Internacionalización y multilingüismo en WordPress [Dani Reguera - @dreguera]
A Problemática do Multilingüismo na India - pure.qub.ac.uk · Published in Revista Galega de...
Transcript of A Problemática do Multilingüismo na India - pure.qub.ac.uk · Published in Revista Galega de...
A Problemática do Multilingüismo na India
Nandi, A. (2011). A Problemática do Multilingüismo na India. Grial. Revista Galega de Cultura, 189, 71-75.
Published in:Grial. Revista Galega de Cultura
Document Version:Peer reviewed version
Queen's University Belfast - Research Portal:Link to publication record in Queen's University Belfast Research Portal
General rightsCopyright for the publications made accessible via the Queen's University Belfast Research Portal is retained by the author(s) and / or othercopyright owners and it is a condition of accessing these publications that users recognise and abide by the legal requirements associatedwith these rights.
Take down policyThe Research Portal is Queen's institutional repository that provides access to Queen's research output. Every effort has been made toensure that content in the Research Portal does not infringe any person's rights, or applicable UK laws. If you discover content in theResearch Portal that you believe breaches copyright or violates any law, please contact [email protected].
Download date:20. Nov. 2018
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
A PROBLEMÁTICA DO MULTILINGÜISMO NA INDIA
Anik Nandi (Burdwan- Bengala Occidental / India) é especialista en sociolingüística comparada
e cursa o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela.
É bolseiro da MAEC-AECID .
Un dos elementos máis definitorios da cultura dun pobo é, sen dúbida, a súa
lingua, xa que -alén de ser o principal mecanismo de comunicación entre as persoas-
os idiomas serven tamén para transmitir emocións, sentimentos e valores sociais,
atopándose por iso ligados a procesos de construción de identidades colectivas.
Consecuentemente, as linguas reflicten o núcleo cultural das comunidades que as
falan, e é a través delas como a memoria colectiva -as anécdotas, as tradicións, os
mitos, os coñecementos e os valores- se transmite de forma inter-xeracional. O
multilingüismo é unha facultade que potencia o desenvolvemento da competencia
comunicativa dun individuo. Ao longo deste artigo voume referir á situación das linguas
minoritarias nunha sociedade plurilingüe como da India e a fenómenos como o
«contacto de linguas», «cambio do idioma» e a «desaparición» ou extinción das
linguas.
Case todos os Estados teñen no seu territorio nacional un ou varios grupos de
minorías -ben sexan minorías étnicas, lingüísticas ou relixiosas- que difiren do resto,
da maioría da poboación. As relacións harmoniosas entre as minorías e as maiorías e
o respecto da identidade de cada un dos grupos constitúen un elemento sumamente
positivo para a diversidade multiétnica e multicultural da humanidade. O seguinte
cadro mostra a distribución dos 6.909 idiomas do mundo:
Área Linguas vivas Número de Falantes Número Porcentaxe Número Porcentaxe África 2.110 30.5 726.453,403 12.2 Américas 993 14.4 50.496.321 0.8 Asia 2.322 33.6 3.622.771.264 60.8 Europa 234 3.4 1.553.360.941 26.1 Pacifico 1.250 18.1 6.429.788 0.1 Total 6.909 100.0 5.959.511.717
Cadro 1: Distribución dos 6.909 Idiomas no Mundo (Ethnologue, 2009)
A diversidade, segundo Harmon (2001), é o estado natural do mundo, e resulta
fundamental no proceso de evolución. Mentres a palabra biodiversidade se aplica á
grande variedade de organismos vivos e ás súas diferentes formas de
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
interrelacionarse, a diversidade cultural designa a convivencia de numerosos grupos
culturais, étnicos e relixiosos entre si. A diversidade lingüística pódese considerar
como unha parte da diversidade cultural, tendo ambas unha relación recíproca e
mutua coa biolóxica. Os defensores desta teoría cren que a diversidade da vida non
soamente incorpora a variedade de especies e culturas senón tamén a variedade das
linguas que a humanidade veu empregando ao longo do tempo.
