...; mesmo sepreguntaba se aquel son sería terreal, pois o feitizo pare-cía que traspasase a súa pel e lle inoculase a melodía nosangue.

A música liviá interrompeuse, e case de socato Itoencontrou a pequena miya-dzukai ao seu carón.

—Señor —díxolle—, requírese a súa honorable pre-senza na casa.

Conduciuno á entrada, onde quitou as sandalias.Unha muller de idade provecta, a que xulgou como aRojo ou padroa da casa, acudiu ao soarego para lledar a benvida. A anciá guiouno a través dos distintoscompartimentos até unha peza ben alumada na partetraseira da vivenda, e con todas as mostras posibles decortesía cominouno a ocupar o lugar de honor reservadoaos hóspedes distinguidos.

El non puido por menos que sorprenderse da magni-ficencia da cámara, así como do fermosamente decoradaque estaba. De alí a un pouco, unhas serventas trouxeronunha serie de refrixerios, e el caeu na conta de que as cun-cas e outras pezas da vaixela eran artigos de artesanía derara e custosa elaboración, pois estaban ornamentadas

45N. do T. Instrumento de corda tradicional xaponés.

95

Page 97: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

cuns padróns de deseño que evidenciaban o alto rangodos propietarios. Con crecente curiosidade, preguntábasequen sería a persoa nobre que elixira para si tan solita-rio retiro, e que acontecemento puidera motivar o desexode tanta soidade..., cando de pronto a cortesá de idadeavanzada interrompeu as súas divagacións coa pregunta:

—Engánome ao crer que é vostede Ito Sama, de Uji...,Ito Tatéwaki Norisuké?

Ito asentiu cunha reverencia. Non lle confiara o seunome á pequena miya-dzukai, polo que aquela suposiciónlle causou estupefacción.

—Por favor, non tome a miña pregunta como un atre-vemento —continuou a señora—. Unha vella coma minben pode formular preguntas sen que a curiosidade seconsidere impropia. Cando chegou vostede a esta casa,crin recoñecer a súa cara. E se lle preguntei o nome foiunicamente para despexar calquera asomo de dúbida an-tes de pasar a tratar outros asuntos. Hai algo importanteque debo comunicarlle. Vostede déixase ver seguido poresta vila, e cadrou que a nosa noviña Himégimi-Sama46 oviu unha mañá. Dende ese instante, non deixou de pen-sar en vostede, día e noite. De feito, de tanto cavilarcaeu enferma, e tívonos moi preocupados. Por tal mo-tivo, movín algúns fíos para coñecer o seu nome e lu-gar de residencia, e a piques estaba de lle enviar unhacarta cando, de improviso!, vostede se presentou na por-ta do noso lar acompañado da nosa serventa. Entenda portanto que non me sexa posible expresarlle con palabrasa ledicia que me produce velo. Case parece demasiado bopara ser verdade! En realidade, teño a impresión de que

46N. do A. Un título honorífico moi dificilmente traducible e compostoda palabra himé (princesa) e kimi (soberano, mestre, indistintamenteseñor ou señora etc.).

96

Page 98: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

este encontro ten que responder ao favor brindado porEnmusubi-no-Kami, ese gran deus de Izumo que anoa asunións afortunadas. E agora que un destino tan favorableo trouxo até aquí, talvez vostede non se negue, no caso denon haber nada que impida unha unión tal, a contentaro corazón da nosa Himégimi-Sama...

Ito, por un momento, non soubo que contestar. Se aanciá dixera a verdade, estaban a lle brindar unha mag-nífica oportunidade. Só unha gran paixón podía movera filla dunha familia nobre a procurar, motu proprio, oafecto dun samurai descoñecido e sen señor ao que servir,desprovisto de riquezas e con expectativas limitadas. Poroutro lado, non estaba na natureza honorable do homepoñer por diante uns intereses persoais que pasasen portirar rédito dunha debilidade feminina. É máis, as cir-cunstancias eran inquietantemente misteriosas. E, pesea isto, como declinar a proposición, exposta de maneiratan inesperada, era algo que o perturbaba en extremo.Tras un breve silencio, contestou:

—Impedimento non habería, pois non teño esposanin prometida, como tampouco relación con muller nin-gunha. Até a data vivín cos meus pais, que nunca abor-daron o asunto do meu casoiro. Saiba que son un humil-de samurai, sen patrón ao que servir entre os ilustres dealto rango. E entre os meus devezos non figuraba o domatrimonio até ter a oportunidade de mellorar a miñacondición. No que atangue á proposta que me formulou,se ben a considero honrosa, só lle podo dicir que aíndanon son digno das atencións de ningunha nobre dama.

A anciá sorriu, como satisfeita por aquelas palabras,e retrucou:

—Até que vexa a nosa Himégimi-Sama, halle ser me-llor que non tome decisión ningunha. É posible que se

97

Page 99: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

disipen todas as súas dúbidas despois de tela diante.E agora teña a bondade de acompañarme; presentareilla.

A muller conduciuno até outro salón de invitados mei-rande, disposto cos preparativos para un próximo festexo.Despois de mostrarlle o lugar de honra, deixouno quedarsó un intre. Regresou logo acompañada da Himégimi-Sama; e, tan pronto como viu por vez primeira a moza,Ito sentiu de novo a estraña sensación de aglaio e deliciaque o embriagara no xardín mentres escoitaba a músicado koto. Endexamais soñara cun ser tan belido. A súamera presenza parecía que irradiase luz, e a súa roupa-xe e abelorios parecían resplandecer, igual ca o luar quetraspasa o nubeiro mol; o seu pelo solto abalaba ao seupaso coma as gallas dun salgueiro que axitan as brisasprimaverais; os seus beizos eran coma flores dun pexe-gueiro molladas co carozo que resiste até a mañá. Ito que-dou atónito ante semellante visión. Preguntouse se nonestaría contemplando a Amano-kawara-no-Ori-Himé enpersoa, a Tecelá que vive xunta o rutilante Río Celestial.

Riseira, a señora maior xirouse cara á figura da nova,quen aínda non abrira a boca, mantiña a cabeza gacha eamosaba unha cor rosada nas meixelas, e díxolle:

—Mira, miña nena! Cando menos esperabamos quesucedese unha cousa así, a persoa que anhelabas coñe-cer viu por vontade propia. Tan afortunada casualidadeunicamente pode ser froito do desexo dos deuses supre-mos. De só pensalo, dáme gana de chorar de alegría.—E xemeu de maneira audible—. Agora —continuou,enxugando as lágrimas coa manga— só queda que osdous (a non ser que un non o desexe, cousa que dubi-do) vos entreguedes mutuamente e que participedes davosa celebración de voda.

98

Page 100: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Ito deu a resposta do mundo: a incomparable visiónque tiña ante si anubrara o seu albedrío e fixéralle unnó na lingua. Entraron as serventas, cargadas con pratose viño: o banquete nupcial despregouse ante eles, e xu-ráronse lealdade. Con todo, Ito seguiu como en transo:azorado aínda pola marabilla da aventura e a prodixio-sa beleza da noiva. Encheu o seu corazón unha singulardita como nunca antes sentira... como un gran silencio.Emporiso, pouco e pouco foi recobrando o seu habitualsosego. Así foi que logrou manter unha conversación enton sereno. Bebeu viño sen reservas e atreveuse a tomara palabra, sen alardes e con animosidade; sacou a reluciras dúbidas e medos que o atenazaran. Mentres tanto, asúa recente esposa permanecía calada coma a luz da lúa,sen alzar a mirada en ningún momento, e ofrecendo portoda resposta o rubor das súas froias ou un sorriso cadavez que el se dirixía a ela.

Ito dirixiuse á vella serventa:—Moitas veces, nos meus senlleiros paseos, pasei por

esta aldea sen saber da existencia desta honorable casa.E des que puxen un pé aquí, pregunteime por que estanobre estirpe elixiría tan solitario recullo como lugar deresidencia... Agora que a súa Himégimi-Sama e mais eunos xuramos lealdade, fáiseme raro non coñecer aínda onome da súa augusta familia.

Perante esta declaración, unha sombra cruzou polorostro amable da anciá, e a moza, que até entón nondixera ren, descorou e pareceu entrar nun estado de do-lorosa angustia. Tras uns intres de silencio, a muller deidade provecta respondeu:

—Ante vostede, gardar o segredo moito máis temposería unha difícil tarefa. Opino que, dadas as circunstan-cias, merece que o poñamos ao tanto da situación, pois

99

Page 101: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

xa é un máis da familia. Saiba, pois, señor Ito, que a súaparella é a filla de Shigéhira-Kyo, o grandioso e desven-turado San-mi Chüjo.

