32º domingo toc 2016 bene pagola

14
6 de novembro de 2016 6 de novembro de 2016 32º Tempo ordinario – C 32º Tempo ordinario – C (Lucas 20,27-38 (Lucas 20,27-38 ) ) José Antonio José Antonio Pagola Pagola Presentación:: B. Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Divine surrender A Deus non se lle morren os seus fillos

Transcript of 32º domingo toc 2016 bene pagola

Page 1: 32º domingo toc 2016 bene pagola

6 de novembro de 20166 de novembro de 201632º Tempo ordinario – C 32º Tempo ordinario – C

(Lucas 20,27-38(Lucas 20,27-38))

José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola

Presentación:: B. Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Divine surrender

A Deus non se lle morren os seus fillos

Page 2: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Xesús foi sempre Xesús foi sempre moi sobrio ao falar moi sobrio ao falar

da vida nova da vida nova despois da despois da

resurrección. resurrección.

Page 3: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Con todo, cando un grupo de aristócratas saduceos trata de ridiculizar a fe na

resurrección dos mortos, Xesús reacciona elevando a cuestión ao seu verdadeiro nivel

e facendo dúas afirmacións básicas.

Page 4: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Antes que nada, Xesús rexeita a idea pueril dos Antes que nada, Xesús rexeita a idea pueril dos saduceos que imaxinan a vida dos resucitados como saduceos que imaxinan a vida dos resucitados como

prolongación desta vida que agora coñecemos.prolongación desta vida que agora coñecemos. É un erro representarnos a vida resucitada por Deus a É un erro representarnos a vida resucitada por Deus a

partir das nosas experiencias actuais.partir das nosas experiencias actuais.

Page 5: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Hai unha diferenza radical entre a nosa vida terrestre e esa

vida plena, sustentada

directamente polo amor de Deus despois

da morte. Esa Vida é

absolutamente «nova».

Por iso, podémola esperar pero nunca

describir ou explicar.

Page 6: 32º domingo toc 2016 bene pagola

As primeiras xeracións cristias mantiveron esa actitude humilde e honesta ante o misterio da

«vida eterna». Paulo dilles aos crentes de Corinto que se trata de

algo que «o ollo nunca viu nin o oído oeu nin home ningún imaxinou, algo que Deus ten

preparado aos que o aman».

Page 7: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Estas palabras sérvennos de advertencia sa e de Estas palabras sérvennos de advertencia sa e de orientación gozosa. orientación gozosa.

Por unha parte, o ceo é unha «novidade» que está Por unha parte, o ceo é unha «novidade» que está máis alá de calquera experiencia terrestre, pero, por máis alá de calquera experiencia terrestre, pero, por

outra, é unha vida «preparada» por Deus para o outra, é unha vida «preparada» por Deus para o cumprimento pleno das nosas aspiracións máis fondas. cumprimento pleno das nosas aspiracións máis fondas.

Page 8: 32º domingo toc 2016 bene pagola

O propio da fe non é satisfacer inxenuamente a curiosidade, senón

alimentar o desexo, a expectación e a esperanza confiada en Deus.

Page 9: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Isto é, precisamente, o que busca Xesús sto é, precisamente, o que busca Xesús apelando con toda sinxeleza a un feito apelando con toda sinxeleza a un feito aceptado

polos saduceos: a Deus chámaselle na tradición bíblica

«Deus de Abrahán, Isaac e Xacob».

Page 10: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Malia a que estes patriarcas morreron, Deus Malia a que estes patriarcas morreron, Deus segue sendo o seu Deus, o seu protector, o segue sendo o seu Deus, o seu protector, o

seu amigo. seu amigo. A morte non puido destruir o amor e a A morte non puido destruir o amor e a

fidelidade de Deus cara a eles.fidelidade de Deus cara a eles.