As linguas de grupos indíxenas e/ou minoritarios están estreitamente
vinculadas á identidade cultural, relixiosa e étnica. Nesta época de economía
globalizada, tende a considerarse que son pouco rendibles. O sociolingüista J.
Fishman (1989) describe este proceso como «folclorización». Entre as comunidades
minoritarias, algunhas esixen que se respecten os seus dereitos lingüísticos e loitan
para conseguir que as súas linguas gocen dun status oficial, mentres que outras optan
por asimilarse á maioría na sociedade multilingüe.
O desprazamento dun idioma é indiscutiblemente o primeiro paso cara á súa
desaparición. Os sistemas educativos e os medios de comunicación xogan un papel
moi importante nos procesos de asimilación lingüística e o xenocidio lingüístico e/ou
cultural. De feito, a lingua con maior importancia nunha sociedade determinada
sempre ten a vantaxe de impor as súas regras sobre a lingua minoritaria que sofre o
«imperialismo lingüístico» (R. Philipson, 1992).
O sistema educativo, sen dúbida, é factor moi importante no mantemento das
linguas maternas. A exclusión das linguas minoritarias da educación formal incide
directamente na perda da diversidade lingüística. Skutnabb-Kangas (2000a e 2000b)
denominou este fenómeno como «xenocidio lingüístico na educación». As linguas
minoritarias e minorizadas da India son vítimas desta tendencia. O continuo abandono
docente e social das linguas minoritarias debilita a súa supervivencia na sociedade.
Así, unha vez que o idioma comeza a ser marxinado, o proceso continúa nas
seguintes xeracións, provocando o progresivo abandono da lingua.
No cadro 2 (Skutnabb-Kangas, 2000b, 49) móstrase un resumo das definicións
e estimacións dos diferentes graos da ameaza das linguas:
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Segura
Nin sequera linguas con millóns de falantes están seguras; non se pode definir o nivel de ameaza segundo o número dos falantes (Trond Trosterud, Nancy Hornberger etc.)
?
Linguas con máis dun millón de falantes (Michel Krauss) 200-250
Linguas con máis de 500.000 de falantes (Michel Krauss) 250-300
Linguas con máis de 100.000 falantes (Michel Krauss)
Ata o ano 2100, só 600 linguas pódense considerar como «seguras».
Amenazada Linguas con menos de 5000 falantes (Michel Foster)
En Perigo de
Extinción Os nenos aos poucos están deixando de aprender en casa (Michel Krauss).
Moribundo Non recibe transferencia inter-xeracional. (Michel Krauss).
20-50% (1,200 ? 3,000) das case 6000 linguas. (Michel Krauss)
Cadro 2: As definicións e estimacións dos diferentes graos da ameaza das linguas (Fonte: T. Skutnabb- kangas, 2000b, 49).
O proxecto «Enduring Voices» (2007) da canal National Geographic extrae a
desoladora conclusión de que cada dúas semanas desaparece unha lingua. Segundo
a última versión de Ethnologue (2009), actualmente quédannos 6.800 idiomas e o 97%
de poboación total do mundo fala só un 4% (aproximadamente uns 600) deles.
Considérase que só estes poderán sobrevivir a longo prazo. A maioría das linguas
ameazadas considéranse como linguas minoritarias, e en moitos casos non teñen
ningún poder nin recoñecemento oficial, nin sequera no seu propio territorio.
O gráfico 1 expón a lista dos países con máis linguas en perigo de extinción.
Aquí compróbase que a India ten o maior número de linguas ameazadas (196).
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Gráfico 1: Lista dos Países con mais linguas en Perigo de Extinción (UNESCO, 2009) 1
A India incorpora no seu territorio 3.372 linguas maternas (Censo, 1991). Entre
elas, só 1.572 están rexistradas e as restantes 1.796 están agrupadas como «outras
linguas maternas». Doutra banda, R. Fasold (1987, p. 20) sinala que «no one knows
definitely how many languages are spoken within its [India] borders, but they number
several hundred». Con todo, o censo de 2001 reduciu todas estas linguas maternas a
122. Todas elas están divididas en dous grupos: 22 linguas oficiais (Scheduled
Languages) e 100 linguas non-oficiais (Non-Scheduled Languages).