Ao oír esas palabras –«Shigégira-Kyo»–, o mozo sa-murai sentiu un calafrío, coma se cada unha das súasveas se conxelase de pronto. Shigégira-Kyo, o gran xene-ral e estadista Héïké, había séculos que non era máis capo e cinzas. E Ito comprendeu decontado que todo cantohabía derredor –a estancia e as luces e o banquete– eraun soño do pasado; que as formas que se erguían ante sinon eran persoas senón sombras de mortos.

Pero ao momento seguinte o calafrío xeado esvaeceu,e regresou o encanto, e pareceu facerse máis intenso. Nonexperimentou temor. Por máis que a súa muller chegaseonda el procedente de Yomi –o lugar das Fontes Amare-las da morte–, conquistara o seu corazón. Quenquera quecase cunha pantasma debe converterse noutra. E, maliatodo, estaba disposto a morrer, non unha senón moitasveces, antes que traizoar a súa palabra ou albergar unpensamento que puidese debuxar unha sombra de sufri-mento no cello da fermosa ilusión que tiña diante. Nondubidaba en ningún caso do afecto profesado: comunicá-raselle a verdade mesmo cando unha vil argucia habíaservir mellor ao propósito de consumar o engano. Asíé que estas cavilacións e sentimentos cruzaron pola súamente de xeito fugaz, e resolveu aceptar a estraña situa-ción tal e como lle fora exposta; en consecuencia, proce-deu de idéntico modo a como o faría de ser elixido, nosanos de Jü-ei, pola filla de Shigéhira.

—Ah, mágoa! —exclamou—. Chegou até os meus oí-dos o cruel destino do honorable señor Shigéhira.

—Ai! —respondeu a anciá, sen parar de salaiar men-tres falaba—. A fe que foi un destino cruel. Sabe?, o seu

100

Page 102: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

cabalo finou atravesado por unha seta e caeu riba del,e cando pediu auxilio, aqueles que viviran á súa custaabandonárono sen o asistir. Fixérono logo prisioneiro eenviárono a Kamakura, onde lle deron un trato humi-llante, para ao cabo ser sentenciado a morte e executa-do47. A súa esposa e filla —a querida rapaza que aquínos acompaña— permaneceron agochadas, pois en todasas partes os Héïké estaban sendo buscados para lles darmorte. Cando a nova da defunción do señor Shigéhirachegou a nosoutras, a dor foi demasiado intensa e inso-portable para a nai, a súa esposa, polo que a filla quedouao meu exclusivo coido, pois os restantes membros da súaestirpe ou ben faleceran ou ben desapareceran. A cativanon tiña máis ca cinco anos. Eu fora a súa aia, e fixenpor ela canto puiden. Ano tras ano deambulabamos dunlugar ao seguinte, viaxabamos baixo a aparencia de dúasperegrinas... Pero estas historias dolorosas non proceden—explicou a aia, enxugando as bágoas—. Saiba escusaros delirios do necio corazón dunha anciá incapaz de dei-xar atrás o pasado. Olle! A nena que eu criei convertidanunha Himégimi-Sama! Se vivísemos nos bos tempos doemperador Takakura, que destino lle estaría reservado!Non obstante, conseguiu o esposo que pretendía. Que fe-licidade pode haber maior ca esa... En fin, fíxose tarde.

47N. do A. Shigéhira, tras unha valente batalla para defender a capital(daquela en mans do clan Taïra —ou Héïké—) foi sorprendido e venci-do por Yoshitsuné, líder dos comandos Minamoto. Un soldado chamadoIyénaga, hábil arqueiro, feriu e derrubou o cabalo de Shigéhira, e estecaeu baixo o axitado animal, pero logrou escapar. Máis adiante, Shigéri-ga foi capturado por Iyénaga, quen despois o levaría perante Yoritomo,líder do clan Minamoto, responsable do seu envío dentro dunha gaiola aKamakura. Alí, tras sufrir toda clase de humillacións, durante un tem-po foi tratado con respecto. Chegou mesmo, segundo conta un poemachinés, a conmover o cruel corazón de Yoritomo. Pero ao ano seguintefoi executado por petición dos monxes budistas de Nanto, contra os queno pasado librara unha guerra por orde de Kiyomori.

101

Page 103: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

A cámara nupcial está lista, e agora debo deixalos paraque se prodiguen cariño mutuo até a alba.

Ergueuse e, desprazando as portas corredías que se-paraban o cuarto de convidados da peza contigua, acom-pañounos até o seu dormitorio. Logo, tras proferir unhaspalabras de xúbilo e felicitacións, retirouse. Ito quedoudaquela a soas coa noiva.

Tumbados de par, Ito dixo:—Dime, amada mía, cando te decataches de que de-

sexabas terme por esposo?(Todo parecía tan real que case esquecera que canto

o rodeaba non era senón o produto dunha ilusión).Ela respondeu, cunha voz que se diría o arrolar dunha

rula:—Meu honorable señor e marido, foi no templo de Is-

hiyama, a onde acudín en compaña da miña ama e ondete vin por primeira vez. E, ao facelo, o meu mundo trans-figurouse. Pero ti non o lembras porque o noso encontronon se produciu nesta actual vida de noso. Aconteceu haimoito moito tempo. Dende entón, morriches e nacichesinfinidade de veces, e tiveches moitos corpos fermosos.En cambio, eu fun sempre talmente me ves agora: nonpodía dispor doutro corpo nin acceder a outro estado daexistencia, a teor da miña fervente arela de ti. Meu que-rido señor e marido: agardeite durante moitas xeraciónshumanas.

El para nada sentiu medo ao escoitar aquelas estrañaspalabras, pois non tiña máis degoxo na vida, ou en todasas vidas que estaban por chegar, ca a sensación dos brazosda esposa ao abrazalo e poder sentir a caricia da súa voz.

Porén, o repenique do sino do templo anunciou a che-gada da alborada. O rechouchío dos paxaros saudou o

102

Page 104: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

día. Unha brisa matinal propiciou o murmurio das árbo-res. A vella nutriz separou de golpe as pantallas corredíasda cámara nupcial e exclamou:

—Meus fillos, hora de separarse! Non debedes perma-necer xuntos á luz do día, nin sequera por un instante:sería fatal! Tédesvos que despedir.

Sen dar unha fala máis, Ito preparouse para partir.Comprendeu só de maneira vaga a advertencia da anciá, eresignouse por enteiro ao seu destino. Xa non era dono dasúa vontade. Unicamente desexaba satisfacer os desexosda súa sombría parella.

Ela pousou nas mans de Ito un pequeno suzuri oupedra de tinxir, cunha curiosa inscrición, e díxolle:

—Meu mozo señor e marido é un erudito; polo tanto,é probable que este pequeno presente non lle desagrade.O seu deseño é estraño por mor da súa antigüidade, poisfoille augustamente entregado ao meu pai por peticióndo emperador Takakura. Só por esa razón, pensei que setrataba de algo valioso.

Ito, en correspondencia, rogoulle que aceptase comorecordo as kogai48 da súa espada, decoradas con incrus-tacións de prata e ouro, con imaxes de flores da ameixeirae reiseñores.

A pequena miya-dzukai chegou para o guiar polo xar-dín, entrementres que a súa muller nova e a súa ama decría o acompañaron até o limiar.

Cando, ao pé dos chanzos, Ito xirou para despedirse,a anciá dixo:

—Verémonos o próximo ano do xabaril, á mesma ho-ra do mesmo día do mesmo mes que chegou aquí. Posto

48N. do A. Tal era a denominación dada ao par de varas de metaladheridas á funda dunha espada e usadas como paus. En ocasións a súaornamentación era exquisita.

103

Page 105: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

que estamos no do tigre, terá que esperar dez anos. Pero,por razóns que non debo revelar, non poderemos encon-trarnos de novo neste lugar. Marchamos á localidade deKioto, onde residen o bo emperador Takakura e os nosospais e a nosa xente. Todos os Héïké recibirán con gozo asúa chegada. Enviaremos un kago49 para que o recolla odía sinalado.

As estrelas titilaban sobre a aldea ao que Ito saíu polaporta. Pero ao abandonar a foresta e chegar á estradadespexada, viu no horizonte o corusco da amencida, conleguas e leguas de silentes campos. Levaba no peito ogalano da muller. A súa voz melodiosa aínda resoaba nosseus oídos; pese a isto, só grazas ao obsequio que tocoucon dedos vacilantes logrou descartar a idea de que todofora un simple recordo dunha noite de fantasía e queaínda levaba as rendas da súa propia vida.