Page 11: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Xesús saca a súa propia conclusión facendo Xesús saca a súa propia conclusión facendo unha afirmación decisiva para a nosa fe:unha afirmación decisiva para a nosa fe: «Deus «Deus

non é un Deus de mortos, senón de vivos; non é un Deus de mortos, senón de vivos; porque para El todos están vivos». porque para El todos están vivos». Deus é fonte inesgotable de vida. Deus é fonte inesgotable de vida.

Page 12: 32º domingo toc 2016 bene pagola

A morte non vai A morte non vai deixando a Deus sen os deixando a Deus sen os

seus fillos e fillas seus fillos e fillas queridos.queridos.

Cando nós os Cando nós os choramos porque os choramos porque os temos perdido nesta temos perdido nesta

terra, Deus terra, Deus contémplaos cheos de contémplaos cheos de vida porque os acolleu vida porque os acolleu

no seu amor de Paino seu amor de Pai

Page 13: 32º domingo toc 2016 bene pagola

Segundo Xesús, a unión de Deus cos seus

fillos non pode ser destruída pola morte.

O seu amor é máis forte que a nosa extinción

biolóxica. Por iso, con fe humilde atrevémonos a

invocalo: «Meu Deus, en Ti

confío. Non quede eu defraudado»

(Salmo 25, 1-2).(Salmo 25, 1-2).

Page 14: 32º domingo toc 2016 bene pagola

A DEUS NON SE LLE MORREN OS SEUS FILLOS 

Xesús foi sempre moi sobrio ao falar da vida nova despois da resurrección. Con todo, cando un grupo de aristócratas saduceos trata de ridiculizar a fe na resurrección dos mortos, Xesús reacciona elevando a cuestión ao seu verdadeiro nivel e facendo dúas afirmacións básicas.Primeiro de nada, Xesús rexeita a idea pueril dos saduceos que imaxinan a vida dos resucitados como prolongación desta vida que agora coñecemos. É un erro representarnos a vida resucitada por Deus a partir das nosas experiencias actuais.

Hai unha diferenza radical entre a nosa vida terrestre e esa vida plena, sustentada directamente polo amor de Deus despois da morte. Esa Vida é absolutamente «nova». Por iso, podémola esperar pero nunca describir ou explicar.

As primeiras xeracións cristiás mantiveron esa actitude humilde e honesta ante o misterio da «vida eterna». Paulo dilles aos crentes de Corinto que se trata de algo que «o ollo nunca viu nin ou oído oeu nin home ningún imaxinou, algo que Deus preparou aos que o aman».

Estas palabras sérvennos de advertencia sa e de orientación gozosa. Por unha parte, o ceo é unha «novidade» que está máis alá de calquera experiencia terrestre, pero, por outra, é unha vida «preparada» por Deus para o cumprimento pleno das nosas aspiracións máis fondas. O propio da fe non é satisfacer inxenuamente a curiosidade, senón alimentar o desexo, a expectación e a esperanza confiada en Deus.

Isto é, precisamente, o que busca Xesús apelando con toda sinxeleza a un feito aceptado polos saduceos: a Deus chámaselle na tradición bíblica «Deus de Abrahán, Isaac e Xacob». Malia que estes patriarcas morreron, Deus segue sendo o seu Deus, o seu protector, o seu amigo. A morte non puido destruír o amor e a fidelidade de Deus cara a eles.

Xesús saca a súa propia conclusión facendo unha afirmación decisiva para a nosa fe: «Deus non é un Deus de mortos, senón de vivos; porque para El todos están vivos». Deus é fonte inesgotable de vida. A morte non vai deixando a Deus sen os seus fillos e fillas queridos. Cando nós os choramos porque os perdemos nesta terra, Deus contémplaos cheos de vida porque os acolleu no seu amor de Pai.

Segundo Xesús, a unión de Deus cos seus fillos non pode ser destruída pola morte. O seu amor é máis forte que a nosa extinción biolóxica. Por iso, con fe humilde atrevémonos a invocalo: «Meu Deus, en Ti confío. Non quede eu defraudado» (Salmo 25,1-2).

José Antonio Pagola