O cadro 3 recolle os datos máis recentes:
1 Fonte: UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura): Atlas
UNESCO de las Lenguas en Peligro en el Mundo. Edición interactiva. En línea:
http://www.unesco.org/culture/ich/ [Consulta: 21 de febreiro de 2010].
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Estados Indicadores
A India
Número de linguas 3.372 linguas maternas (Censo, 1991). (úsanse ao redor de 400 como linguas da comunicación)
Linguas oficiais do estado O hindi e inglés (lingua asociada da Unión)
Linguas cooficiais (recoñecidas nas súas respectivas rexións)
21 linguas (oriya, kashmiri, bengalí, gujarati, tamil, marathi, telegu, malayalam…)
Linguas catalogadas como minoritarias
100
Número de linguas nunha situación crítica2
35
Política lingüística actual na educación nas rexións relevantes
As rexións da India están divididas segundo as súas propias linguas. India tamén segue unha fórmula trilingüe: a lingua rexional (L1), a lingua nacional (L2) e a lingua internacional (L3).
Cadro 3: Situación lingüística actual da India
O mosaico idiomático da India componse de cinco familias lingüísticas: a
dravídica (ante todo tamil, telegu, malayam, e kannada), a indo-aria (hindi, bengalí,
punjabi, gujarati, marathi, sindhi etc.), a austro-asiática (limitada principalmente a un
subgrupo de linguas faladas nas montañas e bosques da India central e oriental), a
sino-tibetana (un grupo de linguas confinadas en grande parte á fronteira nordés), e a
familia andamanés (contén dez grupos étnicos diferentes coa súa propia lingua e
nome).
O gráfico 2 mostra a distribución das familias lingüísticas da India:
2 UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura) & Norwegian
Ministry of Foreign Affairs (2009): Atlas UNESCO de las Lenguas en Peligro en el Mundo. Edición interactiva. En
línea: http://www.unesco.org/culture/ich/ [Consulta: 21 de febrero de 2010].
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Gráfico 2: Distribución das Familias Lingüísticas na India (Censo, 2001)
A situación é moito máis complicada do que aparece no gráfico. Cando unha
lingua pasa os límites dunha provincia ou estado, é escrita a miúdo nun alfabeto
distinto e non pode ser lida por outros falantes da mesma familia lingüística. Este é o
caso, por exemplo, do punjabi ou do konkani. O Punjabi é unha lingua que se escribe
cos alfabetos devanagari, persa-árabe e gurumukhi; o konkani fálase en Goa,
Karnataka, Maharastra e Kerala, mais escríbese con diferente alfabeto en cada lugar.
Por outra parte, algunhas linguas teñen dialectos rexionais moi diversos. O hindi, por
exemplo, fálase dun modo moi diferente como lingua materna en Delhi, Rajasthan,
Hariyana, Uttar Pradesh e Bihar. O mesmo sucede coa maioría das linguas estatais.
O cadro 4 presenta as cinco primeiras letras dos alfabetos correspondentes ás
linguas máis importantes da India:
Cadro 4: Os Alfabetos das linguas mais importantes da India
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
No seguinte mapa lingüístico (mapa 1) móstrase a distribución das linguas
oficiais na India:
Mapa 1: O Mapa Lingüístico da India
A oficialidade destas linguas está recollida no capítulo oitavo da Constitución.