Secasí, a certeza de que se condenara non evocaba nelo máis mínimo arrepentimento: só o perturbaba a dorda separación, así como pensar nas estacións que habe-rían transcorrer antes de que aquela ilusión súa puideserenovarse. Dez anos! E que longo se facía cada un dosseus días! Non albergaba ningunha esperanza de chegara saber a razón de tan misteriosa demora. Unicamenteos deuses coñecen os designios secretos dos finados.

A miúdo, moi a miúdo, durante as súas solitarias an-dadas, Ito regresaba á aldea de Kotobikiyama coa vagaesperanza de entrever outra escintilación do pasado. Peronunca máis, nin de noite nin de día, deu coa porta rústicana sombría verea. Nunca máis viu a figura da pequenamiya-dzukai a camiñar soa baixo a luz crepuscular.

49N. do A. Un tipo de palanquín.

104

Page 106: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Os aldeáns, aos que interrogou con cautela, críano en-meigado. Ninguén dun certo rango, aseveraban, vivira en-dexamais naquel asentamento. E nunca houbera na zonaun xardín coma o que describía. Porén, xacando existi-ra un gran templo budista preto do lugar do que falaba;e algunhas campás do cemiterio aínda eran visibles. Itodescubriu os monumentos entre mestas matogueiras. Ti-ñan a feitura propia da Antiga China, e estaban cubertosde carriza e de lique, pero os caracteres inscritos na pedraxa non eran descifrables.

Ito non falou con ninguén da súa experiencia. Con to-do, amizades e parentes axiña percibiron un cambio noseu aspecto e modos. Día tras día, daba a impresión dese tornar máis pálido e estransillado, se ben os médicosdeclararon que non se debía a ningunha clase de doenzafísica. Tiña a traza toda dun espectro, e movíase comaunha sombra. Meditabundo e solitario fórao sempre, peroagora, aínda por riba, mostraba indiferenza fronte a to-do canto antes lle proporcionara pracer..., incluso frontea aqueles estudos literarios grazas aos que mantiña a es-peranza de algún día gañar respecto e notoriedade. Á súanai –a cal consideraba que un esposorio ben podería esti-mular a volta da antiga ambición do fillo e reavivar o seuinterese pola vida– díxolle que xurara non casar con nin-gunha muller viva. E así, mal que ben, se ían sucedendoos meses.

Por fin chegou o ano do xabaril, co seu outono. Peropara daquela Ito xa non podía dar os senlleiros paseos quetanto lle gustaban. Nin sequera era quen de se erguer dacama. Esmorecía, malia que ninguén barruntaba a causa.E durmía tan profundamente e durante tantas horas quedecote confundían o seu sono coa morte.

105

Page 107: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Dun deses sonos quitouno, en certa ocasión, unha lu-minosa tarde, a voz dunha pícara: a un lado da cama viua pequena miya-dzukai que o conducira dez anos antesaté a porta do xardín desaparecido. A meniña saudouno,sorriulle e díxolle:

—Pedíronme que lle diga que esta noite o recibiránen Öhara, cerca de Kioto, onde se localiza a nova casa, eque se lle enviou un kago. —E esfumouse.

Ito sabía que estaba a ser convocado lonxe da luz dosol, pero foi tanto o gozo que lle produciu aquela mensaxeque encontrou as forzas para sentar e chamar pola nai.Entón, por primeira vez, relatoulle a historia do seu ca-samento e ensinoulle a pedra de tinguir que lle regalaran.Pediu que a colocasen no ataúde... e deseguido morreu.

A pedra de tinguir enterrárona con el. Non obstante,foi examinada por expertos antes de dar paso á cerimoniafuneraria, e aseguraron que fora labrada no período deJo-an (ano 1169) e que levaba a rúbrica dun artista quevivira na era do emperador Takakura.

106

Page 108: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O romance da Vía Láctea

Dicíase antano:«O Río Celestial é a Pantasma das Augas».

Vémolo alterar o seu curso consonte avanza o anoigual que en ocasións acontece cos ríos terrestres.

Un Erudito da Antigüidade

Entre os múltiples e encantadores festivais do Xapón an-tigo, o máis romántico era o de Tanabata-Sama, a Te-cedeira da Vía Láctea. A día de hoxe, raro é que siga aexistir nas grandes cidades, e para o caso de Toquio estácase esquecido. Non obstante, en moitos distritos do país,e mesmo en aldeas próximas á capital, si continúa a ce-lebrarse a pequena escala. Se un ten a ocasión de visitarunha vila ou unha aldea do rural o sétimo día do sétimomes (conforme o calendario antigo), é probable que ba-ta con toda unha sucesión de canas de bambú acabadasde cortar e dispostas sobre os teitos das casas, ou benencravadas no chan ao redor; e, atadas a cada bambú,unhas fitas de papel de variadas cores. En certas aldeasespecialmente pobres, cabe a posibilidade de que esas fi-tas sexan brancas ou, en todo caso, dunha soa cor; así

107

Page 109: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

a todo, polo xeral deberán ser de entre cinco e sete tonsdistintos. As tinguiduras máis habituais fanse con azul,verde, vermello, amarelo e branco. Todos eses papeis le-van inscritos poemas breves de loanza a Tanabata e o seuesposo Hikoboshi. Unha vez rematado o festival, os bam-bús retíranse e guíndase ao regato máis achegado, candaos poemas atados a eles.

Para comprender o romance deste vello festival, de-be un coñecer a lenda daquelas divindades astrais queeran as destinatarias frecuentes das ofrendas, incluso porparte da familia imperial, o sétimo día do sétimo mes.A lenda procede da China. E esta que segue é a súa ver-sión popular xaponesa.

O gran deus do firmamento tiña unha filla encanta-dora, Tanabata-tsumé, que, xornada tras xornada, se de-dicaba a tecer roupa para o seu egrexio pai. Gozaba cotraballo, e consideraba a da tecedura a máis pracenteiratarefa.

Pero un día, en estando sentada diante do tear, xuntaa porta do seu fogar celestial, viu pasar un lanzal mozocampesiño que guiaba un boi, e namorouse del. O seuínclito pai, que adiviñou a súa secreta arela, concedeullepor esposo aquel rapaz.

Porén, resultou que, xa casados, se amaron cunha en-trega excesiva, o que provocou que descoidasen os seusdeberes para co deus celestial. Deixou de oírse o son danezcre no tear e o boi principiou a vagar desatendidopolas chairas do firmamento.

Xa que logo, o gran deus, enfastiado, puxo pé noasunto e desuniu a parella. Ambos foron condenados a

108

Page 110: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

non volver vivir endexamais xuntos, separados polo RíoCelestial.

Non obstante, tiñan permitido verse unha vez ao ano,na sétima noite da sétima lúa. Entón –habida conta deque o ceo estivese despexado–, as aves levantarían, va-léndose do seu corpo e das ás, unha ponte sobre o leitodo río, que os amantes cruzarían para se reunir. No casode que chovese, o Río Celestial aumentaría o seu caudal,tanto que non sería posible erixir ponte ningunha. Po-lo cal marido e muller non todos os anos terían ocasiónde se ver, nin sequera na sétima noite do sétimo mes.Podía acontecer que, por mor do mal tempo, tardasentres ou catro anos en reunirse. Pero non por iso o seuamor perdeu un ápice da súa inmortal xuventude nin dasúa eterna paciencia. E, día tras día, cumprían fielmentecoas súas obrigas respectivas, felices ante a perspectivado reencontro a sétima noite do sétimo mes.

No antigo imaxinario chinés, a Vía Láctea era un ríoluminoso: o Río Celestial, o Regato de Prata. Hai escrito-res occidentais que afirmaron que Tanabata, a Tecedeira,é unha estrela da constelación de Lyra; e o pastor, o seuamante, unha estrela de Aquila, unha constelación no ex-tremo oposto da galaxia. Así a todo, sería máis correctodicir que ambos aparecen representados, no imaxinariodo Afastado Oriente, polos grupos de estrelas. Un vellolibro xaponés explícao con claridade, tal que así:

«Kengyu (o Boieiro) atópase ao oeste do Río Celes-tial, representado por tres estrelas aliñadas, coa aparen-cia dun home que guía un boi. Pola súa banda, Shokujo(a Tecedeira) sitúase ao leste do tal río: tres estrelas coaforma dunha muller sentada no seu tear... O primeiro

109

Page 111: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

engloba as cuestións todas relacionadas coa agricultura;a última, aqueloutras relativas ao traballo das donas».

Nun vello libro chamado Zatsuwa-Shin cóntase queestas deidades teñen unha orixe terrestre. Xacando foron,neste mundo, marido e muller, e viviron na China. Elchamábase Isshi e ela Hakuyo. Reverenciaban, sobre todoe con gran devoción, a lúa.

Cada noite de ceo despexado, unha vez agochadoo sol, agardaban ansiosos vela elevarse no firmamento.E cando o astro comezaba a declinar no horizonte, elesascendían ao curuto dunha cuíña próxima ao lar, paraasí poder contemplalo durante o maior tempo posible.A seguir, cando ao cabo a lúa desaparecía da súa vista,chorábana xuntos.

Ao chegar á idade de noventa e nove anos, a mullerfeneceu. O seu espírito subiu ao ceo ao carrelo dunhapega e, non ben arribou, transformouse nunha estrela.O esposo, que daquela tiña cento tres anos, tratou debuscar consolo para a súa dor na contemplación da lúa;así, cada vez que saudaba a súa saída e choraba a súaposta, tiña a impresión de que a súa muller aínda seguíaao seu carón.

Unha noite de verán, Hakuyo –agora inmarcesciblee fermosa– descendeu do ceo ao lombo da súa pega coobxecto de visitar o seu home, circunstancia que a el llereportou unha ledicia enorme. Mais dende entón só foiquen de pensar nunha cousa: eslumecía por se converternunha estrela e unirse a Hakuyo alén do Río Celestial.Á fin, tamén el ascendeu ao ceo, no seu caso enriba duncorvo, e tornouse unha divindade estelar. Pero non puidounirse sen máis a Hakuyo, como esperaba, porque entreo espazo que lle foi adxudicado e o lugar onde ela se

110

Page 112: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

atopaba corría o Río Celestial. E a ningunha das estrelaslles estaba permitido cruzar ao outro lado, posto que oSeñor do Ceo (Ten-Tei) se bañaba acotío nas súas augas.É máis, nin tan sequera había ponte. Pero un día ao ano–o sétimo día do sétimo mes– tiñan permiso para vérense.O Señor do Ceo acode sempre ese día exacto ao Zenhodopara escoitar o sermón da lei de Buda. E sucede daquelaque pegas e corvos constrúen, cos seus corpos suspendidose as súas ás despregadas, unha ponte sobre o leito do río.E Hakuyo crúzao para se reunir co esposo.

Non ten dúbida que o festival xaponés chamado Ta-nabata foi na súa orixe idéntico ao festival da Divina Te-cedeira chinesa, Tchiu-Niu; dende os seus inicios, a festi-vidade nipoa semella que tivo unha especial importanciacomo festa de mulleres, e os caracteres necesarios paraescribir a palabra Tanabata posúen o significado de «ra-paza que tece».

Pero así como ambas as deidades estelares eran vene-radas o sétimo día do sétimo mes, algúns eruditos xapo-neses non se contentaron coa explicación máis correntedo nome e aseveraron que orixinalmente este se compu-ña das palabras tané (semente ou gran) e hata (tear).Aqueles que abrazan esta etimoloxía trasladan Tanabata-Sama ao plural en detrimento do singular, o que dá lugara «as deidades do gran e do tear», é dicir, aqueles seresque gobernan sobre a agricultura e a tecedura.

En imaxes nipoas de vello, as divindades estreladasrepreséntanse en consonancia coa concepción dos seusrespectivos atributos. Así, Hikoboshi adquire a aparen-cia dun mozo campesiño que conduce un boi a que bebanas augas do Río Celestial, en cuxo extremo máis afas-tado aparece Orihimé (Tanabata), a tecer no seu tear.A roupaxe de ambos é de feitura chinesa; as primeiras

111

Page 113: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

imaxes xaponesas destas deidades é probable que fosenréplicas a partir dalgún orixinal chinés.

Na máis antiga colección de poesía nipoa que seconserva –o Manyoshu, que data do ano 760–, a divin-dade masculina adoita levar por nome Hikoboshi, e afeminina Tanabata-tsumé; pero en épocas posterioresambas as dúas pasaron a chamarse Tanabata. En Izu-mo, a deidade masculina coñécese popularmente comoO-Tanabata Sama, e a feminina como Mé-Tanabata Sa-ma. Ambas aínda hoxe reciben múltiples denominacións.O home, amais de Hikoboshi e Kengyu, chámase taménKaiboshi; namentres que a muller pode ser Asagao-himé (princesa Campánula)50, Ito-hori-himé (princesaFiandeira), Momoko-himé (princesa Abrocho de Pexe-go), Takimono-himé (princesa Incenso) e Sasagani-himé(princesa Araña).

Algúns destes nomes non resultan doados de expli-car..., sobre todo o derradeiro, que nos leva a pensar nalenda grega de Aracne. Probablemente o mito grego e oconto chinés non teñan nada que ver. Con todo e iso, nosvellos libros chineses aparece rexistrado un feito curio-so que podería suxerir un vencello. Na era do emperadorMing Hwang (a quen os xaponeses coñecen como Genso),as damas da corte tiñan por costume, o sétimo día do sé-timo mes, cazar arañas e metelas nun estoxo de incensocon fins divinatorios. Ao chegar a mañá do oitavo día,procedíase a abrilo, e se resultaba que as arañas teceranas dúas mestas arañeiras durante a noite, aquilo conside-rábase un bo auspicio. Pola contra, se non teceran ren, oagoiro era malo.

50N. do A. Asagao (lit., «campánula») é o nome xaponés para a fer-mosa enredadeira que denominamos así, «campánula».

112

Page 114: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Hai unha historia que conta que, hai moitos moitosanos, unha fermosa rapaza foi visitar a morada dun gran-xeiro nas montañas de Izumo e que lle aprendeu á únicafilla da familia unha técnica tecedora nunca antes vista.

Un serán, a moza forasteira esfumouse, e daquela de-catáronse de que viran a Tecedeira do Ceo. A filla dogranxeiro acadou sona pola súa destreza como tecelá. Pe-ro nunca casou... porque fora a compañeira de Tanabata-Sama.

Existe tamén outra historia chinesa –deliciosamenteimprecisa– acerca dun home que certa vez fixo unha vi-sita, sen anunciarse, á Terra Celestial. Dérase de contade que cada ano, durante o oitavo mes, unha manchea devaliosa madeira chegaba aboiando até a beira na quevivía. De modo que quería saber onde medraba a ditamadeira.

Así foi que aprovisionou a súa barca para emprenderunha travesía de dous anos e partiu na dirección que llemarcaba a madeira até alí chegada. Viaxou durante me-ses por un mar sempre calmo, e internouse en soidadeen terra ignota, até arribar á ourela dun río cuxas augasresplandecían con reflexos de prata. Do outro lado viuun pavillón, e no pavillón unha muller sentada que tecía.Estaba pálida coma o luar e irradiaba un halo igualmen-te abrancazado. Nun momento dado viu aproximarse uncampesiño mozo e aposto que guiaba un boi a que bebeseno río. Preguntoulle se non lle importaba dicirlle o nomedaquel lugar e do país ao que pertencía. Pero ao mozonon pareceu agradarlle a pregunta e respondeu irascible:

—Se desexa saber o nome deste sitio, regrese ao lugarde onde procede e pregúntello a Gen-Kum-Pei51.

51N. do A. Grafía xaponesa do nome chinés.

113

Page 115: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

O viaxeiro, escorrentado, correu ao seu barco e tornouá China. Alí procurou o sabio Gen-Kum-Pei, a quen llerelatou a súa aventura. Gen-Kum-Pei, asombrado, pro-pinoulle unha palmada e exclamou:

—Así que eras ti! O sétimo día do sétimo mes estabaeu mirando o ceo cando vin que o boieiro e a tecelá es-taban a piques de se reunir; pero entre eles había unhaEstrela nova, que interpretei sería unha Estrela invitada.Afortunado de ti! Estiveches no Río Celestial e viches orostro da Tecedeira...!

O encontro entre o Boieiro e a Tecedeira disque po-de velo calquera que mire con bos ollos; pois, sempreque ocorre, esas estrelas brillan con cinco cores distintas.É por iso polo que se lles fan ofrendas de cinco colores ásdivindades Tanabata, e velaí tamén o motivo polo que ospoemas plasmados sobre o papel na súa honra se escribencon cinco tintas.

Pero, como dixen antes, a parella só pode reunirse sevai bo tempo. A pouco que chuvisque a sétima noite, oRío Celestial crecerá e os amantes deberán esperar outroano enteiro. De aí que a choiva que cae a noite de Tana-bata se chame Namida no Amé, «A choiva das bágoas».

Con ceo despexado a sétima noite, a fortuna sorrillesaos amantes, e é posible ver as estrelas rutilar gozosas. Sea estrela Kengyu brilla con especial intensidade, quererádicir que no outono a colleita de arroz será boa. Se aestrela Shokujo refulxe máis do habitual, virá logo untempo de prosperidade para as tecelás, e en xeral paratodas as actividades desempeñadas por mulleres.