Segundo o último desenvolvemento de 2003 dese capítulo oitavo da Constitución da
India (artigos 343 - 51), no país existen só 22 idiomas oficiais catalogados, mentres
que os restantes non están incluídos no grupo privilexiado e considéranse como
«linguas minoritarias». Segundo o Censo de 2001, o 97% da poboación total da India
fala polo menos un dos idiomas oficiais como lingua inicial e case 3% da poboación
total fala unha destas linguas minoritarias e/ou minorizadas. O Third All India Survey
(a Terceira Enquisa de toda a India) confirma que se utilizan 58 linguas ao nivel
escolar, 47 na administración pública, emítense programas no radio en 91 e os
materiais de medios de comunicación están dispoñibles en 87 (Benedikter, 2009,
p.17).
Despois da independencia do imperio británico en 1947, os líderes locais da
India poscolonial comezaron a demandar estados separados para manter a súa propia
identidade étnica e/ou cultural. Unha das demandas máis frecuentes foi a delimitación
de fronteiras lingüísticas segundo a lingua dominante da zona. Este foi o comezo da
glotopolítica na India.
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
A creación de novos estados segundo a súa identidade lingüística principiou no
ano 1953 e, desde entón, a India segue tendo demandas de formación de novos
estados por parte dos falantes das diferentes linguas. Tanto é así que a denominación
de moitos dos seus 28 estados ten unha base lingüística, pois os seus nomes
derívanse dos da lingua maioritaria da área, que polo xeral posúe o status de lingua
cooficial (Schduled Language). Así, por exemplo, os estados de Kerala, Tamil Nadu,
Maharashtra, Karnataka, Gujarat teñen como linguas dominantes o malayalam, o
tamil, o marathi, o kanadda e o gujarati respectivamente. Andra Pradesh é para a
xente que fala telugu; Orissa é a zona onde máis se fala o oriya; Bengala Occidental
ten o bengalí como a lingua maioritaria; Punjab é para os falantes do punjabi; o
asamés é a lingua dominante do estado de Assam, etc.
Con todo, hai algúns estados na India en que o factor lingüístico non tivo tanta
importancia. Por exemplo, factores como a etnicidade e a economía formaron a base
para a creación de Nagaland, Meghalaya, Manipur e Tripura; o factor histórico-político
deu a luz aos estados como Uttar Pradesh e Bihar; creáronse Madhya Pradesh e
Rajasthan pola integración dos Estados Reais.
O gráfico 3 mostra unha comparación entre os falantes nativos das linguas
oficiais e cooficiais importantes nos Censos de 1991 e 2001 da India:
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Gráfico 3: Comparación entre os Censos de 1991 e 2001 da India
O multilingüismo é algo fundamental da sociedade hindú. No cadro 5
preséntase a distribución do multilingüismo no Censo da India de 2001. Aquí o
multilingüismo é a suma do bilingüismo e trilingüismo. Mentres que o nivel de
multilingüismo e bilingüismo é moi alto no caso do kashmiri e do punjabi, o nivel de
trilinguismo é alto no caso do malayalam, o konkani e o manipuri. Con todo, os
falantes de bengalí teñen tendencia a ser monolingües.
Linguas Multilingüismo Bilingüismo Trilingüismo
Kashmiri 52.52 42.16 10.36 Sindhi 50.61 40.74 09.91
Punjabi 36.25 30.75 05.50
Nepalí 35.46 23.25 12.21
Marathi 25.79 23.79 02.00
Konkani 24.75 08.58 16.47
Manipuri 24.31 10.02 14.29
Gujarati 23.95 22.13 01.78
Urdu 20.61 16.60 04.01
Malayalam 19.07 02.69 16.38
Assamese 16.93 08.82 08.11
Oriya 11.36 04.56 11.36
Telugu 08.01 03.28 04.73
Kannada 08.98 03.89 05.09
Bengalí 06.64 03.99 02.65
Tamil 01.56 00.70 00.86
Cadro 5: Porcentaxe do Multilingüismo entre as Linguas máis Importantes da
India (Censo, 2001)
Existe, xa que logo, unha xerarquía (véxase cadro 6) entre as linguas da India.