No Xapón da Antigüidade, estaba estendida a crenzade que o encontro da parella se traducía en fortuna para

114

Page 116: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

os mortais. Aínda hoxe, en moitas partes do país, nenos enenas entoan unha cántiga a noite do festival Tanabata:Tenki ni nari! (Oh, ceo, mantente despexado!). Na pro-vincia de Iga, a mocidade tamén canta unha divertidatoada á hora na que se supón o encontro dos amantes:

Tanabata ya!Amari Isogaba,Korobubéshi!52

En troques, na provincia de Izumo, unha rexión moichuviñosa, prevalece a crenza contraria: pénsase que unceo límpido o sétimo día do sétimo mes non traerá senóndesgraza. A explicación local para a dita crenza é quese as estrelas poden encontrarse, da súa unión naceránmoitas pequenas deidades malvadas que traerán a seca eoutras calamidades ao país.

*

* *

O festival de Tanabata celebrouse por vez primeira noXapón o sétimo día do sétimo mes de Tembyo Shoho (ano755 da Nosa Era). Se callar, a orixe chinesa das divinda-des Tanabata ten que ver co feito de que a súa adoraciónpública nunca foi representada en moitos templos.

Logrei rastrexar un único templo que si representaesa veneración, chamado Tanabata-jinja, localizado na

52N. do A. «Eh, Tanabata, non apures tanto ou caerás!».

115

Page 117: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

aldea de Hoshiaimura, na provincia de Owari, e arrodea-do dunha fraga que coñecen como Tanabata-mori53.

No entanto, mesmo denantes de Tembyo Shoho, a len-da da Tecedeira seica era xa moi coñecida no Xapón, poisexisten rexistros de que na sétima noite do sétimo ano deYoro (723 da Nosa Era) o poeta Yamagami no Okuracompuxo a canción:

Amanogawa,Ai-muki tachité,Waga Koïshi

Kimi kimasu nari—Himo-toki makina!54

Parecería polo tanto que o festival Tanabata botoua andar no Xapón hai 1150 anos, só como un festivalda Corte Imperial, en consonancia co seu predecesor chi-nés. No sucesivo, nobres e militares de todos os recantosemularon o exemplo imperial, e o costume de celebrar oHoshi-matsuri ou Festival Estelar (velaí a que era a súadenominación popular) propagouse de xeito paulatino áscastes inferiores, até que ao final o sétimo día do sétimomes se converteu, a todos os efectos, nunha festa nacio-nal. Non obstante, o modo no que se celebraba variou deforma considerable nas distintas épocas e provincias.

As cerimonias na Corte Imperial tiñan un caráctermarcadamente exclusivo: ofrécese un relato ao respectono Koji Kongen, acompañado de ilustracións aclarato-rias. A noite do sétimo día do sétimo mes despregábanse

53N. do A. Non obstante, non existe a tal mención a unha aldea conese nome en ningún directorio moderno.

54N. do A. Para coñecer a tradución e a explicación desta canción,véxase a nota 56.

116

Page 118: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

unhas esteiras na ala leste dese pavillón do Palacio Impe-rial chamado Seri-yoden; e sobre estas dispúñanse catromesas con ofrendas ás divindades estreladas. A maioresdas habituais ofrendas de comida, colocábanse encol de-sas mesas viño de arroz, incenso, vasos vermellos quecontiñan flores, unha arpa, unha frauta e mais unha agu-lla de cinco alfiestras, atravesadas por senllos fíos cadaun dunha cor. Aos lados das mesas deixábanse lámpadasde aceite revestidas de negro, para iluminar o banquete.Noutras partes do chan colocábase un cano con auga demodo que reflectise a luz das estrelas Tanabata; e as da-mas da Familia Imperial trataban de enfiar unha agullaunicamente por medio do seu reflexo. Aquela que o lo-grase sería a afortunada no ano vindeiro.

Os nobres da corte (Kugé) tiñan a obriga de lle reali-zar determinadas ofrendas á Casa Imperial o día do fes-texo. O carácter desas ofrendas, así como a súa maneirade presentalas, viña estipulado por decreto. Eran trans-portadas até o palacio nunha bandexa, portada por unhamuller de alto rango oculta tras un veo e ataviada cunvestido cerimonial. Sobre ela, mentres camiñaba, unhagrande antuca da que termaba un asistente. Na bande-xa había sete tanzaku (longas fitas laterais de fino papeltinguido para a escritura de poemas), sete follas kudzu55,sete tiras de somen (un tipo de pasta vermicelli), catorcepinceis e un fato de follas de taro recollidas pola noite exenerosamente chapuzadas de resío.

Nos xardíns de palacio deu comezo a cerimonia á Horado Tigre –ás catro da madrugada–. Lavaron daquela conprofusión as pedras de tinguir (para proceder á escriturade poemas laudatorios ás deidades estelares) e colocaronunha tras outra riba dunha folla de kudzu. Depositaron

55N. do A. Pueraria thunbergiana.

117

Page 119: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

máis tarde sobre cada unha un puñado de húmidas follasde taro, e con esas pingas de resío no canto de auga,quedou lista a tinta para escribir. Todos os ritos parecíanunha copia daqueles en voga na corte chinesa en temposdo emperador Ming-Hwang.

Non foi até a época do Shogunato Tokugawa cando ofestival Tanabata pasou en realidade a ser unha festa na-cional. E o costume popular de atar tanzaku de distintascores a bambús acabados de cortar para a ocasión datadun momento tan recente como a era de Bunseï (1818).Con anterioridade, o tanzaku confeccionárase a partir depapel de moi alta calidade; e as vellas cerimonias aristo-cráticas foran tan custosas como elaboradas. Porén, naépoca do Shogunato Tokugawa fabricábase xa un papel agrande escala, un papel barato de varias cores, de tal ma-neira que as cerimonias festivas pasaran a ser ben máisbaratas, tanto como para que tamén os máis pobres sesumasen.

Os costumes populares relacionados co festival cam-biaban dunha a outra localidade. En Izumo –onde todasas clases sociais, os samurais ou a xente do común cele-braban a festa dun xeito bastante similar– eran particu-larmente interesantes. E un breve relato ao respecto daráunha idea dos aspectos felices da vida na época feudal.Á Hora do Tigre, a sétima noite do sétimo mes, todo omundo estaba esperto, e realizábase a tarefa de lavadodas pedras de tinguir, así como dos pinceis de escritura.Logo, no xardín da casa, recollíanse as gotas da rosadadas follas de taro. Esta rosada recibía o nome de Amona-gawa no suzuki («pingas do Río Celestial»), e empregá-base para fabricar tinta fresca coa que escribir os poemasque habían colgar dos bambús do xardín.

118

Page 120: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Era frecuente que as amizades se agasallasen mutua-mente novas pedras de tinguir na época do festival Ta-nabata, e no caso de haber algunha destas novas pedrasna casa, a tinta fresca elaborábase nelas. A continua-ción, cada membro da familia escribía poemas. Os adul-tos compuñan versos, en función das súas capacidades,como forma de veneración ás deidades estelares, mentresque os nenos ou ben escribían ao ditado ou ben proba-ban a improvisar. Aqueles aínda demasiado cativos parausaren os pinceis sen axuda eran asistidos por unha manamiga, for a dun pai, for a dunha irmá ou dun irmán máisvellos, a fin de que trazasen sobre un tanzaku o carácterdunha palabra solta ou dunha frase relacionada co fes-tival: como «Anamogawa» ou «Tanabata» ou «Kasasagino Hashi» (a Ponte das Pegas).

No xardín había dúas plantas de varelas de bambúacabadas de cortar, cos seus ramallos e follaxe: un bam-bú macho (otoko-daké) e outro femia (onna-daké), sepa-rados por unha distancia de seis pés; e do cordel dunhaa outra planta penduraban retrincos de papel de cincocores e madeixas de fío tinguido tamén de cinco cores.As fitas representaban pezas de roupa da parte supe-rior do corpo, o chamado kimono. Atábanse tanzaku conpoemas escritos por distintos membros da familia ás fo-llas e ramas de bambú. E, enriba dunha mesa, entre asplantas, ou xusto diante delas, bandexas con ofrendasdiversas para as deidades estelares, con somen, viño dearroz e froitas e verduras de diversos tipos, coma cogom-bros e sandías.

Secasí, o costume máis curioso relacionado co festivalera o Nému-nagashi ou ritual de «lavado do sono». Antesde espontar a aurora, os mozos adoitaban acudir a algúnregato cargados dunha presa de follas de némuri e de

119

Page 121: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

fabas, todo mesturado. Ao acadaren a auga, ceibaban osatados na corrente e entoaban unha canción:

Nému wa, nagaré yo!Mamé no ha wa, tomaré!

Cabe interpretar estes versos de dúas maneiras, poisa palabra nému pode entenderse como némuri (sono) ounemuri-gi ou némunoki, a «planta do sono» (mimosa),entrementres que as sílabas mamé, por figuraren escritasen kana, é posible que teñan o sentido de «feixón» ou«actividade», «forza», «vigor», «saúde» etc. Con todo,a cerimonia tiña un pouso simbólico, e a mensaxe quebuscaba trasladar a canción era:

Oh, somnolencia, lisca de aquí!Follas do vigor, quedade!

Tras isto, todos os mozos saltaban á auga, bañábanseou nadaban, como mostra da súa determinación de es-preguizarse para o ano que estaba por chegar, así comopara manter unha vigorosa forza de espírito.

Non obstante, era probablemente en Edo (hoxe To-quio) onde o festival Tanabata alcanzaba a súas máispintorescas cotas. Durante o par de xornadas que durabaa celebración –o sexto e sétimo días do sétimo mes– acidade arremedaba un vasto bosque de bambús. Bambúsfrescos aos que estaban atados poemas, que se alzabansobre os teitos das casas. Os campesiños facían caixa esesdías co bambú, que transportaban ao centro en centos de

120

Page 122: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

carretas repletas, e que se destinaría ao festexo. Outroaspecto característico do festival de Edo era o desfile in-fantil, no que levaban á cidade os bambús con poemascolgados. Á súa vez, atábaselle a cada un deles unha pla-ca vermella sobre a que estaban pintados, en caractereschineses, os nomes das estrelas Tanabata.

Pero casemente en calquera parte e sen importar a cla-se social, baixo o réxime Tokugawa, o festival Tanabataacostumaba ser unha celebración moi ben recibida polaxente nova. A festividade principiaba coa disposición delanternas antes da amencida e prolongábase até ben en-trada a noite seguinte. Os novos, tanto eles coma elas,lucían as súas mellores galas e facían visitas cerimoniaisa amizades e veciñanza.

A lúa do sétimo mes chamábase Tanabata-tsuki ou«Lúa de Tanabata». Así mesmo, recibía o nome de Fumi-tsuki ou «Lúa literaria», a teor de que durante o sétimomes en todos os sitios se compuñan odas aos AmantesCelestiais.

*

* *

Teño para min que os meus lectores poderían estar in-teresados en coñecer a seguinte pasaxe duns antigos poe-mas xaponeses, que abordan o tema da lenda de Tana-bata. Todos están extraídos do Manyoshu. O Manyoshuou «Recompilación dunha infinidade de follas» é unhavasta colección de poemas compostos antes de mediadosdo século VIII. Compiláronse por mandado imperial, ecompletáronse a comezos do século IX. Glósanse máis

121

Page 123: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

de catro mil poemas; hainos que son «poemas longos»(naga-uta), malia que a inmensa maioría son tanka oucomposicións limitadas a trinta e unha sílabas; os seusautores eran ou ben cortesáns ou ben oficiais de altorango.

As once primeiras tanka que aquí figuran traducidasforon obra de Yamagami no Okura, gobernador da pro-vincia de Chikuzen hai máis de once séculos. A súa famacomo poeta é máis que merecida, pois unha parte pa-ra nada desprezable do seu labor está á altura dalgúnsdos máis máis senlleiros epigramas da Antoloxía palatina.Os versos a continuación, arredor da morte do seu fillopequeno Furubi, dan fe:

WakakerébaNichi-yuki shiraji:Mahi wa sému,

Shitabé no tsukahiOhité-tohorasé.

[Por ser tan novo, non pode coñecer o camiño... Subor-narei o Arauto do Inframundo, e suplicareille, dicindo:«Serás tan amable de andar o camiño cargando con estepequeno ao lombo?».]

Oitocentos anos antes, o poeta grego Diodoro Zonasde Sardes escribía:

«Ti que gobernas o barco dos mortos polas augas des-te lago cuberto de xuncais, rumbo a Hades, esténdelle oteu manto, escuro Caronte, ao fillo de Cíniras mentresremonta a escaleira de acceso, e recíbeo. Porque as súas

122

Page 124: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

sandalias farán que o raparigo esvare, e teme que os seuspés espidos pisen a area da orela».

Así a todo, o engaiolante epigrama de Diodoro inspi-rábase á súa vez nun mito –na medida na que o «fillo deCíniras» non era outro ca Adonis–, mentres que os versosde Okura nos expresan o anhelo do corazón dun pai.

Pese a que, en efecto, a lenda de Tanabata era unpréstamo importado da China, non haberá de atopar olector nada chinés nas seguintes composicións. Represen-tan a vella poesía clásica na súa forma máis pura, libre decalquera influencia externa; e suxírennos múltiples cues-tións no tocante ás condicións de vida no Xapón mesmocando decorreron máis de mil douscentos anos.

Ao lembrar que foron escritas iñantes de que calqueraasomo de literatura europea tomase forma, un non podedeixar de abraiar co pouco que mudou a lingua xaponesano transcurso de tantos séculos. Á marxe duns poucosarcaísmos e dunha serie de leves cambios na pronuncia,o lector xaponés medio actual pode deleitarse con estaprodución primitiva de inspiración nativa con máis oumenos a mesma escasa dificultade coa que un lector eninglés é quen de analizar os poemas da Época isabelina.É máis, o refinamento e o mero engado das composiciónspresentes no Manyoshu endexamais se viron superadospor nada, e rara vez igualados por poetas nipóns de épo-cas posteriores.

No relativo ás preto de corenta tanka que traducín, oseu principal atractivo reside, coido, no que nos revelanacerca da natureza humana dos seus autores. Tanabata-tsumé segue a representar para nós a esposa xaponesa,capaz de profesar un amor reverencial. Pola súa banda,

123

Page 125: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Hikoboshi presentóusenos desprovisto de calquera luz di-vina, tan só como o mozo esposo xaponés do século VIou VII, denantes de que a convención ética chinesa deseen impoñer as súas restricións sobre a vida e a literatura.De igual modo, estes poemas espertan interese pola súaexpresión da incipiente inclinación pola beleza natural.Atopamos neles o escenario e as estacións do Xapón, noseu traslado á Chaira Azul do Alto Ceo..., ao Regato Ce-lestial cos seus rápidos e os seus baixíos, as súas súbitascrecidas e o illó sobre un leito de cons, e as súas herbasacuáticas cambadas polo vento outonizo, que ben poderíaser o Kamogawa..., e a mera que flota nas súas marxes,a de Arashiyama. O barco de Hikoboshi, impulsado porun único remo sobre a chamadoira de madeira, aínda nonquedou obsoleto. E en moitos transbordadores das zonasrurais aínda é posible ver o hiki-funé –un xunco, embar-cación de fondo plano que avanza tirada por un sistemade cables–, no cal Tanabata-tsumé rezaba para que o seuhome cruzase nunha noite de temporal. E amantes e es-posas aínda hoxe sentan á porta en moitas aldeas duran-te as plácidas xornadas da outonía, a teceren como tecíaTanabata-tsumé polo seu amante e señor.

Cabe apuntar que, en moitos destes versos, non é aesposa a que obediente cruza o Río Celestial para se en-contrar co marido, senón que é este o que navega polacorrente para reunirse coa muller; e non hai referencianingunha á Ponte das Aves...

No que afecta a miña tradución, aqueles lectores quepor experiencia propia coñezan o alto grao de dificultadeque implica a tradución dun verso xaponés, saberán es-cusarme, quero pensar. Procurei seguir o sistema romajide escritura (a excepción dun par de casos onde crin xus-tificado recorrer á antiga silabación, acorde co método

124

Page 126: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

adoptado por Aston); así, as palabras ou frases que cum-priu achegar figuran entre corchetes.

AmanogawaAi-muki tachité,Waga koïshi

Kimi kimasu nariHimo-toki makéna!

[Xa chega, o meu longamente desexado señor, a quenestiven esperando encontrar aquí, á ourela do Río Ce-lestial... Acércase o momento no que hei de afrouxar ocinguidoiro56.]

Hisakata no57Ama no kawasé ni,

Funé ukété,

56N. do A. A derradeira liña alude a un encantador costume que semenciona na literatura xaponesa máis antiga. Os amantes, antes de par-tiren, atábanse un a outro un cinguidoiro adherido ao corpo (himo) ecomprometíanse a non desatar o nó até o seu próximo encontro. Cóntaseque este poema se escribiu no sétimo ano de Yoro (o 723 da Nosa Era),hai 1182 anos.