Podemos distinguir seis grupos:
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Cadro 6: Xerarquía das linguas na India
Ante todo sitúanse o hindi -a lingua oficial a nivel federal (tamén en varios
estados como Uttar Pradesh, Madhya Pradesh, etc.)- e o inglés, a lingua asociada do
estado. Aínda que o inglés é oficialmente unha lingua minoritaria segundo o seu
número de falantes, non resulta así polo seu status e o valor económico que posúe a
nivel nacional e internacional.
Nun segundo plano aparecen as 21 linguas cooficiais dos diferentes estados,
como o bengalí en Bengala Occidental, o oriya en Orissa etc. A continuación veñen as
linguas e dialectos non recoñecidos no capítulo oitavo da Constitución: os 65 dialectos
recoñecidos das linguas cooficiales, despois as 100 linguas minoritarias (dos grupos
indíxenas e tribos como os ho, os mundari etc.) e os seus 149 dialectos. Finalmente,
veñen na lista as linguas que teñen menos de dez mil falantes, que se clasifican como
linguas non recoñecidas, xa que o censo do goberno da India só conta as linguas que
teñen máis de dez mil falantes. Con todo, esta política reduccionista resulta prexudicial
para o desenvolvemento destas linguas minorizadas.
A ameaza a estas linguas procede da lingua nacional, o hindi, e, sobre todo,
do inglés. Tamén as linguas rexionais xogan un papel importante para acelerar o
proceso de abandono das linguas minoritarias ou minorizadas.
Segundo o censo de 2001, só un 22% da poboación total da India fala hindi
como lingua materna. Uttar Pradesh é o estado en que máis se fala o hindi, aínda que
tamén ten moitos falantes noutros Estados como Rajasthan, Bihar e Madhya Prades.
Doutra banda, en estados como Bengala Occidental, Himachal Pradesh e Uttaranchal
ten moi poucos.
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
O gráfico 4 presenta a distribución do hindi, a lingua oficial da unión da India:
Gráfico 4: Distribución do hindi (Censo, 2001)
Segundo a UNESCO, o termo «minoritario» refírese aos grupos non
dominantes que posúen e desexan preservar os seus costumes, características
étnicas e relixiosas ou tradicións lingüísticas, que son diferentes do resto da poboación
nunha determinada sociedade. Por tanto, por «lingua minoritaria» entendemos a
propia dun grupo minoritario, definido nos termos da UNESCO. Pero esta definición
dunha lingua minoritaria non é a que se aplica na India, como a continuación se
explica.
A Constitución non ofrece un criterio claro para definir os idiomas minoritarios.
O capítulo oitavo da Constitución da India de 1948 (artigos 343?51) considera que
existen só 22 idiomas oficiais catalogados na India, mentres que o resto -os que non
están incluídos neste grupo- considéranse como «linguas minoritarias». O Tribunal
Supremo da India, en 1958, presentou un parámetro para definir un idioma minoritario
como «a lingua da comunidade minoritaria» (comunidade inferior ao 50% da
poboación do estado).
Con todo, este parámetro non se pode aplicar a nivel nacional xa que «non
existe ningún grupo lingüístico que poida reclamar o status de maioría na India»
(Chaklader 1981, p.14). O hindi, oficial da Unión, é o idioma de só o 40% da poboación
total. Con todo, a lingua minoritaria, segundo Bhatt e Mahboob (2002) debería ser
diferente do idioma da maioría da comunidade e do idioma de estado. Por exemplo, o
inglés é o idioma oficial de Meghalaya, pero só o fala o 0,01% da poboación total do
estado. Podemos concluír, pois, que non se poden definir os idiomas minoritarios a
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
través do seu valor numérico nun contexto como o da India. Neste contexto, Chaklader
(1981, p. 14) loita por conseguir unha definición dos idiomas minoritarios en cada
estado, en lugar de facelo con respecto ao contexto xeral da India.
Pola súa banda, Anvita Abbi (2007) opina que o capítulo oitavo da Constitución
da India creou unha diferenza enganosa entre os idiomas oficiais e non oficiais, xa que
un grande número de linguas quedaron fóra desta lista. Polo tanto, estes idiomas
minoritarios (por exemplo, turi, bhumji etc.) de tribos concretas seguen discriminados e
manteñen o status de idiomas en perigo de extinción.