57N. do A. Hisakata-no é unha «palabra-almofada» empregada porpoetas da Antigüidade para se referiren aos obxectos celestes; a súatradución adoita ser particularmente difícil. O señor Aston é da opiniónde que o significado literal de hisakata é nin máis nin menos que «longo-duro», no sentido de «resistente, de longa duración» –hisa (longo) ekatai (duro ou firme)–, de maneira que hisakata-no significaría algo asícomo «firmamental». Porén, analistas xaponeses comentan que o termose compón de tres palabras: hi (sol), sasu (brillo) e kata (lado); estaetimoloxía xustificaría a tradución de hisakata-no como unha expresióndo tipo «sementeira de luz», «irradiación». Para saber máis acerca daspalabras-almofada, véxase a obra de Aston, Grammar of the JapaneseWritten Language.

125

Page 127: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Koyoï ka kimi gaAgari kimasan?

[Sobre os Rápidos do Ceo Eterno, a bordo do seu bar-co, o meu señor dignarase a vir onda min sen dubidaloesta mesma noite.]

Kazé kumo waFutatsu no ksihi ni

Kayoëdomo,Waga toho-tsuma noKoto zo kayowanu!

[Aínda que ventos e nubes poden circular con liber-dade en ambas as marxes do río, entre o meu afastadoesposo e eu mesma non pode cruzar mensaxe ningunha.]

Tsubuté58 ni moNagé koshitsu-béki,

AmanogawaHédatéréba ka mo,Amata subé-naki!

[Até a beira contraria ben podería unha arrebolar uncon; pero, ao me atopar separada del polo Río Celestial,pobre de min que espero en baluto un encontro que, bar-dante no outono, xamais se producirá.]

58N. do A. No texto antigo figura tabuté.

126

Page 128: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Aki-kazé noFukinishi hi yori«Itsushuka» to—;Waga machi koïshiKimi zo kimaséru.

[Des que empezou a soprar o vento do outono (noncesaba de repetirme): «Ah! Cando nos reuniremos...?»;mais agora o meu amado, por quen agardaba con devezo,chegou por fin!]

AmanogawaIto kawa-nami wa

Tatanédomo,Samorai gatashi—Chikaki kono sé wo.

[A pesar de que as augas do Río Celestial non creceronde máis, (cruzar) o regacho próximo e agardar (polo meuseñor e amante) segue a antollarse imposible.]

Sodé furabaMi mo kawashitsu-béku

Chika-kerédoWataru subé nashi,Aki nishi aranéba.

[Malia atoparse tan cerca que o abaneo das súas (lon-gas) mangas se pode distinguir, non existe maneira nin-gunha de cruzar a corrente antes da chegada do outono.]

127

Page 129: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Kagéroï noHonoka ni mietéWakarénaba;—Motonaya koïn

Aü-toki madé wa!

[Cando nos separaron, tan só a vira durante un ins-tante..., e da mesma maneira vaga na que un ve voarunha efémera59; agora debo anhelala en van, coma antes,até que se produza o noso próximo encontro!]

Hikoboshi noTsuma mukaë-buné

Kogizurashi,—Ama-no-Kawara niKiri no tatéru wa.

[Diría que Hikoboshi debe de estar gobernando o seubarco para ir ao encontro da esposa..., pois elévase unhabrétema (coma a que xera un remo) sobre o leito do RíoCelestial.]

Kasumi tatsuAma-no-Kawara ni,Kimi matsu to,—Ikayo hodo ni

Mono-suso nurenu.

59N. do A. Kagéroï é unha forma obsoleta de kagéro, co significadode efémera na súa acepción de insecto.

128

Page 130: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

[Namentres agardo polo meu señor na bretemosa orelado Río Celestial, os baixos do meu vestido dalgún mododeberon mollarse.]

Amanogawa,Mi-tsu no nami oto

Sawagu-nari:Waga matsu-kimi noFunadé-surashi mo.

[No Río Celestial, no lugar do célebre embarcadoiro,o son da auga fíxose máis intenso: talvez o meu longotempo esperado señor veña pronto no seu barco.]

Tanabata noSodé maku yoï no

Akatoki wa,Kawasé no tazu waNakazu to mo yoshi.

[Mentres Tanabata (dorme) coas súas longas mangasrefucidas, até a saíde da aurora, oh, cegoñas dos baixosribeiregos, non a espertedes co voso balbordo60.]

AmanogawaKiri-tachi-wataru:Kyo kyo, to—

Waga matsu-koïshiFunadé-surashi!

60N. do A. Literalmente, «non berrar (estaría) ben», pero mal casaunha tradución literal do poema.

129

Page 131: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

[(Ela ve que) un fuscallo se expande polo Río Celes-tial... «Hoxe, hoxe», pensa, «o meu longamente esperadoseñor probablemente apareza no seu barco».]

Amanogawa,Yasu no watari ni,

Funé ukété;—Waga tachi-matsu toImo ni tsugé koso.

[Xunto ao transbordador de Yasu, no Río Celestial,flota o barco: prégoche que lle digas á miña irmá peque-na61 que ficarei aquí, á agarda.]

O-sora yoKayo waré sura,Na ga yué ni,

Amanokawa-ji noNazumité zo koshi.

[Aínda que eu (sendo unha deidade estelar) podo cru-zar ao meu antollo de acó para aló por todo o firma-mento..., direiche que cruzar o Río Celestial por ti foi untraballo do máis arduo!]

Yachihoko noKami no mi-yo yoriTomoshi-zuma;—

61N. do A. Isto é, «esposa». No xaponés arcaico a palabra imo sig-nificaba tanto «esposa» coma «irmá pequena». O termo tamén podetraducirse por «querida» ou «amada».

130

Page 132: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Hito-shiri ni keriTsugitéshi omoëba.

[Dende a augusta Época do Deus das Oito Mil lan-zas62, ela só puido ser a miña esposa en segredo63, pormáis que agora, debido ao meu constante degoro dela, anosa relación se dese a coñecer entre os homes.]

Amé tsuchi toWakaréshi toki yoOnoga tsuma;

Shika zo té ni aruAki matsu aré wa.

[Dende o intre no que se separaron terra e ceo, ela éa miña esposa; e, con todo, para estarmos de par, deboagardar sempre a que chegue o outono64.]

Waga koruNiho no omo waKoyoï mo ka

Ama-no-kawara niIshi-makura makan.

62N. do A. Yachihoko-no-kami, ao que se lle apoñen moitos outrosnomes, é o Gran Deus de Izumo, e coñécese comunmente polo apelativode Oho-kuni-nushi-no-Kami ou «Divino Mestre da Gran Terra». Local-mente tamén se lle venera como deus do matrimonio, razón pola quetalvez o cite aquí o poeta.

63N. do A. Ou «a miña esposa rara vez visitada». A palabra tsuma(zuma) en xaponés antigo podía significar esposa ou esposo; así, estepoema podería traducirse de modo que exprese os sentimentos dunhaou doutro.

64N. do A. Segundo o calendario antigo, o sétimo día do sétimo mescaía no outono.

131

Page 133: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

[Coa miña amada, a de rubicundas faceiras65, sucede-rá que esta noite baixarei ao leito do Río Celestial, paradurmir nunha almofada de pedra.]

Amanogawa.Mikomori gusa no

Aki-kazé niNabikafu miréba,Toki kitarurashi.

[Ao que vexo as herbas acuáticas do Río Celestial cam-barse por efecto do vento outonal (penso para min): «Sei-ca chegou a hora (do noso encontro)».]

Waga séko niUra-koi oréba,Amanogawa

Yo funé kogi-toyomuKaji no ’to kikoyu.

[Cando no meu corazón sinto a repentina ausenciado meu esposo66, daquela no Río Celestial escóitase achapuzadura dun remo do barco nocturno.]

To-zuma toTamakura kawashi

65N. do A. O significado literal é «cara tinguida de béni», é dicir, unrostro cuxos beizos e moufas foron pintados con béni, un tipo de carmín.

66N. do A. En xaponés antigo a palabra séko significaba ou ben esposoou ben irmán maior. O comezo do poema tamén cabería traducilo destemodo: «Cando boto en falla en segredo o meu marido» etc.

132

Page 134: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Nétaru yo wa,Tori-gané na nakiAkéba aku to mo!

[Na noite que xaza a canda a miña (agora) distanteesposa, despois de intercambiarmos as preciosas almofa-das67, non permitas que cante o galo, por máis que o díaesponte.]

Yorozu-yo niTazusawari itéAi mi-domo,

Omoi-sugu-békiKoi naranaku ni.

[Aínda que durante unha profusa sucesión de épocaspermanecésemos corpo a corpo e cara a cara, o noso exce-so de amor endexamais se diluiría (Por que logo estimounecesario o Ceo que debiamos separarnos?).]

Waga tamé to,Tanabata-tsumé no,

Sono yado ni,Oréru shirotaiNuït ken kamo?

67N. do A. «Intercambiar as preciosas almofadas» significa usar osbrazos un do outro como almofada. Esta poética frase emprégase confrecuencia na literatura xaponesa antiga. A palabra para [pedra] preciosaou alfaia, tama, aparece a miúdo unida a outra como equivalente de«preciosa», «querida» etc.

133

Page 135: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

[O branco pano que Tanabata me teceu nesa moradasúa, está a ser agora, creo, convertido nunha túnica paramin.]

Shirakumo noI-ho é kakuritéTo-kédomo,

Yoï-sarazu minImo ga atari wa.

[Por lonxe que ela se atope, agochada para min trascincocentas capas de nube branca, non deixarei de dirixircada noite a miña mirada cara á morada da miña irmápequena (esposa).]

Aki sarébaKawagiri tatéruAmanogawa

Kawa ni muki-itéKru68 yo zo oki!

[Non ben chega a outonada e as meras ribeiregas sepropagan polo Río Celeste, encamíñome ao río (e eslu-mezo); e son tantas as noites na que eslumezo!]

Hito-tosé niNanuka no yo nomi

Aü-hito no—Koï mo tsuki-néba

Sayo zo aké ni keru!68N. do A. Por kofuru.

134

Page 136: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

[Pero unha vez en todo o ano, e só a sétima noite(do sétimo mes), para reunirse coa persoa amada... Ai!Amenceu antes de que o noso amor puidese expresarse69!]

Toshi no koïKoyoï tsukushíté,Asu yori wa,

Tsuné no gotoku yaWaga koï oran.

[Tras concluír esta noite a señardade de amor dunano enteiro, cada día a partir de mañá volverei estrañalocoma antes!]

Hikoboshi toTanabata-tsumé to

Koyoï aü;—Ama-no-Kawa to niNami tatsu-na yumé!

[Hikoboshi e Tanabata-tsumé haberán de encontrarseesta noite...; ondas do Río Celestial, gardádevos de nonvos erguer!]

Aki-kazé noFuki tadayowasuShirakumo wa,

Tanabata-tsumé noAmatsu hiré kamo?

69N. do A. Ou «satisfacerse». A súa tradución literal resulta dificul-tosa.

135

Page 137: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

[Oh, esa nube que move o vento do outono, acaso podeser a hiré70 celestial de Tanabata-tsumé?]

Shiba-shiba moAi minu kimi wo,

AmanogawaFuna-dé haya séyoYo no fukénu ma ni.

[É o meu amado, con quen con tan escasa frecuenciame reúno, por iso rema brioso no seu barco que cruza oRío Celestial, denantes de que avance a noite.]

AmanogawaKiri tachi-watariHikoboshi no

Kaji no ’to kikoyuYo no fuké-yukéba.

[Á noite, xa tarde, unha nebra propágase polo RíoCelestial; e óese o rumor que produce Hikoboshi co seuremo71.]

70N. do A. En distintas épocas, na historia da moda feminina xapo-nesa, varias pezas de roupa foron chamadas así. No presente caso, a hiréprobablemente sexa unha bufanda branca que se enrola ao pescozo e seloce sobre os ombreiros e o peito, onde acaba. No seu extremo é posibleque teña flocos, que ou ben se deixan soltos ou ben se atan de maneiraornamental. A hiré emprégase con frecuencia como medio para trasla-dar mensaxes, en boa medida igual que hoxe se axitaría un pano conidéntico propósito. Canto á pregunta formulada no poema, parece quediga: «Pode tratarse de Tanabata, que axita a súa bufanda... para mechamar?». Nos primeiros tempos, adoitaba vestirse de branco.

71N. do A. Ou «o renxer do seu remo» (na actualidade, a palabra kajisignifica «leme»; o único remo asentado sobre unha chumaceira, pode

136

Page 138: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

AmanogawaKawa ’to sayakéshi:

Hikoboshi noHaya kogu funé noNami no sawagi ka?

[No Río Celestial é posible distinguir o rumor dunhabatuxada: será o son das ondas que orixina Hikoboshi aoremar?]

Kono yubé,Furikuru amé wa,

Hikoboshi noHaya kogu funé noKaï no chiri ka mo.

[Quizais esta choiva vespertina non sexa senón a es-cuma (que sae despedida) do remo de Hikoboshi, de tanapurado como voga no seu barco.]

Waga tama-doko woAsu yori waUchi haraï,

Kimi to inézutéHitori ka mon nen!

[Dende mañá, é boa mágoa!, despois de arranxar de-bidamente a miña cama, xa non repousarei cabo do meuseñor; terei que durmir soa!]designar tanto o leme coma o remo, hoxe chamado ro). A bruma quecruza o Amanogawa é, segundo os estudosos, a escuma do remo do deusestelar.

137

Page 139: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Kaze fukité,Kawa-nami tachinu;—

Hiki-funé niWatari mo kimaséYo no fukénu ma ni.

[Zafrea o vento, grandes vagas sucan o río...; prégocheque esta noite cruces nun remolcador72, antes de que sefaga tarde!]

AmanogawaNami wa tatsutomo,

Waga funé waIza kogi iden

Yo no fukénu ma ni.

[A pesar das considerables ondas do Río Celestial, de-bo remar con denodo antes de que sexa noite pecha!]

Inshié niOritésh hata wo;

Kono yubéKoromo ni nuïté—Kimi matsu aré wo!

[Hai moito que terminei de tecer o material; e, estanoite, así que acabe de bordar o ornato para el... (porque debo) seguir esperando polo meu señor?]

72N. do A. Literalmente, «barco de tiro» (hiki-funé): un barco oubarcaza tirado por unha corda.

138

Page 140: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

AmanogawaSé wo hayami ka mo?

Nubatama noYo wa fuké ni tsutsuAwanu Hikoboshi!

[Acaso a corrente do Río Celestial (se volveu demasia-do) rápida? Avanza a noite de negro acibeche... e aíndanon se presentou Hikoboshi!]

Watashi-mori,Funé haya watasé;—

Hito-tosé niFutatabi kayo

Kimi naranaku ni!

[Oh, barqueiro, cruza rápido o leito do río...! O meuseñor non se conta entre aqueles que poden cruzar a unlado e a outro un par de veces ao ano!]

Aki kazé noFukinishi hi yori,

AmanogawaKawasé ni dédachi;—Matso to tsugé koso!

[O mesmo día que o vento do outono deu en soprar,dirixinme aos baixíos do Río Celestial... Rógoche que lledigas ao meu señor que sigo esperando aquí!]

139

Page 141: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

Tanabata noFunanori surashi,—

Maso-kagami,Kiyoki tsuki-yo niKumo tachi-wataru.

[Diría que Tanabata vén de camiño a bordo do seubarco, pois unha nube cruza xusto agora a cara visibleda lúa73.]

Emporiso, chegou a afirmarse con total seriedade queos antigos poetas xaponeses non eran capaces de ver abeleza nos ceos estrelados...!

Poida que a lenda de Tanabata, tal e como a entendíanos poetas de antano, non logre tocar senón de maneiraleve a fibra das mentes de Occidente. Sexa como for, nosilencio das noites transparentes, antes de que saia a lúa,o encanto dos contos antigos descende ás veces até mindende o rutilante firmamento para me facer esquecer osmonstruosos feitos científicos e o formidable horror doEspazo. Dende aquela, xa non concibo a Vía Láctea co-ma ese horrible Anel do Cosmos, cuxos cen millóns desoles nada poden facer para alumear o Abismo, senóncomo o Amanogawa mesmo..., o Río Celestial. Contem-plo a xenialidade da súa coruscante corrente e a calixeque flota na beira, e as herbas acuáticas que vencen covento do outono. Vexo a branca Orihimé no seu salónestrelado, e sei que o resío que cae é a escuma do re-mo do boieiro. E o ceo parece estar moi preto, e ser moi

73N. do A. Composto polo célebre poeta Otomo no Sukuné Yakamochimentres miraba a Vía Láctea a sétima noite do sétimo mes do décimoano de Tampyo (ano 738 da Nosa Era). A palabra-almofada no terceiroverso (maso-kagami) é intraducible.

140

Page 142: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa

cálido e humano. E o silencio que se abalanza sobre minestá cheo dun soño de amor inalterable, inmortal, anhe-loso e mozo por sempre, e eternamente insatisfeito polasabedoría paternal dos deuses.

141

Page 143: Contos do Xapóntradutoresgalegos.com/pdf/contos_xapon.pdfOsoñodundíadeverán I O hotel parecía un paraíso, e as súas serventas, seres celestiais. Isto debíase a que eu acababa