O gráfico 5 recolle a situación das linguas das tribos importantes que teñen
menos de 1% de falantes na India.
Figura 12: Linguas con <1% de falantes na India (Censo, 2001)
A educación na lingua materna e a fórmula trilingüe (cadro 7) non apoian nada
a difusión destas linguas minoritarias e minorizadas (xeralmente os idiomas das
tribos).
Nivel da educación
Linguas como materia
Primaria Inicial (Graos I – IV)
Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona)
Primaria Superior (Graos V – VIII)
1. Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona) 2. Inglés
Secundaria Básica (Graos IX – X)
3. 1. Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona) 1. 2. Hindi en áreas onde non se fala hindi e unha lingua moderna india (unha das linguas dravídicas importantes) para as zonas onde se fala hindi.
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
2. 3. Inglés
Secundaria Superior (Graos XI – XII)
Un dos seguintes modelos: Grupo A 1. 1. Lingua materna (lingua rexional ou dominante da zona) 2. 2. Hindi en áreas onde non se fala hindi e unha lingua moderna da india (unha das linguas dravídicas importantes) para as zonas en que se fala hindi. 3. 3. Inglés Grupo B
1. Unha lingua moderna india. 2. Unha lingua estranxeira 3. Unha lingua clásica da India ou estranxeira
Universidade Ningunha lingua obrigatoria
Cadro 7: A Fórmula Trilingüe (Nadkarni, 1977, p.101)
Por tanto, a través deste sistema educativo trilingüe un neno tribal ou falante
dunha lingua minorizada aprende unha primeira lingua na escola que non se
corresponde coa súa lingua materna (lingua de inicial). Consecuentemente, o cambio
de lingua, a diminución gradual da lingua e, finalmente, a extinción da lingua son
procesos inevitables en calquera sociedade da India.
O cadro 8 (P. Sengupta, 2009) mostra a distribución segundo a UNESCO
(2009) das linguas ameazadas na India:
Grao da vitalidade
Non hai
datos
Cero a 5.000
falantes
5.000 a 10.000 falantes
10.000 a 20.000 falantes
20.000 a 50.000
Falantes
50.000 a 100.000 falantes
Máis que 100.000 falantes
Total
Extinta - 9 - - - - - 9 En Situación Crítica
4 22 2 4 2 1 - 35
Seriamente en Perigo
- 6 - - - - - 6
En Perigo 4 19 8 6 6 4 15 62
Vulnerable 3 4 5 3 22 12 35 84
Total 11 60 15 13 30 17 50 196
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
Cadro 8: Distribución das linguas amenizadas na India3
Esta situación, desde logo, esixe un cambio total na política lingüística verbo de
linguas minoritarias a nivel nacional, xa que se atopan frecuentemente máis de cinco
idiomas en calquera porción da sociedade india. Estes idiomas minoritarios deberían
ser potenciadas na educación, na administración e noutros servizos da sociedade. O
mantemento das linguas minoritarias é esencial para a recuperación da diversidade
lingüística nunha sociedade multilingüe como a India.
Isto pódese facer cambiando o enfoque da «Fórmula Trilingüe», que soamente
fortalece o idioma dominante da sociedade, polo da «Educación Multilingüe a través
da Lingua Materna» (Mother-Tongue-Based Multilingual Education), que
esencialmente incorpora os idiomas tribais ao nivel primario. Nesta dirección, a partir
de 2004 introduciuse a Educación Multilingüe a través da Lingua Materna en Andhra
Pradesh e Orissa, onde habitan respectivamente o 6,59% e o 9,7% da poboación total
dos tribais (Censo, 2001). Nestes estados, a «Educación Multilingüe a través da
Lingua Materna» non só reduciu considerablemente a porcentaxe de abandono dos
estudos e repetición entre os nenos tribais, senón que tamén fixo a educación máis
comprensible e ao mesmo tempo máis relevante para eles. No ano 2007, 200 escolas
de Orissa iniciaron esta política lingüística multilingüe ao nivel de educación infantil cos
nenos de 10 linguas tribais diferentes. En 2008, máis de 16 idiomas engadíronse ao
programa. Doutra banda, en Andhra Pradesh implementouse a Educación Multilingüe
en 220 escolas incorporando 8 idiomas tribais do primeiro ao quinto grao.
Nas sociedades multilingües e multiculturais, as políticas lingüísticas deberían
dar suficiente importancia ao uso das linguas maternas como medio de instrución a
nivel escolar para manter a diversidade lingüística e multiétnica. A «Educación
Multilingüe a través da Lingua Materna», polo tanto, é un argumento a favor das
linguas indíxenas e ao mesmo tempo permite unha transición con soltura desde a
lingua materna á lingua estatal e/ou nacional. Na miña opinión, esta política lingüística
podería ser unha solución para os problemas relacionados co mantemento e
revitalización das linguas minoritarias e minorizadas na sociedade multilingüe da India.
O apoio do goberno, por suposto, é moi importante, mais non ten poder
absoluto para a revitalización das linguas ameazadas. Son as aspiracións socio-
políticas dun grupo étnico as que, por fin, determinan o destino dunha lingua. Por iso,
3 Ibíd.
Published in Revista Galega de Cultura, number 189, January, February and March of 2011.
Spain: Editorial Galaxia
aínda que a normalización ou planificación lingüística sexa un traballo dos expertos, en
último termo unha lingua ten que ser aceptada polos seus falantes.
Bibliografía
Benedikter, T. 2009: Language Policy and Linguistic Minorities of India. London (UK), Transaction Publishers.
Bhatt, R. M. y Mahboob, A. 2002: «The Minority Languages and their Status». En B. Kachru y S. N. Sridhar (Eds). Languages in South Asia. London, Cambridge
University Press.
Censo da India. 2001: Goberno da India. Na rede: http://www.censusindia.gov.in/ [Consulta 21/03/2010]
Chaklader, S. 1981: Linguistic Minority as a Cohesive Force in Indian Federal Process. New Delhi, Associate Publishing House.
Constitución da República da India/ Bharatiya Ganarajya. Goberno da India. Na
rede: http://india.gov.in/govt/constitutions_india.php [Consulta: 10/03/2010]
Crystal, D. 2000: Language Death. Cambridge, Cambridge University Press.
Fasold, R. 1984: The Sociolinguistics of Society. Oxford, Basil Blackwell.
Fishman, J. 1989: Language and Ethnicity in Minority Sociolinguistic Perspective. Clevedon, Multilingual Matters.
Gobierno da India. 2008: «MLE status report on Andhra Pradesh and Orissa». Centro de recursos na Universidade de Jawaharlal Nehru fundado por UNICEF. Nueva Delhi, India. En liña: http://www.nmrc-jnu.org/nmrc_publications.html [Consulta: 21/03/10]
Harmon, D. 2001: «On the meaning and moral imperative of diversity». En L. Maffi (ed.). On Biocultural Diversity: Linking Language, Knowledge and the
Environment. Washington, D.C., Smithsonian Institution Press. pp. 53-70.
Lewis, M. P. (Ed.). 2009: Ethnologue: Languages of the World. Decimosexta edición. Dallas, Tex., SIL International.
Meling, B. 2007: «In Conversation with… (An Interview with Prof. Anvita Abbi)» Setembro – Outubro.
Nadkarni, M. V. 1977: «Educational Level and Language Choice». En Seminar in
Sociolinguistics (Sen editor). Hyderabad, Telugu Academy.
Phillipson, R. 1992: Linguistic Imperialism. Oxford, Oxford University Press.
Skutnabb-Kangas, T. 2000a: «Linguistic Human Rights and Teachers of English» Capítulo 2 en The Sociopolitics of English Language Teaching. Clevedon, Multilingual Matters.